GRUPO DE APOIO MUTUO DE A CORUÑA (GAM)

Un pequeno espazo onde xuntos se conseguen grandes resultados

A pandemia de Covid-19 xerou situacións de extrema necesidade que non afectaron a todo o mundo por igual. As persoas con ingresos baixos, en risco de exclusión social ou mesmo as persoas maiores e dependentes sufriron unha dobre crise: a sanitaria e a económica. Para dar contexto a todas estas situacións contamos coa participación de Diego Ferreira, colaborador na zona norte de A Coruña. “Cociñas Económicas, Redes Vecinais e o equipos de axuda mutua actuaron de salvavidas para moita xente” comentou.

Ao longo das principais cidades galegas despregáronse numerosas redes de apoio. En Santiago de Compostela por exemplo; o Centro Cultural de Ensanche “Raigame”, o Espazo Veciñal Barrio de Sar e a Asociación Veciñal de As Marías puxeron á disposición da ciudadanía números de teléfono a través dos cales se podía solicitar axuda, para todas aquelas persoas que non podían saír da súa casa.

Outros colectivos tamén puxeron numerosas iniciativas de axuda en marcha, divindíndoas normalmente en función dos barrios para dar unha cobertura o máis ampla posible, así como tamén habilitando canles de contacto a través de Whatsapp, Telegram e Facebook. Dende compra de alimentos para persoas impedidas, xestións urxentes ou adquisición de medicinas, estas redes permitiron organizar unha axuda (colectiva e individualizada) de primeira necesidade para as persoas que o precisaban.

Exemplo disto é o Grupo de Apoio Mutuo de A Coruña, que xurdiu precisamente no inicio da pandemia para servir de axuda a todas as persoas da cidade que o precisasen: “Os Grupos de Apoio Mutuo (GAM) son a resposta que levantamos dende os barrios conscientes da Coruña para poñernos ao lado da xente máis vulnerable, as nosas veciñas e veciños, neste momentos complicados. Unha resposta autoxestionada que busca activar a solidariedade xusto cando máis o precisamos”.

Diego tamén sinala que para que a cobertura chegara a todas as persoas que o necesitasen, dende o Grupo de Apoio Mutuo de A Coruña puxeron en marcha unha axuda distribuída polos diferentes barrios. En total, doce grupos onde destacan algúns dos mais necesitados da seguinte maneira:

•    GAM de A Coruña – Norte: Abrangue os barrios de Montealto, Cidade Vella e pescadería.

•    GAM do barrio de Eirís.

•    GAM dos Mallos e a Gaiteira.

•    GAM do barrio de San Pedro e Os Rosais.

•    GAM dos barrios de Matogrande e Ofimático.

•    GAM do barrios dos Catro Camiños.

•    GAM do barrio de Castrillón.

“Dentro de cada un dos barrios destacados contan cun número de Whatsapp e unha canle de Telegram para una comunicación mais personalizada” recordó.

Da mesma maneira, a asociación tamén permitía unirse á causa a toda persoa que quixera colaborar. Dende crear unha rede propia de axuda, unirse á existente no barrio ao que se pertenza ou facendo doazóns, os voluntarios e voluntarias que o quixeran podían prestar a súa axuda. 

Igualmente, en colaboración cos comercios locais, fóronse creando pouco a pouco o que se denominaron Caixas de resistencia: “As caixas de resistencia veciñais son unha ferramenta dos Grupos de Apoio Mutuo (GAM) para recoller as colaboracións de veciños e veciñas solidarias nos diferentes barrios da Coruña e empregar estes recursos na compra de alimentos e produtos básicos para as familias máis golpeadas pola crise” comentó.

Estas Caixas de Resistencia estaban repartidas polos comercios locais dos diferentes barrios que conformaban a rede da asociación, de modo que cada persoa que así o desexara podía donar no comercio que se atopara máis preto. Este método de traballo é debido a que se trata dun colectivo totalmente informal, veciños e veciñas que querían colaborar da forma máis segura sinxela posible para todos.

A dinámica dentro destes grupos reducidos baséase nunha participación libre, onde o compartir experiencias sexa a principal tareda e a súa vez sirva de fío condutor para cada historia, sen a necesidade de que unha sexa máis importante que outra. Procesos que ameritan unha presenza no tempo para poder reforzar esas debilidades e, dalgunha maneira, conseguir que a persoa afectada atope o seu lugar de inmersión novamente dentro do labor social.

É evidente que unha boa alimentación causará efectos positivos, xa non só a nivel físico senón mental, permitindo manter unha estabilildade neuronal que contribúa nas diferentes tarefas que debe ocupar unha persoa dentro das súas posibilidades. Baseado en distintos estudos, logrouse demostrar a pertinente relación que existe entre a saúde mental e as vías de nutrición, tendo algúns desencadeamentos como poden ser a esquizofrenia, ansiedade ou depresión produto dunha mala ou nula inxesta de nutrientes que benefician ó noso organismo.

Os grupos de Apoio Mutuo, a través destas charlas logran profundizar e atopar certa relación entre o panorama actual e os posibles puntos de inflexión que levaron a tal situación, permitindo desta forma ubicar as distintas áreas que beneficien e complementen unha axuda óptima para cada caso en concreto.

Dentro das súas vías de acceso e comunicación atopamos que desempeñan o labor de acompañante emocional, describíndoo como “este grupo xorde para compartir instrumentos que axuden a afrontar emocionalmente a situación que estamos atravesando pola crise da COVID-19. Unha ferramenta de apoio emocional comunitario para as nosas veciñas e veciños” segundo se pode visualizar na súa páxina web.

Cando a situación se agrava e non logras posuír unha estabilidade financeira que permita cubrir a base da pirámide, sendo a alimentación un dos requisitos máis determinantes dentro da estrutura familiar e visto de igual forma no ámbito individual, traerá en consecuencia unha serie de efectos prexudiciais a medio e longo prazo.

De igual forma,  nestes casos os Grupos de Apoio Mutuo, traballan baixo o proxecto de Emerxencias Alimenticias, onde as persoas que se vexan nunha situación de vulnerabilidade poden acudir a este servizo, cumprindo coas normas dun formulario para posteriormente ser atendido polos axentes na labor.

A pandemia foi un fenómeno que sucumbiu todas as vertentes sociais e incluso dentro dos GAM, este efecto convalece en torno á escaseza de recursos, principalmente na economía persoal. Moitas persoas chegan debido a que mentalmente se viron incapacitadas para facer fronte ás numerosas dificultades e saben que dentro destas organizacións o labor se fundamenta na cooperación mutua sen fins ou intereses a posteriori.

A fame na sociedade é un desencadeante para a situación de inestabilidade persoal, chegando incluso en ocasións a obrigar á persoa a cometer delitos de hurto para obter medios de financiación ilícitos. É importante destacar a relevancia que pode ter o manter un balance alimenticio axeitado como piar fundamental nas nosas prioridades, xa sexa dende poder abastecerse con produtos ecolóxicos ou ben acudindo ás Cociñas Económicas que ofrecerán unha materia prima acorde ás necesidades básicas para eliminar a situación de fame.

A través do apartado Historias, na súa páxina Web, abriuse un espazo para que todo o mundo puidera contar a súa experiencia e dar conta do que estaba acontecendo nos barrios. Dende persoas solicitando axuda, ata membros da propia asociación contaban como se estaba vivindo a pandemia en cada un dos barrios da Coruña. Igualmente, a súa páxina de Facebook aportaba a información necesaria para que a poboación estivera ao tanto das accións que se ían levar a cabo dende o Grupo de Apoio Mutuo.

Daniel Pereira (Coordinación y Difusión)

Carlos Ramirez (Actividades)

Diego Real (Edición)

Raúl Villamarín (Edición)

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.