Estigmas da pobreza

Ola! Somos o grupo encargado de tratar a ODS da Fin da Pobreza. Na fotografía, de esquerda a dereita estamos: Aldara Diéguez (difusión), Antía Montes (actividades), Asier Antón (documentación), Catalina Eirea (coordinación-edición) e Paula Arrojo (axenda).

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é whatsapp-image-2020-02-20-at-11.57.07.jpeg

Cando falamos de pobreza, tendemos a pensar unicamente nesas persoas que pasan a noite na rúa. Non obstante, a pobreza abrangue a case un de cada cinco fogares galegos, segundo CCOO, e está ligada a certos estigmas e prexuízos. Pretendemos mostrar as diferentes caras da pobreza, tanto as visibles como as máis agochadas. Farémolo da man de expertos e afectados, para coñecer en profundidade a súa experiencia. A marxinación social, as dificultades para introducirse no mercado laboral, para conseguir axudas e bolsas, son algunhas das implicacións directas da pobreza. É fundamental dar a coñecer estas situacións para entender a gravidade de levar unha vida marcada pola pobreza. O noso cometido é recoller e difundir esta información para facelo posible. 

Glosario


  • Estigma: aquilo que mancha a honra ou reputación de alguén. Real Academia Galega. Dicionario da Real Academia Galega . Consultado o 21 de febreiro de 2020. https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/estigma.
  • Limiar da pobreza: o limiar da pobreza é a liña de ingresos a partir da cal unha persoa é considerada pobre. Segundo o INE, o valor do umbral da pobreza en España é de 6278,7€; unha persoa será clasificada no grupo dos pobres se os seus ingresos por unidade de consumo son inferiores a esa cifra. Para expresalo en función dos ingresos totais do fogar, depende do número de unidades de consumo do mesmo (un fogar con dous adultos sería 9418,1€, con dous adultos e dous menores de 14 sería 13185,3€, etc). INE (datos de 2004). Estudio descriptivo de la pobreza en España, resultados basados en la Encuesta de Condiciones de Vida 2004. Instituto Nacional de Estadística. https://www.ine.es/daco/daco42/sociales/estudiodesc.pdf
  • Marxinación social: entendemos por exclusión social o proceso polo que unha sociedade rexeita a uns determinados individuos, dende a simple indiferenza ata a represión e reclusión. Tamén se dá o caso de quen, por non concordar cos valores e normas dunha determinada sociedade, automarxínanse.  Característica común a todos os graos e tipos de marxinación é a privación ou dificultade para a normal satisfacción das necesidades secundarias. Enciclopedia de Economía y Ciencias Sociales Eumed. Biblioteca virtual de Derecho, Economía y Ciencias Sociales. Consultado o 21 de febreiro do 2020. http://www.eumed.net/libros-gratis/2010c/736/Marginacion%20social%20cultural%20economica.htm
  • ONG: segundo ACNUR, son organizacións independentes e sen ánimo de lucro que xorden a raíz de iniciativas civís e populares e que polo xeral están vinculadas a proxectos sociais, culturais, de desenvolvemento u outros que xeren cambios estructurais en determinados espazos, comunidades, rexións ou países. Falamos delas cando se abordan valores como a cooperación, solidariedade, axuda desinterese da e altruísmo, e están asociadas a labores de voluntariado en calquera sector ou área de intervención. ACNUR. (2017, xaneiro). ¿Qué es una ONG y cuál es su función social? [publicación na web]. https://eacnur.org/blog/una-ong-funcion-social-tc_alt45664n_o_pstn_o_pst/
  • Pobreza: escasez, falta, escaso haber da xente pobre. Real Academia Española (2019). Diccionario de la lengua española (edición del tricentenario). https://dle.rae.es/pobreza?m=form.
  • Precario: de pouca estabilidade ou duración, que non posúe os medios suficientes. Real Academia Española (2019). Diccionario de la lengua española (edición del tricentenario). https://dle.rae.es/precario?m=form

Publicacións


As outras caras da pandemia

A crise sanitaria causada polo coronavirus provocou á súa vez unha gran crise económica e social. O virus obrigou paralizou o mundo, pechando comercios e empresas, aumentando os despidos, os ERTES e a dificultade para atopar traballo. Esta situación empurrou a moitas persoas que estaban en risco de pobreza a cruzar o limiar, afectando aos…

Seguir lendo As outras caras da pandemia

O confinamento das persoas en situación de rúa: o Seminario Menor de Belvís

A dificultade para o confinamento das persoas sen fogar cobrou importancia en todas as provincias galegas. Cidades como Lugo habilitaron pavillóns como dispostivios de emerxencia, mentres que noutras cidades galegas se aproveitaron os albergues xa existentes. Este é o caso que se dá en Santiago de Compostela, onde hai dous lugares onde pasar o confinamento.…

Seguir lendo O confinamento das persoas en situación de rúa: o Seminario Menor de Belvís

O confinamento das persoas en situación de rúa: o pavillón municipal de Lugo

O 14 de marzo de 2020 decretouse o estado de alarma, medida de seguridade que obrigou á poboación española a permancer confinada nas súas casas. Non obstante, isto supuxo un problema para aquelas persoas sen un fogar onde pecharse. Segundo os datos do INE na última Enquisa ás persoas sen fogar, en Galiza había 1903…

Seguir lendo O confinamento das persoas en situación de rúa: o pavillón municipal de Lugo