O pasado Martes día 17 tivo lugar a octava xornada de debates da iniciativa Filosofía a pé de rúa, consistente nun debate sobre a cultura hexemónica. O acto tivo lugar no Airas Nunes Café e interviron como poñentes Diego Horschovski, da revista Lume; a Charo López, de Novas da Galiza; Mario Vilariño, de Balea Cultural; e Toni España, de Radio CampusCulturae. Mike B. moderou o debate, aberto a todo aquel que acudise ao evento. Con isto, dabamos por rematada unha experiencia sen ningún tipo de dúbida moi positiva e interesante para nós.
Non vos perdades as nosas impresións sobre o proxecto no noso último post!Link na BIO!