MAPA: a accesibilidade nos Campus Histórico e Norte

S1E No ano 2019, a Universidade de Santiago de Compostela, COGAMI e representantes do Concello de Santiago reuníanse para anunciar o inicio dos traballos para a mellora da accesibilidade nos Campus da institución. Nesta ocasión, visitamos facultades do casco histórico e do Campus Norte para comprobar cal é a situación actual e como se está actuando. Facultade de Filoloxía. Óscar Freiría, alumno da Facultade de … Seguir lendo MAPA: a accesibilidade nos Campus Histórico e Norte

MAPA: a accesibilidade no Campus Sur

A USC, no seu protocolo de atención a persoas con discapacidade, establece varias recomendacións para adaptar os espazos ao alumnado con discapacidade. Desta volta, percorremos varias facultades do Campus Sur para comprobar de primeira man cales son as principais eivas neste sentido tendo en conta que este é un problema global que afecta non só á Universidade de Santiago. Matemáticas Nesta facultade atopamos unha arquitectura … Seguir lendo MAPA: a accesibilidade no Campus Sur

A intelixencia emocional, clave na educación das persoas con discapacidade

GRUPO S1E Unha das grandes carencias do sistema educativo é a falta de educación emocional ao longo das etapas do mesmo, un aspecto de grande importancia para o alumnado en xeral e, en particular, para o alumnado con discapacidade. Garantir o acceso das persoas con discapacidade á educación emocional supón unha necesidade importante para autorgar as ferramentas que lles permitan xestionar as súas relacións sociais … Seguir lendo A intelixencia emocional, clave na educación das persoas con discapacidade

Avanzar na educación inclusiva, materia pendente do sistema educativo

Grupo S1E Cando se fala do alumnado con discapacidade, o principal debate aberto é o que xira en torno á educación especial. Débese camiñar cara unha educación inclusiva que permita a convivencia destas persoas co resto do alumnado? A ONU, na súa Axenda 2030, pide que “as instalacións educativas teñan en conta as necesidades das persoas con discapacidade e ofrezan entornos de aprendizaxe seguros, non … Seguir lendo Avanzar na educación inclusiva, materia pendente do sistema educativo

A educación obrigatoria nas persoas con discapacidade: os retos de cada etapa

Grupo S1E A escolarización dos rapaces e rapazas e a transición entre etapas educativas supón un reto para calquera familia pero, para as persoas con discapacidade, as dificultades son aínda maiores. Rita Iglesias, nai de Ana María, quen padece a doenza rara de Lejeune, tivo que formarse pouco a pouco para afrontar a educación e escolarización da súa filla. Asegura Rita que no sistema seguen … Seguir lendo A educación obrigatoria nas persoas con discapacidade: os retos de cada etapa

O camiño cara o eido laboral, outro obstáculo para as persoas con discapacidade

S1E Logo de analizar os principais obstáculos aos que se enfrontan as persoas con discapacidade física e intelectual na etapa educativa e de achegarnos ao labor das asociacións, hoxe queremos centrarnos en como se orienta ás persoas con discapacidade de cara á súa inclusión no mundo laboral. Facémolo compartindo a voz de Patricia Veiga, Susana Rodríguez, Fátima Otero e Olalla Esmorís, orientadora en COGAMI, que … Seguir lendo O camiño cara o eido laboral, outro obstáculo para as persoas con discapacidade

A discapacidade na educación: o camiño cara a inclusión

Grupo S1E A inclusión das persoas con discapacidade no sistema educativo é esencial para acadar as metas que se propón a ONU cara o 2030 no eido da educación de calidade. Neste sentido, partimos da base de que as diferentes barreiras coas que se atopan as persoas con discapacidade intelectual e as persoas con discapacidade física deben ser abordadas de xeito diferenciado, como apunta Susana … Seguir lendo A discapacidade na educación: o camiño cara a inclusión

Accesibilidade na educación

Nós somos o grupo que analizará a situación das persoas con diversidade funcional no sistema educativo. De esquerda a dereita na fotografía somos: Carmen Villaverde, Xoán Domínguez, Gabriela Rodríguez e Xoel Rodríguez; e na parte baixa, Iria Peniza e Jorge Noya. O noso obxectivo é tratar este asunto desde diferentes perspectivas, cubrindo parte da enorme diversidade deste colectivo. Diferenciando entre as persoas con diversidade funcional … Seguir lendo Accesibilidade na educación

Os traballadores sanitarios durante a pandemia

ÁLVAREZ SÍO, Aroa e FERNÁNDEZ MORETE, Malena María Duda, Técnica en Coidados Auxiliares de Enfermería no Servizo de Urxencias do Hospital Universitari de Bellvitge «As novas condicións de traballo son moi duras xa que tes que facer horas extras e poden chamarte en calquera momento para que veñas a cubrir a algunha compañeira.  Non temos material suficiente para traballar, non temos os EPIs (Equipo de … Seguir lendo Os traballadores sanitarios durante a pandemia