A importancia da comunicación na universidade

VARELA CORES

Cafetaría Recantos

Como vimos analizando en publicacións anteriores, a universidade é un lugar onde se desenvolven múltiples tipos de relacións, tanto entre o estudantado coma co profesorado. Mais, como é a relación e a comunicación entre eles e a institución universitaria? Seguir lendo “A importancia da comunicación na universidade”

É un problema a desmotivación do profesorado?

SOBRINO PLATAS

Cafetería Recantos

Cando un ou unha estudante de grao comeza a súa etapa na universidade aínda non coñece de todo o profesorado, as materias nin o ambiente entre a mocidade. A maioría do alumnado ten unha motivación e unha vocación cara a profesión que desempeña a carreira que están a comezar. Aquí xoga un papel importante o labor do persoal docente. Seguir lendo “É un problema a desmotivación do profesorado?”

Ideoloxía e idade: unha nova ollada

RIAL BREA

Cafetería Recantos

Todos os estudantes xogamos en ocasións a adiviñar a ideoloxía política do profesorado. Moitas veces queremos saber a quen votarán e se militan nalgún partido político determinado. Porén, poucas veces nos preguntamos como afecta a ideoloxía do profesorado na relación que mantén co alumnado. “Eu creo que depende de que rama sexa. Ao mellor nunha carreira de ciencias tampouco inflúe tanto na relación porque nin sequera se dá que saia o tema” dicía Xisela Casal, estudante de Dereito na USC. Seguir lendo “Ideoloxía e idade: unha nova ollada”

A etapa universitaria: máis alá dun título

OTERO OTERO

Centro sociocultural José Saramago

O ambiente universitario, ademais de supoñer un contexto de aprendizaxe, tamén constitúe un universo relacional no que os estudantes aumentan o seu capital social. Un dos métodos de atopar novos vínculos é o botellón. Ígor Mella, bolseiro de Pedagoxía da facultade de Ciencias da Educación na USC, opinaba sobre esta nova: “Eu penso que se lle está dando moito bombo agora a algo que está tendo moita menos transcendencia da que tiña hai anos”. Ademais, recalcaba que “as noticias que máis triunfan son as máis estúpidas”. “Pode ser que se lle este dando moito bombo, porque cando saes á rúa un xoves non se ve tanto botellón”, postulaba Laura Rubio, estudante de Dereito, mostrando a súa aprobación coas declaracións de Ígor. Seguir lendo “A etapa universitaria: máis alá dun título”