Ola! somos -de arriba a abaixo e de esquerda a dereita- Diego Álvarez (Edición- coordinación), Pablo Chao (Actividades), Nagore Acuña (difusión), Silvia Caeiro (axenda e calendario) e María Abril (documentación). A ODS que desenvolveremos o longo deste cuadrimestre será a de Igualdade de Xénero, enfocando esta cuestión cara o ámbito educativo.
Co noso traballo no observatorio pretendemos visibilizar como as mulleres se ven discriminadas cando se trata de postos de alta responsabilidade dentro do ensino. E por outro lado, tamén pretendemos centrarnos na gran desinformación que existe sobre cuestións de xénero.
O noso obxectivo, ou un deles, é concienciar ao público ao que vai dirixido o noso proxecto (principalmente xente xoven entre 16 e 23 anos) de que existen mulleres no mundo da educación ás que non se lles da visibilidade ou as que se lles impida ascender polo simple feito de ser mulleres, así como a importancia que ten unha educación de xénero dende unha idade temperá.
Glosario
Teito de cristal: “obstáculos, as veces invisibles, aos que se enfrontan as mulleres cando buscan ascender nas súas carreiras profesionais, obstruíndo as súas aspiracións e oportunidades”.
BBC. (2017, decembro) Marilyn Loden, la mujer que inventó la expresión “techo de cristal” [publicación en liña] de Loden, Marilyn. 1978.
https://www.bbc.com/mundo/noticias-42338736
Desigualdade social: “trato desigual ou diferente que indica diferencia ou discriminación dun individuo cara outro debido a súa posición social, económica, relixiosa, o seu sexo, raza, cor de pel, personalidade, cultura, entre outros”.
COURSE HERO. Según el sociólogo Eduardo López Aranguren [publicación en liña] de López- Aranguren, E. (2005) Problemas sociales: Desigualdad, pobreza, exclusión social
Xénero: “conceptos sociais das funcións, comportamentos, actividades e atributos que cada sociedade considera apropiados para os homes e as mulleres. As diferentes funcións e comportamentos poden xerar desigualdades de xénero, é dicir, diferencias entre os homes e as mulleres que favorecen sistematicamente a un dos dous grupos”.
OMS. Género
https://www.who.int/topics/gender/es/
Patriarcado: Sistema de relacións sociais sexo-políticas baseadas en diferentes institucións públicas e privadas e na solidariedade interclases e intraxénero instaurado polos varóns, os cales como grupo social e de forma individual e colectiva, oprimen as mulleres tamén de forma individual e colectiva e se apropian da súa forza produtiva e reprodutiva, dos seus corpos e os seus produtos, ben con medios pacíficos ou mediante o uso da violencia.
MUJERES EN RED. (2008, marzo) ¿Qué es el patriarcado? de Fontenla, Marta. 2008
http://www.mujeresenred.net/spip.php?article1396
Educación: “proceso polo que os individuos adquiren coñecementos, sexan habilidades, crencias, valores ou hábitos, de parte doutros, que son os responsables de transmitilos, utilizando distintos métodos, como por exemplo, mediante discusións, narracións de historias, a investigación e a formación”
Sánchez, Adriana. (2019, setembro) Definición de educación.
https://conceptodefinicion.de/educacion/
Desinformación: “ausencia de información verdadeira que pode ser producida por unha infinidade de causas interrelacionadas”
CONCEPTO DEFINICIÓN, Redación (2019, xuño) Definición de desinformación.
https://conceptodefinicion.de/desinformacion/
Publicacións
Aínda queda un largo camiño por percorrer
Hoxe presentamos un vídeo a modo de resumo de todo o traballo realizado ao longo do cadrimestre. A nosa intención dende o comezo do proxecto foi amosar as desigualdades de xénero centrándonos no ámbito educativo, así como dar visibilidade a mulleres que, ao longo da historia, non tiveron a oportunidade de ter recoñecido o seu… Seguir lendo Aínda queda un largo camiño por percorrer
“O máis necesario é a coeducación”
O día 23 de abril, realizamos un faladoiro ou debate con catro colaboradores coa intención de que compartisen as súas respectivas visións ou opinións en canto a diversas cuestións de xénero. Por motivo das circunstancias sociais actuais o encontro tivo que realizarse por vía Skype. Os participantes do denominado ‘círculo’ foron: Jorge García Marín, profesor… Seguir lendo “O máis necesario é a coeducación”
Aclarando conceptos
Na búsqueda da concienciación das persoas en canto as cuestións de xénero, traemos tres conceptos necesarios para entender o punto no que nos encontramos como sociedade. Falamos de “igualdade”, “equidade” e “teito de cristal”. Os dous primeiros, igualdade e equidade, poden dar lugar a dúbidas xa que moita xente ou ben os confunde ou non… Seguir lendo Aclarando conceptos
Ilustrar para concienciar
Esta semana tivemos o placer de contactar coa artista e ilustradora adelaxd, quen nos prestou varias das súas ilustracións. A continuación amosamos dúas moi significativas. O pasado martes 10 de marzo publicamos nas redes unha ilustración desta artista. Na ilustración aparece unha personaxe que se tropeza cun salente do chan, e vai acompañada da frase… Seguir lendo Ilustrar para concienciar
Carteis para a xornada do 8M
Este pasado domingo 8 de marzo celebrouse en países de todo o mundo a xornada do 8M, en conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora. Trátase dunha xornada que se ven celebrando todos os anos, pero que nos últimos tempos gañou moita presenza e recoñecemento. Coa intención de loitar e contribuir á igualdade de xénero,… Seguir lendo Carteis para a xornada do 8M
Xénero e educación
Ola! somos -de arriba a abaixo e de esquerda a dereita- Diego Álvarez (Edición- coordinación), Pablo Chao (Actividades), Nagore Acuña (difusión), Silvia Caeiro (axenda e calendario) e María Abril (documentación). A ODS que desenvolveremos o longo deste cuadrimestre será a de Igualdade de Xénero, enfocando esta cuestión cara o ámbito educativo. Co noso traballo no… Seguir lendo Xénero e educación