Pódense defender os dereitos animais sen ser antiespecista?

Vidal Fiuza

No anterior post, contactaramos cunha activista polos dereitos dos animais chamada Lucía Cebreiro para falar dos mitos veganos e tamén para tratar de explicar de que se trata o antiespecismo. Deste xeito, puidemos concluír que o especismo é a tendencia de tratar aos animais coma se fosen inferiores só por motivos de intelixencia, crendo que isto danos razóns para poder explotalos. Por outra banda, tamén vimos que hai persoas que teñen estas capacidades propias dos seres humanos reducidas por diversos motivos, e que por isto non os excluímos como facemos co resto de seres vivos. O antiespecismo é a corrente que se enfronta a estas ideas e defende que todos os seres vivos temos os mesmos dereitos e somos iguais, polo que non hai xustificación pola cal os humanos poidamos pornos por enriba do resto.

Seguir lendo “Pódense defender os dereitos animais sen ser antiespecista?”

Seres humanos e animais

Torrado Silvente, Carlos Brais & Vidal Fiuza, Ántar

Este ano, no Observatorio Cidadán de Comunicación, temos como proposta tratar as relacións entre os seres humanos e os animais que se dan nos diferentes ámbitos da sociedade. É un feito que as persoas non tratamos por igual aos animais nas cidades ou nos pobos, así como tampouco lle damos o mesmo agarimo ao noso can ca unha vaca que utilizamos para producir leite ou carne.

Seguir lendo “Seres humanos e animais”