O berro dos animais contra a inxustiza e o maltrato

S3C

Remata o labor do grupo S3C, que se dedicou neste cuatrimestre a enfocar a relación entre as persoas e os animais dende un punto de vista crítico cos medios, analizando os diferentes enlaces emocionais e sociais que xorden entre eles, e mesmo estudando e tendo en conta as novas tendencias á hora de falar (e vivir) cos animais. As conclusións obtidas foron moi variadas, entre elas destaca a necesidade da educación e a información como chaves (incluso por vía institucional) para alcanzar un comportamento fronte aos animais máis ético e correcto.

Seguir lendo “O berro dos animais contra a inxustiza e o maltrato”

Identificación e formación: a forma de loitar contra o abandono animal

Varela Gestoso

O abandono de animais constitúe o principal problema de benestar dos animais de compañía, tal e como indica o Estudio de Fundación Affinity sobre o abandono, a pérdida e a adopción de animais de compañía en España 2016. A Fundación leva uns 17 anos analizando a problemática do abandono animal no noso país, focalizando nas principais causas e tratando de propor novas solucións para este problema. Seguir lendo “Identificación e formación: a forma de loitar contra o abandono animal”

Seres humanos e animais

Torrado Silvente, Carlos Brais & Vidal Fiuza, Ántar

Este ano, no Observatorio Cidadán de Comunicación, temos como proposta tratar as relacións entre os seres humanos e os animais que se dan nos diferentes ámbitos da sociedade. É un feito que as persoas non tratamos por igual aos animais nas cidades ou nos pobos, así como tampouco lle damos o mesmo agarimo ao noso can ca unha vaca que utilizamos para producir leite ou carne.

Seguir lendo “Seres humanos e animais”