O feminismo ten ideoloxía?

Santomé Seijas, Ulloa Peteiro

Os movementos feministas están a ter unha forza histórica e son unha revolución que persegue a total emancipación, igualdade de dereitos e empoderamento feminino en todos os niveis. Evidentemente estas novas mobilizacións, como xa comentamos en anteriores publicacións, non están a pasar desapercibidas polos partidos políticos e están avanzando de xeito significativo respecto a anos anteriores. Pero ata que punto é posible acadar unha igualdade real dentro do noso sistema económico e político? Ten o feminismo ideoloxía? Seguir lendo “O feminismo ten ideoloxía?”

A educación en feminino

Santomé Seijas

Os actuais modelos de consumo fomentan conductas que empeoran de xeito significativo a situación das mulleres, complicando a consecución das tan necesarias reivindicacións feministas, en concreto no ámbito audiovisual. Por iso, a mellor arma para acabar coa submisión das mulleres no sistema patriarcal é a educación en clave feminista, amosando e explicando o problema co fin de erradicalo da hexemonía cultural.

Seguir lendo “A educación en feminino”

Muller e Comunicación

 S3A

A día de hoxe, é innegable que vivimos nunha sociedade patriarcal que, dende hai miles de anos, sitúa á muller nunha posición de inferioridade fronte ao home. Imos centrarnos nunha das ramas máis acentuadas e evidentes desta desigualdade: o ámbito laboral, concretamente o mundo da comunicación audiovisual, que é o que nos afecta directamente. Seguir lendo “Muller e Comunicación”