O VALOR DE COIDAR DOS NOSOS MAIORES

S3C

Finalizamos o relativo ó círculo (e a nosa participación no Observatorio Cidadán de Comunicación) coa terceira parte da nosa xuntanza coas fontes, na que decidimos aproveitar a súa presenza e os seus coñecementos para aprender máis. Nun ambiente discendido no que a prioridade era falar sobre o tema que nos reunira a todos e todas alí, puidemos saber que opinaban os nosos e as nosas profesionais sobre diversas problemáticas asociadas ás persoas maiores.  Seguir lendo “O VALOR DE COIDAR DOS NOSOS MAIORES”

As auxiliares de enfermería reclaman máis medios para facer o seu traballo

S3C Continuamos co ciclo coa sua segunda parte, conducida por Christopher Rodríguez, e que consistiu nunha rolda de preguntas aos nosos colaboradores e colaboradoras que xirou en torno a temas relacionados coa comunicación e o funcionamento das comunidades coas que eles e elas traballan e conviven. Itínera naceu coa esperanza de ser algo máis que un centro de axuda para persoas con problemas mentais crónicos … Seguir lendo As auxiliares de enfermería reclaman máis medios para facer o seu traballo

“Din que as enfermidades mentais separan das persoas. Pois imaxinade nesta situación”

S3C

Rematamos o noso traballo neste Observatorio Cidadán de Comunicación, e facémolo cun coloquio por Skype con tres das persoas que nos axudaron nestes meses de traballo. E é que xunto ós membros do grupo Laura Ríos (que ten o rol de Documentación nel), Christopher Rodríguez (Actividades) e Zoel Otero (Coordinador) temos a sorte de contar coa presenza de Carlos Martínez Uzal, coordinador da Asociación Itínera e quen nos prestou axuda na primera das nosas tres publicacións deste ODS de saúde na terceira idade.

Seguir lendo ““Din que as enfermidades mentais separan das persoas. Pois imaxinade nesta situación””

Accidentes de tráfico e contaminación na terceira idade

S3C Entre os anos 2011 e 2015 produciuse un aumento significativo nos accidentes de tráfico nos que se viron implicadas persoas da terceira idade, pasando do 16,8% ao 23,5% (aumentando dun xeito moito máis rápido a partir dos 80 anos de idade) segundo datos do proxecto SAVIMA, orientado á seguridade vial na terceira idade. Así mesmo, arredor do 10% non empregan o cinto de seguridade … Seguir lendo Accidentes de tráfico e contaminación na terceira idade

Evolución da natalidade e mortalidade infantil e materna

S3C

Moitas cousas cambiaron dende a época da actual terceira idade ata agora. Unha das que experimentou unha maior transformación foi todo o relacionado coa natalidade e a maternidade, tanto no relacionado á súa concepción social coma nas propias estadísticas. A continuación dispoñémonos a facer unha análise deste cambio, así coma das súas causas. Seguir lendo “Evolución da natalidade e mortalidade infantil e materna”

Coronavirus e outras epidemias que afectaron á terceira idade

S3C

O COVID-19 (coñecido a nivel popular coma simplemente Coronavirus) é agora mesmo o tema central da inmensa maioría de conversacións e tópicos a tratar por parte da cidadanía hoxe en día, e é que o COVID-19 forzou e continúa a forzar a poboación a suspender a inmensa maioría (por non decir toda) da súa labor diaria e do seu día a día en xeral á vez que infecta a un gran número de persoas a tódolos niveis.

Seguir lendo “Coronavirus e outras epidemias que afectaron á terceira idade”

A situación da terceira idade en Galicia: acceso a medicamentos, saúde mental, enfermidades máis comúns e abuso de substancias

S3C

España conta actualmente co séptimo mellor sistema sanitario do mundo, segundo datos de Numbeo, e o terceiro de Europa tras Austria e Dinamarca. Sen embargo a cidadanía española quéixase en ocasións dela, atribuíndolle múltiples fallos. É por iso polo que dende o Observatorio Cidadán de Comunicación decidimos tratar iso dende o enfoque da sanidade na terceira idade e falar con persoas que se adican ó coidado dos nosos anciáns para discutir cómo é o seu trato na sanidade pública.

Seguir lendo “A situación da terceira idade en Galicia: acceso a medicamentos, saúde mental, enfermidades máis comúns e abuso de substancias”

Saúde na terceira idade

Somos o grupo encargado do ODS de saúde e benestar do Observatorio Cidadán de Comunicación. Os membros do grupo somos, de esquerda a dereita: Christopher Rodríguez (Actividades), Pablo Marín (Documentación), Zoel Otero (Edición-Coordinación), Pablo Pedreira (Axenda e calendario), Patricia Otero (Difusión), Laura Ríos (Documentación) e Marco S. Pereira (Actividades).

Seguir lendo “Saúde na terceira idade”

O berro dos animais contra a inxustiza e o maltrato

S3C

Remata o labor do grupo S3C, que se dedicou neste cuatrimestre a enfocar a relación entre as persoas e os animais dende un punto de vista crítico cos medios, analizando os diferentes enlaces emocionais e sociais que xorden entre eles, e mesmo estudando e tendo en conta as novas tendencias á hora de falar (e vivir) cos animais. As conclusións obtidas foron moi variadas, entre elas destaca a necesidade da educación e a información como chaves (incluso por vía institucional) para alcanzar un comportamento fronte aos animais máis ético e correcto.

Seguir lendo “O berro dos animais contra a inxustiza e o maltrato”