Traballo e mocidade

Somos as integrantes do grupo de Traballo Decente e Crecemento Económico. De esquerda a dereita somos: Iria Curros Espiño (Documentación), Cristina Cartelle Martínez (Difusión), Nicolás Pose López (Axenda e calendario) Malena Fernández Morete (Actividades) Aroa Álvarez Sío (Edición e coordinación).

Imos traballar no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible de Traballo Decente e Crecemento económico. O noso obxectivo é por sobre a mesa as condicións laborais da mocidade. O suxeito principal será o estudante que estuda e traballa: as súas experiencias e perfís. Tamén queremos achegar á xente nova o dereito laboral para que coñezan que dereitos teñen e como exercelos. 

Glosario


  • Traballo decente: actividade produtiva que implica un ingreso xusto, seguridade no lugar de traballo e protección social para as familias. Implica tamén que as mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades no lugar de traballo. 

Fonte: TRABAJO DECENTE Y CRECIMIENTO ECONÓMICO: POR QUÉ ES IMPORTANTE. Objetivos de desarrollo sostenible. https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/wp-content/uploads/sites/3/2016/10/8_Spanish_Why_it_Matters.pdf 

  • Precariedade: situación que viven os traballadores suxeitos a unhas condicións de traballo por debaixo do límite considerado como normal. especialmente cando os ingresos económicos que se perciben polo traballo non cobren as necesidades básicas dunha persoa. 

Fonte: Dicionario do español xurídico. Real Academia Española. https://dej.rae.es/lema/precariedad 

  • Precariado: enténdese como precariado o sector da sociedade (pode considerarse clase social) que sofre condicións de traballo precarias. Esta clase social caractérizase pola falta de seguridade laboral. A súa situación afecta tanto as súas condicións materiais como ao seu benestar psicolóxico. 
  • SMI (Salario Mínimo Interprofesional): Cuantía retributiva mínima a percibir polos traballadores, sen distinción de sexo ou idade, que se fixa cada ano polo Goberno mediante real decreto, tendo en consideración factores como o IPC, a produtividade media nacional ou o incremento da participación do traballo na renda nacional. É o soldo mínimo. 

Fonte: Dicionario do español xurídico. Real Academia Española. https://dej.rae.es/lema/precariedad 

  • Saúde física: Benestar do corpo e óptimo funcionamento do organismo, condición xeral daquelas persoas que non sufren ningunha enfermidade.
  • Saúde mental: Benestar psicolóxico, emocional e social das persoas. Afecta na maneira na que pensan, sinten e actúan os individuos.
  • Patronal: Empresario ou grupo de empresarios que toman as decisións sobre contratación, prestación de servizos e despido dos traballadores dependentes ou subordinados aos mesmos. 

Fonte: Dicionario do español xurídico. Real Academia Española. https://dej.rae.es/lema/precariedad 

  • Ridders: repartidores a domicilio. Non traballan para un restaurante ou negocio específico. O cliente quere un produto e o ridder vai buscalo e entrégano a domicilio. Son falsos autónomos. 
  • Kellys: camareiras de piso. Traballadoras da limpeza de hoteis.

Publicacións


Seguir traballando a pesar da pandemia

Anónimo, repartidor de Glovo e membro da organización ridersxderechos: «o servizo a domicilio é un servizo que está exento da prohibición de traballar. Ao que se suma que estas plataformas como Glovo, Deliveroo, etc non están repartindo os EPIs (guantes, mascarillas, geles…), cousa que en teoría é ilegal. Non podemos garantir a saúde do traballador… Seguir lendo Seguir traballando a pesar da pandemia