Produción sostible e consumo responsable

A organización Nacións Unidas deseñou unha serie de obxectivos e metas de desenvolvemento sostible (ODS) que teñen a finalidade de mellorar a vida no planeta en campos como a educación, a igualdade, a pobreza ou o cambio climático. O noso grupo de traballo, do cal formamos parte Javier Caínzos Seco (difusión), José Campos Prieto (documentación), Raquel Fernández Álvarez (axenda e calendario), Lydia Fernández Cortabitarte (actividades) … Seguir lendo Produción sostible e consumo responsable

A importancia de contar co testemuño das persoas con enfermidade mental

S1D

O cinco de febreiro comezaba o noso traballo coa asociación Andaina. Dende que se nos formulou o proxecto, todos os membros do grupo fomos conscientes da dificultade do mesmo. Era un tema que considerabamos difícil de tratar, non só a nivel de contidos, senón tamén pola implicación persoal que efectivamente supuxo, xa que durante estes tres meses estivemos traballando man a man con eles, cos usuarios de Andaina: debates, conversas e moita información persoal.

Seguir lendo “A importancia de contar co testemuño das persoas con enfermidade mental”