Ola! Presentámonos. Somos o Equipo S2C do Observatorio Cidadán da Comunicación e centrarémonos na ODS de Traballo decente e crecemento económico.
Pretendemos dar voz e un punto de vista crítico a dous conflitos laborais moi importantes da nosa actualidade: a precariedade e inestabilidade laboral derivada da pandemia (teletraballo, cambios no sistema de produción e futuro económico tras a pandemia). Para logralo, contaremos co diálogo e entrevistas a testemuñas, tanto de profesionais como de persoas afectadas e, a través da análise e investigación propias, compoñeremos este proxecto.
O Equipo está composto por Marta Penedo Custodio (Coordinadora do Equipo), Alba López Buján e Aarón Gónzález Fernández (Encargados de Actividades), Marta García Pérez e Andrea López Ramos (Encargadas de Edición) e Camila Mosquera Filak (Encargada de Difusión).
O noso obxectivo consiste en levar a cabo tres actividades que permitan facer sete publicacións:
Primeira actividade: Ciclo de entrevistas a dúas persoas dos sectores máis afectados pola pandemia (hostalería e sanitarios) e a un especialista (psicólogo).
Segunda actividade: Debate entre teletraballadores. Contrapoñer pros en contras.
Terceira actividade: Contactar cun experto que fale sobre os cambios laborais que virán a causa da COVID-19 (aumento do teletraballo, cambios no sistema de produción) e o futuro económico tras a pandemia.
Plan de publicacións e calendario
Á primeira actividade adicarémoslle tres publicacións (18 de marzo, 25 de marzo e 1 de abril).
Adicarémoslle dúas publicacións á segunda actividade (8 e 15 de abril). Unha será dun testemuño favorable do teletraballo e outra dunha postura negativa.
Á terceira actividade irán ligadas dúas publicacións (22 e 29 de abril) . Unha tratará os cambios laborais derivados da pandemia e outra o futuro económico (posible crise).
Glosario
No glosario recollemos as palabras clave para entender con claridade o tema a tratar e o obxectivo grupal co que desenvolvemos este proxecto.
Visibilidade: traballar por parte da sociedade no recoñecemento dun colectivo, as súas necesidades especiais, a comprensión da súa realidade vital e a aceptación do colectivo como unha parte digna e vital da sociedade. Neste caso, dar a coñecer a situación de certos traballadores durante a pandemia, así como intentar comprender como isto pode afectar a saúde mental.
Universidad Nacional de Mar del Plata (2018). https://es.slideshare.net/genymdq/posicionamiento-y-visibilidad-social-en-bibliotecas-escolares
Inclusión: é a actitude, tendencia ou política de integrar a todas as persoas na sociedade, co obxectivo de que estas poidan participar e contribuír nela, así como beneficiarse neste proceso. Con isto tentamos formar un espazo onde calquera poda contar a súa experiencia e compartir pensamentos e críticas.
Coelho, F. (2019, 17 de mayo). Significados. https://www.significados.com/inclusion/
Precariedade: Dentro do ámbito de traballo, consideramos como precarias aquelas situacións nas que o traballador se atopa falto das seguridades e garantías mínimas para desenvolver a súa tarefa en plenas facultades. Esta condición pode darse pola falta de pagos, ou pode incluso non chegar a ter que ver cas ganancias, senón que pode vir en forma de horas extra, malos tratos, etc.
Definición.de (2020). https://definicion.de/precariedad/
Inserción laboral: Basease na promoción e creación de novos postos de traballo para a xente que ten dificultades para atopar emprego mediante o acceso normativo. Por outra parte, o ámbito máis destacable desta acción, é a inserción socio-laboral, que se basea na inclusión dos colectivos minorizados que se atopan nas situacións máis desfavorables.
Universidad Internacional de Valencia (2017, 12 de junio). Inserción socio-laboral: más allá de la integración laboral, una herramienta imprescindible para la sociedad. https://bit.ly/2IqjYAB
Estabilidade laboral: Está ligado á continuidade do traballador no emprego que desempeña e a garantía de conservar o mesmo sen que poida ser despedido sen as garantías previstas na lei. Con isto pretendemos afondar nos casos nos que esta estabilidade nos existe ou se ve afectada. Actualmente, tamén a falta de estabilidade a causa da pandemia e as normas laborais que cambian constantemente.
http://www.orfis.gob.mx/wp-content/uploads/2017/05/Estabilidad.pdf
Estrés laboral: descríbese como unha serie de reaccións físicas e psicolóxicas que ocorren cando os traballadores deben facer fronte a esixencias ocupacionais, que non se corresponden cos seus coñecementos ou habilidades. Pero tamén cando a situación no traballo non é a correcta para o desempeño deste. Porén é certo que en moitos casos esta situación de pandemia pode ter unha relación directa co desempeño do noso traballo.
Saúde mental: A saúde mental é un estado de benestar no que a persoa realiza as súas capacidades e é capaz de facer fronte ao estrés normal da vida, de traballar de forma produtiva e de contribuír á súa comunidade.
https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/mental-health-strengthening-our-response
Teletraballo: Traballo que se realiza dende un lugar fora da empresa utilizando as redes de telecomunicación para cumprir coas cargas laborais asignadas.
https://dle.rae.es/teletrabajo
ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego): é unha medida de flexibilización laboral que habilita á empresa para reducir ou suspender os contratos dos seus traballadores, durante un período de tempo determinado, por causas económicas, técnicas, de produción ou de forza maior.
https://dpej.rae.es/lema/expediente-de-regulación-temporal-de-empleo-erte
Publicacións
As consecuencias do teletraballo na saúde mental
S2C Ante a pandemia derivada da COVID-19, os problemas relacionados coa saúde mental foron en aumento progresivamente. Para coñecer máis e afondar sobre este tema contactamos coa psicóloga Iria Malde, licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada na elaboración de informes periciais; danos os puntos clave sobre os problemas psicolóxicos derivados da… Seguir lendo As consecuencias do teletraballo na saúde mental
Os traballadores esenciais reclaman ser prioritarios na vacinación
S2C A vacinación vislúmbrase como a única forma de voltar a normalidade e deixar atrás a pandemia do coronavirus. Por iso, desde que se aprobaron as primeiras vacinas a comezos de ano, xurdiu a polémica de en que orde administralas. Cada país decidiu unha orde, mais a tónica común é priorizar por idade. En España… Seguir lendo Os traballadores esenciais reclaman ser prioritarios na vacinación
Testemuños sobre o teletraballo durante a pandemia
S2C A pandemia do coronavirus tivo un impacto notable no ámbito laboral global. Un virus sen precedentes provocou unha emerxencia sanitaria mundial modificando as rutinas establecidas para dar lugar a un mundo máis virtual e online. Por mor do virus e do estado de emerxencia, as empresas tiveron que poñer en funcionamento ferramentas para poder… Seguir lendo Testemuños sobre o teletraballo durante a pandemia
Testemuños sobre o teletraballo: a docencia virtual
S2C A pandemia derivada da COVID-19 forzou o peche de escolas e institutos e o reaxuste das clases ao formato en liña. Os profesionais da educación, os alumnos e os centros educativos destacaron pola rapidez coa que intentaron adaptarse a esta situación. Desta vez, contactamos con diferentes profesionais da educación para coñecer o seu testemuño… Seguir lendo Testemuños sobre o teletraballo: a docencia virtual
O futuro económico tras a pandemia
A aparición e propagación da COVID-19 afectou a todos os ámbitos da sociedade e, para a magnitude da crise humanitaria, engadiuse unha interrupción económica xeneralizada. Para analizar a situación económica en España trala Covid-19, imos falar con Roberto Bande e Gonzalo Rodríguez, profesores de economía. Segundo Roberto Bande, decano da Facultade de Administración e Dirección… Seguir lendo O futuro económico tras a pandemia
1 de maio: Día do Traballo
S2C Este sábado, 1 de maio, celébrase o Día do Traballo en practicamente todo o mundo. Unha xornada moi reivindicativa e piar fundamental do movemento obreiro durante a Revolución Industrial. Trátase dun día festivo no noso país, e en moitos outros, nos que se celebran dende hai décadas, concentracións e manifestacións multitudinarias. Nestes actos os… Seguir lendo 1 de maio: Día do Traballo