As voces da Saúde

MAGIDE PÁSARO

Despois destes tres meses de conversacións e reunións cos profesionais sanitarios do noso círculo, e coa nosa acción xa realizada, quixemos escoitar da súa propia boca cal é a súa valoración sobre o traballado e o vivido neste tempo. Ao longo de todo o proceso puidemos falar con Ángel Paniagua e María Elisa Álvarez, xornalistas especializados en saúde; Liliana María Bettremieus, enfermeira de atención primaria; Pedro Camacaro, enfermeiro en Venezuela; Seguir lendo “As voces da Saúde”

Meses de saúde

MAGIDE PÁSARO

Despois de tres meses achegándonos ao mundo da saúde con especialistas, chegou o momento de facer balance e culminar todo o noso traballo. Para isto desprazámonos á Facultade de Medicina para, coa colaboración dos nosos participantes, contribuír a aclarar algúns conceptos sobre o tema tratado nos noso círculos. Cal é a diferenza entre patoloxía e enfermidade? Que é a iatroxenia? Que é a vía rápida? Estas foron algunhas das preguntas que formulamos aos cidadáns, entre eles algúns estudantes da propia facultade.

Seguir lendo “Meses de saúde”

A atención primaria en tempos de hospitalocentrismo

FILLOY CANGAS

Bar Recantos

“Catastrófica” é a primeira palabra que pronuncia Suso Sueiro, expresidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, ao facer referencia á situación na que se atopa actualmente a Atención Primaria en Galicia. Absorbida por uns hospitais nos que desembarcan os fondos de inversión e os esforzos de organización e planificación, o escenario da Sanidade Pública tínguese de desesperación, xa que como sinala a médica de familia Carmen Fernández Merino, “é unha realidade que se leva arrastrando moitos anos. Tirouse da corda ata que rompeu”.

Seguir lendo “A atención primaria en tempos de hospitalocentrismo”

Aprender a tolerar o sufrimento

MAGIDE PÁSARO

Bar Recantos

A medicalización consiste en converter situacións que non son médicas senón sociais, profesionais ou propias das relacións interpersoais, en procesos patolóxicos que se pretenden solventar a través da medicina. Foi tanto o seu crecemento nos últimos anos, que algúns xa a califican como a “epidemia do século XXI”. Neste último círculo lanzamos ós nosos interlocutores unha pregunta moi directa: vivimos nunha sociedade sobremedicada? Seguir lendo “Aprender a tolerar o sufrimento”

Sobre a responsabilidade dos medios no auxe da pseudociencia

GONZÁLEZ FONTÁN

Facultade de Filoloxía

Nos tempos que corren é cada vez máis grande o número de persoas que recorre a prácticas como o reiki ou a tratamentos homeopáticos cando se atopa enferma, e desta situación xorde un amplo debate acerca da súa eficacia e dos motivos que propiciaron o seu aumento.

Seguir lendo “Sobre a responsabilidade dos medios no auxe da pseudociencia”

Sabemos esperar?

FILLOY CANGAS e FERNÁNDEZ OCHOA

Facultade de Filoloxía

Ultimamente o servizo de Atención Primaria está no punto de mira. Son milleiros as persoas que se están a botar ás rúas contra a precarización (Diario de Ferrol, 11 de febreiro de 2019) e a falta de persoal médico. Cada vez son máis as novas (El Correo Gallego, 21 de xaneiro de 2019) sobre a saturación de pacientes ou o mal funcionamento da sanidade pública. Seguir lendo “Sabemos esperar?”

Ficha S2C Saúde

Presentación Boas! O noso grupo de traballo vai tratar o tema de saúde e comunicación. As integrantes do grupo somos (de esquerda a dereita):Carla Filloy Iglesias (Diálogo),Gema García Rodríguez (Axenda), Marta González Fontán (Acción),María Mancebo Bettremieux (Coordinación e Deseño), Nerea Magide Pásaro (Edición) e Paula Fernández Ochoa (Difusión). Pretendemos tratar o tema do discurso político sobre a saúde nos medios de comunicación e como se … Seguir lendo Ficha S2C Saúde

Cara un novo modelo de atención primaria

GARCÍA RODRÍGUEZ

Libraría Couceiro

“A atención domiciliaria e a atención primaria vanse ter que desenvolver porque a  de maiores (Faro de Vigo, 10 de febreiro de 2018) que vai haber vai ser brutal”, apunta a enfermeira Liliana María Bettremieux cando lle preguntamos polo novo modelo de Atención Primaria para Galicia, presentado o pasado 22 de febreiro polo Conselleiro de Sanidade (Xunta de Galicia, 5 de marzo de 2019) Jesús V. Almuiña. Seguir lendo “Cara un novo modelo de atención primaria”

Dar voz a todo?

MANCEBO BETTREMIEUX

Libraría Couceiro

“Os medios teñen que posicionarse, non teñen que darlle cabida a absolutamente todo.” Así respostaba a xornalista especializada en saúde María Elisa Álvarez cando lle preguntamos pola polémica reportaxe na que TVE daba voz a Enrique Costa Vercher, un licenciado en Medicina e Cirurxía, que declarou que  foi a mellora das condicións hixiénicas, e non as vacinas, a razón pola que desapareceron as mortalidades. Seguir lendo “Dar voz a todo?”