S2D Activismos Creativos

Ola! O noso grupo de traballo será o encargado de tratar a presenza e o papel dos Activismos Creativos na cidade de Compostela. Empezando por enriba e indo de esquerda a dereita, somos: Anxo Fariñas Torres (Edición), Víctor López Fernández (Coordinación e Deseño), Alexandre Gesto Romero (Axenda), Jose María Grande Santalla (Acción), Cristina Freire Picón (Difusión) e Lorena Iglesias Andrade (Diálogo).

WhatsApp Image 2019-02-10 at 00.24.19

Nos vindeiros meses tentaremos mostrar como os Activismos Creativos inflúen e interveñen na cidade de Compostela, así como a actual convivencia na capital galega das novas expresións artísticas xurdidas nos últimos anos (graffiti, break dance, murais…) coas máis tradicionais (teatro, pintura, fotografía, literatura…). Tamén queremos analizar como a cidade se vai adaptando a estas novas expresións, como responde e como os Activismos Creativos actúan como nexo entre as persoas e o entorno. As trabas coas que os artistas mozos se atopan para emprender novos proxectos artísticos son tamén un punto interesante a tocar. Por último, e como eixo do traballo, analizaremos o tratamento informativo que recibe o colectivo nos medios de comunicación, a visibilidade que se lles dá a estes grupos e as melloras que este pode ter. Trataremos de escoitar a distintos activistas, artistas e demais afectados polo tema e así lograr saber como afrontan o seu día a día e cales son os problemas e causas que máis lles interesan aos propios membros do colectivo.  

As palabras chave que definen o noso proxecto son: cultura – música – fotografía – artistas noveis – proxecto artístico – cultura urbana – activismo – industria cultural – industria creativa

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.