Filtro morado e reivindicativo en Compostela

GARCÍA FERNÁNDEZ

O grupo de Muller e Comunicación acordou como acción final facer un reparto de globos. O obxectivo era facer chegar á cidade de Compostela o traballo que realizamos ao longo destes catro meses coas nosas colaboradoras do círculo. Fixemos reunións nas que tratamos as diferentes problemáticas ás que se enfrontan, tanto as mulleres nos medios de comunicación coma as propias mulleres xornalistas no seu ámbito de traballo. Seguir lendo “Filtro morado e reivindicativo en Compostela”

Visibilizar o machismo entre liñas

BELÉN PUÑAL, promotora do Observatorio de Comunicación Cidadá da Universidade Estatal de Milagro.

Falar ou escribir dende a perspectiva de xénero non é cousa doutro mundo. Ao igual que non o é usar unha linguaxe inclusiva ou non discriminatoria. Ou facer xornalismo con perspectiva feminista. Só supón buscar continuamente a resposta a unha pregunta: que é das mulleres? Ou, para gañar en perspicacia, a dúas: se estivera falando dun home, e non dunha muller, referiríame a el nos mesmos termos? Seguir lendo “Visibilizar o machismo entre liñas”

MullerES

S2B Biblioteca Ánxel Casal No canto de falar de feminismo, falemos de feminismos. A utilización do plural designa ás diferentes correntes que xorden ó redor do mundo. Existen o afrofeminismo, o feminismo islamista, o feminismo radical…, entre outros tantos. “O feminismo son as gafas e despois depende cara onde mires. O feminismo islámico, será como vemos coas gafas do feminismo determinadas costumes do Islam”, explicaba … Seguir lendo MullerES

Caladiñas non estamos máis guapas

FERRÍN ALONSO, GARCÍA FERNÁNDEZ E GARCÍA ROCA

Pub Atlántico

A opinión adoita estar adscrita ó xénero do xornalista, limitando temáticas e espazos, ollando á masculinidade ou feminidade do redactor. Mais ese efecto segue sendo perpetuado dende os medios de comunicación coas súas mecánicas excluíntes. Muller é máis que familia e coidados, e o home máis que política e economía. Este campo foi o cuberto na última reunión coas colaboradoras de Muller e Comunicación.

Seguir lendo “Caladiñas non estamos máis guapas”

A necesaria reordenación social

GARCÍA FERNÁNDEZ, GARCÍA ROCA E GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

Biblioteca Ánxel Casal

Nos últimos tempos son moitas as formacións políticas que incluíron nos seus programas medidas orientadas á muller co argumento de mellorar a situación do colectivo. Os medios de comunicación xogan un papel importante á hora de difundir estes discursos, que xeralmente chegan ó público mesturados coa opinión do activismo feminista. Neste encontro falamos de feminismo e política coas nosas colaboradoras, afondando no discurso e na linguaxe inclusiva. Seguir lendo “A necesaria reordenación social”

Xornalismo como reflexo da sociedade

FERNÁNDEZ PEREIRO, FERRÍN ALONSO E JORGE VIDAL

Biblioteca Ánxel Casal

Dende hai uns anos, a prensa está sendo cuestionada por moitos colectivos polo seu xeito de tratar determinadas noticias. Entre outras, destacan a maneira de informar sobre as mulleres ou a pouca presenza destas nas informacións, chaves para comprender o motivo deste rexeitamento. O miolo da última reunión do Círculo Muller e Comunicación constituírono a responsabilidade dos medios ó comunicar e a relevancia das opinións sobre mulleres nos xornais, redes sociais ou medios de difusión. 

Seguir lendo “Xornalismo como reflexo da sociedade”

Deontoloxía da inconsciencia

FERNÁNDEZ PEREIRO, GONZÁLEZ RODRÍGUEZ E JORGE VIDAL

Biblioteca Ánxel Casal

Cando falamos de linguaxe sexista nos medios cústanos chegar a conclusións de por que se seguen a dar certas prácticas. “É un problema de ignorancia, de falta de coñecemento, de non ser conscientes, máis que dunha liña editorial, porque ninguén lles vai premiar por ser máis machistas nos titulares”. Seguir lendo “Deontoloxía da inconsciencia”

Pescudando melloras entre iguais

S2B 

Os seres humanos somos intelixentes, comunicámonos e aprendemos de todo aquilo que nos rodea, da experiencia propia e da allea. A nosa evolución construíu persoas empáticas, capaces de entender os comportamentos dos nosos semellantes e cunha especial necesidade de interacción con eles que nos empuxa irremediablemente a vivir en sociedade. Dentro deste espazo, creamos dúas dimensións: a pública e a privada. Na primeira é onde se define o noso status social, o noso papel dentro da comunidade, e Seguir lendo “Pescudando melloras entre iguais”