Forza e voz para as comunidades e medios alternativos

S3D O pasado Martes día 17 tivo lugar a octava xornada de debates da iniciativa Filosofía a pé de rúa, consistente nun debate sobre a cultura hexemónica. O acto tivo lugar no Airas Nunes Café e interviron como poñentes Diego Horschovski, da revista Lume; a Charo López, de Novas da Galiza; Mario Vilariño, de Balea Cultural; e Toni España, de Radio CampusCulturae. Mike B. moderou … Seguir lendo Forza e voz para as comunidades e medios alternativos

Como é a situación dos medios alternativos en Europa?

PÉREZ LOJO; VÁZQUEZ MARTÍNEZ Actualmente en Europa existe unha ampla regulación que ampara aos medios. Estas leis semellan apoiar a sociedade actual e a información independente con dereitos relacionados coa liberdade de prensa e diferentes axudas. En palabras de Carme Mayugo, doutora en comunicación e educación e fundadora do colectivo Teleduca, isto provoca un desinterese pola loita social ao considerar que estas sociedades acadaron certas … Seguir lendo Como é a situación dos medios alternativos en Europa?

A importancia da neutralidade na Internet

VÁZQUEZ MARTÍNEZ O pasado decembro, a Comisión Federal de Comunicacións (FCC, segundo as súas siglas en inglés) derrogou a lei de neutralidade na internet nos EEUU. Apoiándose en que os republicanos son maioría dentro do organismo que regula as comunicacións, a administración Trump impuxo a súa teoría e acabou con esta lei do goberno de Obama. Este cambio afecta á Internet mundial de maneira importante, … Seguir lendo A importancia da neutralidade na Internet

Educomunicación ou educación mediática?

SOUTELO CHARLE; VÁZQUEZ MARTÍNEZ A evolución das doutrinas sobre medios de comunicación comunitarios avanzou de forma moi diferente dependendo do lugar no que reparemos. Existen dúas correntes principais: a sudamericana e a europea. Comezando pola primeira das dúas teorías nomeadas, podemos dicir que, baixo o nome de educomunicación, a evolución chegou a un punto no que se pode definir como “a dinámica ambivalente entre a … Seguir lendo Educomunicación ou educación mediática?

Que pensan os medios alternativos dos medios de masas?

RIANDE GARCÍA; VÁZQUEZ MARTÍNEZ Os medios de comunicación de masas actualmente están controlados polos poderes económicos en España. Este é un dos puntos nos que máis se diferencian dos medios alternativos, ademais do público ao que van dirixidos e das liñas editoriais que seguen, xa que os medios comunitarios están construídos pola propia comunidade e non por un conglomerado de intereses económicos e políticos que … Seguir lendo Que pensan os medios alternativos dos medios de masas?

As dificultades de financiamento para os medios alternativos e comunitarios en Galicia

PÉREZ LOJO; VÁZQUEZ MARTÍNEZ Os medios alternativos, debido a súa construción e concepción, xeran un espazo de libre participación social, cumprindo un papel importante para o exercicio pleno da democracia comunicacional. As dificultades económicas que levan consigo o autofinanciamento ou a dependencia financeira por contidos ou por subscricións, súmanse á morea de restricións que se adoitan impor a nivel estatal sobre este tema. O último … Seguir lendo As dificultades de financiamento para os medios alternativos e comunitarios en Galicia

Que papel xogan as redes sociais para os medios alternativos?

PRADA NUÑEZ; VÁZQUEZ MARTÍNEZ Dende a aparición das redes sociais, o mundo da comunicación non é o mesmo, xa non só facendo alusión á caída da prensa en papel con respecto á súa irmá na rede, tamén e sobre todo aludindo ás novas formas de difusión. O público variou moito ao longo dos anos: xa non para a comprar o xornal nin a botarlle unha … Seguir lendo Que papel xogan as redes sociais para os medios alternativos?

Comunicación, Xornalismo e Alternativas

Vázquez Martínez, Andrés Os medios de comunicación de masas xa non representan a moitos grupos da nosa sociedade. O  xeneralismo dos grandes medios de comunicación impide aos grupos reducidos de persoas manifestarse e verse representados no día a día do que hoxe coñecemos como prensa. É por isto que cada vez son máis os medios de comunicación e expresión alternativos que dan voz a determinados … Seguir lendo Comunicación, Xornalismo e Alternativas