O audiovisual descoñecido

MORALES ALCEQUIEZ E MORCILLO NINE

Co remate das reunións do círculo de Audivisual Participativo, nós como membros do propio círculo facemos balance da aprendizaxe dun modelo de comunicación que antes era case descoñecido para nós. Porén, toda a sociedade sofre esta descoñecemento sobre esta práctica, o que a converte en consecuencia, nunha ferramenta desaproveitada.

Seguir lendo “O audiovisual descoñecido”

Dificultades na difusión

MORALES ALCEQUIEZ E MARTÍNEZ LÓPEZ

Biblioteca pública Ánxel Casal

As empresas, asociacións e persoas individuais que se dedican ao audiovisual participativo, atópanse, moitas veces, nunha situación estática e complicada á hora de difundir os seus proxectos. Non sempre conseguen os seus propósitos, en canto a difusión se refire, xa que polo camiño se atopan con dificultades relacionadas tanto co público ao que vai dirixido, como coas ferramentas de transmisión.

Seguir lendo “Dificultades na difusión”

A homoxeneización comunicativa

MORCILLO NINE Cafetería Recantos Conseguir que a mensaxe adquira unha importancia real é unha das grandes dificultades do audiovisual participativo. Moitas veces, para chegar aos espectadores os creadores de contidos audiovisuais precisan colaborar con empresas ou asociacións doutros países. O problema é que, neste caso, a mensaxe pode homoxeneizarse. Deste xeito, pérdese a verdadeira esencia do proxecto e o aspecto diferencial e autóctono do produto. … Seguir lendo A homoxeneización comunicativa

Comunicación superficial

MARTÍNEZ LÓPEZ

Cafetería Recantos

Prendes a televisión e non paras a pensar sobre o que hai detrás, o que move e motiva que ti recibas certa información. Por que nos informan de determinadas novas e non doutras? Dende o audiovisual participativo reclaman uns medios de comunicación desligados da política e das grandes multinacionais que manexan a información segundo os seus intereses.

Seguir lendo “Comunicación superficial”

Administración Pública no Audiovisual: suficiente ou escasa?

MÉNDES SANDEZ E MARTÍNEZ LÓPEZ

Bibioteca Pública Ánxel Casal

Realizar un proxecto audiovisual participativo de calidade non é nada doado… Tes que ter unha boa idea, contar co material, saber usalo con corrección, contar coa xente e, sobre todo, ter algo de apoio económico. Pero este apoio sae integramente dos petos dos creadores ou existen outras vías?

Seguir lendo “Administración Pública no Audiovisual: suficiente ou escasa?”

Ficha S3D Audiovisual Participativo

Presentación: Somos Marcos Mouro Negreira (Edición), Carla Mendes Sández (Difusión), Paula Morales Alcequiez (Diálogo), Pilar Morcillo Nine (Axenda) e Sara Martínez López (Coordinación e Deseño) O audiovisual participativo é a materia que imos a tratar neste proxecto, un campo, probablemente, descoñecido para moita xente. Por iso, un dos obxectivos principais que nos propoñemos con este estudo é visibilizar a labor social que realizan as persoas … Seguir lendo Ficha S3D Audiovisual Participativo

Luces, cámara… inclusión!

S3D

Como xa explicamos na entrada de presentación, o asunto no que queremos afondar nos próximos meses é o “audiovisual participativo”. Tamén se coñece como “audiovisual reivindicativo”, xa que os grupos que se dedican a isto céntranse en temas apenas tratados na prensa. Estes equipos de traballo pretenden dar visibilidade a aqueles conxuntos máis descoñecidos ou desfavorecidos da sociedade, así como mostrar os conflitos sociais que nos rodean e que parecemos querer esquivar.

Seguir lendo “Luces, cámara… inclusión!”