Tráfico

Fotografía aportada por Suso Vilariño, tirada nos arredores do Hospital Provincial de Conxo
“Os coches sóbense ás beirarrúas, prexudicando a seguridade da xente que vai polo barrio.
Iso é unha cuestión de aptitude, de sensibilidade e de ter vontade de facer as cousas con sentido común”. Coro González

Rúa Londres
“Os ciclistas trasladan o comportamento do coche a outro vehículo e xustifícase que é sostible porque non contamina e ademais é bo para a saúde porque fas exercicio, pero ao final é o mesmo”. María Jesús Pérez

Praza de Galicia
“Cando falo de quitar os coches falo de posibilitar un transporte urbano fácil, rápido e áxil e todas as excepcionalidades que debemos propiciar, non soportar, senón todo o contrario”. Fernando Lacaci

Avenida Rodríguez de Viguri
“O que teñen que facer co tráfico é organizar e priorizar”. Cruz Vázquez

Avenida Romero Donallo
“O problema que ten Compostela, como moitas outras cidades que coñezo —agás Pontevedra que está organizada—, é que foi construída á marxe da xente que vive nela. O que hai que facer é reordenar a cidade de base”. Fernando Lacaci

Avenida de Lugo
“Hai que quitar esos costumes, esa necesidade continua de estar alí diante da porta de onde quero aparcar”. María Jesús Pérez

Rúa Londres
“Os gardas municipais moitas veces permiten cousas que xeran molestias ao tráfico porque, por exemplo, a ocupación das paradas dos buses non se pode permitir. Iso estorba moito ao tráfico e pon en perigo aos peóns tamén, porque ao mellor te obriga a cruzar sen visibilidade”. Cruz Vázquez

Avenida de Lugo
“Nós, a xente, somos irrespectuosos coas normas viarias, que priorizamos outro tipo de aspectos”. María Jesús Pérez

Rúa Fonte de Santo Antonio
“O que hai que facer é reordenar a cidade de base. É á xente a quen hai que convencer de que as cidades son para as persoas e que hai que vivir doutra maneira”. Fernando Lacaci

Rúa Londres
“Hai que regular os usos do territorio e de que se instala e que non”. María Jesús Pérez

Rúa Londres
“En Compostela, o 85,53% dos condutores exceden a velocidade en entornos escolares”. Fernando Lacaci