Exposición fotográfica “Máis aló das nosas fronteiras”

S1C

O grupo S1C decidimos realizar para a nosa acción unha exposición fotográfica sobre a labor das ONGDs, á que titulamos: “Máis aló das nosas fronteiras”. Neste vídeo recollemos o desenvolvemento da  mesma, que se levou a cabo o xoves 11 de abril de 11:00 a 19:00 no Centro Sociocultural das Fontiñas. A mostra estivo composta por diferentes fotografías e vídeos achegados polas ONGDs, coas que quixemos mostrar as diferentes realidades ás que se enfrontan e as labores que realizan. Seguir lendo “Exposición fotográfica “Máis aló das nosas fronteiras””

O futuro das ONGDs

ABELENDA CAMBÓN E COUTO GARCÍA

Biblioteca Ánxel Casal

Aínda que popularmente se pense que a cooperación internacional consiste en ir a países en vías de desenvolvemento que precisen axuda, Judith Lucachesky, de Manos Unidas, cóntanos: “A nosa organización nunca traballou desa maneira, é dicir, nunca fomos intervencionistas. Os proxectos eran suxeridos e promovidos dende os países en desenvolvemento, nós nunca estabamos alí”. Seguir lendo “O futuro das ONGDs”

A profesionalización e os seus niveis nas ONGDs

ÁLVAREZ MORENO, CONDE ROMÁN E DIEGO FERREIRA

Biblioteca Ánxel Casal

No noso anterior post, falabamos da importancia do voluntariado como eixo motriz de toda organización non gobernamental sen ánimo de lucro. En busca do desenvolvemento da comunidade, estas ONGDs traballan non só con voluntarios, senón tamén con técnicos especializados no sector. Seguir lendo “A profesionalización e os seus niveis nas ONGDs”

As profundidades do voluntariado

ABELENDA CAMBÓN E COUTO GARCÍA

Centro Sociocultural O Ensanche

“Na nosa organización non aumentou o número de voluntarios”. Judith Lucachesky, delegada de Manos Unidas nega notar un aumento do voluntariado   (5 de decembro de 2017, La Voz de Galicianos últimos anos e afirma: “A cantidade de voluntarios mantense máis ou menos constante sempre”. Leticia Carrera, tesoureira de Seteportas Altair,  opina o mesmo e engade: “Eu teño a percepción de que cada vez hai menos implicación, a xente non ten tempo”. 

Seguir lendo “As profundidades do voluntariado”

As ONGDs tamén viven da súa imaxe

DIEGO FERREIRA

Centro Sociocultural O Ensanche

Conseguir unha subvención hoxe en día é unha tarefa sumamente dificultosa”, afirmou Judith Lucachesky, delegada da ONGD Manos Unidas en Santiago de Compostela, mentres comentabamos algunhas novas sobre a diminución dos presupostos das ONGDs en Galicia. Apuntaba ademais que o presuposto é baixo e que na súa organización levan dous anos sen contar con ningunha axuda: nin por parte da Xunta de Galicia nin do Concello de Santiago.

Seguir lendo “As ONGDs tamén viven da súa imaxe”

Mergullándonos nas ONGDs

ÁLVAREZ MORENO  E CONDE ROMÁN

Centro Sociocultural O Ensanche

Judith Lucachesky, delegada da ONGD Manos Unidas en Santiago de Compostela, deixouno claro: “Unha ONGD traballa para a promoción, a axuda e o desenvolvemento daqueles pobos que agora viven nunha situación desfavorecida ou que se atopan en vías de desenvolvemento, os chamados países do terceiro mundo”. Seguir lendo “Mergullándonos nas ONGDs”

As ONGDs: unhas grandes descoñecidas

S1C

Imos desenvolver diferentes puntos ao longo das reunións programadas co círculo. En primeiro lugar, falaremos do papel das ONGDs na sociedade actual e as tarefas que desenvolven. Buscamos indagar no tratamento destas organizacións nos medios e facer unha pequena análise das súas estratexias de comunicación. Outro dos aspectos importantes a tratar é a súa financiación, moi ligada á concienciación, transparencia e implicación da cidadanía nas problemáticas que afrontan. Ademais de todos estes obxectivos, queremos estudar a relación do noso tema co terceiro sector e a súa relevancia no panorama actual.

Seguir lendo “As ONGDs: unhas grandes descoñecidas”