Coñece a nosa guía de boas prácticas nos medios comunitarios

GARCÍA GARCÍA

Neste post profundizamos no traballo realizado para a nosa acción. Ao longo das tres reunións do círculo fomos achegándonos aos medios comunitarios, alternativos e populares. Os puntos que tratamos van desde o financiamento ata a participación neles. Co obxectivo de deixar recollidas as ideas que foron xurdindo, elaboramos esta guía de bos prácticas neste tipo de medios. Podedes consultala aquí mesmo! Seguir lendo “Coñece a nosa guía de boas prácticas nos medios comunitarios”

Lexislación nos medios comunitarios, situación actual, limitacións e cambios no horizonte

MARIANO FERNÁNDEZ CABARCOS e ISABEL LEMA BLANCO, integrantes de Cuac FM.

O marco normativo estatal para os medios de comunicación comunitarios está establecido na Lei 7/2010 Xeneral de Comunicación Audiovisual, aprobada hai case unha década polo Parlamento Español. Unha Lei que recoñece por primeira vez aos servizos audiovisuais comunitarios sen ánimo de lucro e que debería establecer unha folla de ruta para a súa normalización dentro do sistema de medios estatal. A pesar da súa entrada en vigor, nada cambiou para os medios nas súas condicións materiais.

Seguir lendo “Lexislación nos medios comunitarios, situación actual, limitacións e cambios no horizonte”

A participación, o sustento da comunicación comunitaria

GARCÍA GARCÍA; FERNÁNDEZ COUSO; LORENZO CREO

IES Rosalía De Castro

A participación cidadá está asentada nos medios comunitarios, alternativos e populares como un dos piares fundamentais sobre os que se constitúen. Son espazos abertos onde todo o mundo pode achegar o seu grao de area, e como recalca Luis Froiz de Mola.gal “calquera que chega pode colaborar”. Arredor disto, centramos a nosa segunda reunión na participación cidadá, eixo fundamental deste tipo de medios. Seguir lendo “A participación, o sustento da comunicación comunitaria”

É a profesionalización unha materia olvidada para os medios comunitarios?

FUENTES FERNÁNDEZ; LORENZO LUCAS

IES Rosalía de Castro

Os medios comunitarios veñen realizando tradicionalmente unha función educadora para a sociedade. Non só porque actúen como mediadores ou comunicadores das voces menos escoitadas, senón porque tamén poden ser unha boa opción para comezar no mundo da comunicación. Un espazo de liberdade e aprendizaxe onde os coñecementos adquiridos non parten necesariamente da profesionalización. Seguir lendo “É a profesionalización unha materia olvidada para os medios comunitarios?”

Ficha 2A Medios comunitarios, populares e alternativos

Presentación Ola! Somos Carmen García (acción), Eva Fuentes (edición), Josep Lorenzo (difusión), Julio Manuel Lorenzo (diálogo), Paula Ferreira (axenda) e Nerea Fernández (coordinadora e deseño), e imos abordar o tema dos medios comunitarios, populares e alternativos e a súa importancia na sociedade dos nosos días. Co noso traballo no Observatorio pretendemos dar a coñecer este tipo de medios e difundir o seu papel na actualidade; … Seguir lendo Ficha 2A Medios comunitarios, populares e alternativos

Facer fronte aos gastos nun medio comunitario

FERREIRA BOQUETE; GARCÍA GARCÍA

IES Rosalía de Castro

Luis Froiz, integrante de Mola.gal, afirmaba na nosa reunión que nun medio comunitario “o importante é sacar adiante o proxecto, e se ese proxecto se pode capitalizar dalgún xeito ben, se non se capitaliza, pois ben tamén. Non é a súa intención”. Aínda tratándose, de acordo coas definicións tradicionais e cos integrantes do noso círculo, dun medio que non pretende obter beneficio da súa actividade, existen uns custos que asumir para o exercicio do seu labor. Seguir lendo “Facer fronte aos gastos nun medio comunitario”

A importancia de implicar á comunidade

FERNÁNDEZ COUSO e LORENZO CREO

IES Rosalía De Castro

Mesmo entre os expertos ou integrantes de medios comunitarios, alternativos ou populares resulta complicado ofrecer unha definición clara dos mesmos. “Ó final, un medio comunitario é aquel que está feito por e para a comunidade e deberían ter algo en común”. Jonathan Barral, integrante da radio CampUSCulturae, fálanos da importancia da comunidade e de dar voz ós menos escoitados polos medios de masas. Seguir lendo “A importancia de implicar á comunidade”

Dando voz aos Medios Comunitarios

S2A

A comunicación é un dereito, e os medios comunitarios participan neste exercicio de comunicar á cidadanía, pero dun xeito moi diferente ós medios convencionais ou masivos. Coa nosa proposta sobre medios comunitarios, alternativos e populares queremos  difundir o papel actual que teñen na nosa sociedade, e en adición,  remarcar o que son e o seu funcionamento á cidadanía. Ademais, pretendemos coñecer a  súa opinión con respecto ós medios de comunicación de masas e o tratamento informativo imperante. Seguir lendo “Dando voz aos Medios Comunitarios”