Colaboradores 2020

Dende o Observatorio Cidadán de Comunicación queremos amosar o noso agradecemento a todas as insitucións que colaboraron este ano. Para acceder ao seu sitio web, podes pulsar no logotipo correspondente.

Consumo

ANPA C. E. I. P. López Ferreiro

O Colexio López Ferreiro de Educación Infantil e Primaria encontrase na Rúa dos Xasmíns en Santiago de Compostela. Destaca a metodoloxía do seu comedor, dirixida pola propia ANPA da Escola. Aposta maioritariamente por alimentos ecolóxicos ou de orixe local, ao tempo que ten un prezo axeitado e máis barato que outros que usan cátering. O centro preocúpase porque os nenos coñezan a ecoloxía, realizando algunhas actividades en escolas ecolóxicas.

C. E. I. P. Pío XII

Colexio de Educación Infantil e Primaria xurdido en 1985 en Santiago de Compostela que conta cun comedor escolar apoiado pola empresa “Ruta Jacobea”, preocupándose por promover unha alimentación saudable e a máis ecolóxica posible. Levan poñendo en marcha iniciativas que tratan de inculcar educación ambiental e de mellorar estilos de vida e aprendizaxe. Para isto empregan hortos escolares e o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), que ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares dende o curso 2016-2017.   

Fundación Galicia Verde

Entidade sen ánimo de lucro fundada en 2002, cuxo principal obxectivo é o desenvolvemento rural sostible. Con sede en Forcarei (Pontevedra), traballa a nivel rexional e ten o proxecto de crear cinco centros en Galicia baixo o nome de: “Centros galegos para o medio ambiente, novas tecnoloxías e desenvolvemento rural para a investigación, docencia, difusión e promoción de traballo “. Así, conta con entidades adaptadas ás características e necesidades de cada rexión.   

Panxea Comercio Xusto

Asociación en prol do comercio xusto e do consumo responsable que comeza a súa andaina no 1995, para 2010 adquirir a forma de cooperativa. Os seus usuarios e consumidores traballan en conxunto para acadar unha economía alternativa, social e solidaria, a través dun sistema de compra que prima o produto ecolóxico e o local, atendendo aos principios éticos que deben rexer calquera relación humana e comercial.


Educación no rural

Nova Escola Galega

Nova Escola Galega: movemento asociativo de base fundado en 1983 en Santiago de Compostela que ten como obxectivos principais a renovación pedagóxica e a galeguización lingüística do sistema educativo galego. No seu seo xurdiu a Mesa Galega de Educación no Rural, para tratar as problemáticas propias do ensino neste ámbito.


Traballo e mocidade

Hostalería sen explotación

Campaña levada a cabo por cidadáns de Compostela para denunciar a precariedade laboral que se sofre no sector da hostalería. Xurdiu coa axuda do Partido Político SAIn e as accións doutros colectivos. Están abertos a todo o mundo: traballadores da hostalería, familiares de traballadores, cociñeiros, turistas… Queren conseguir que Santiago de Compostela teña unha hostalería con condicións dignas para os seus traballadores.

Riders x Derechos

Este sindicato nace dende a Intersindical Alternativa de Cataluña en 2017. Reclaman melloras laborais para os seus traballadores, denuncian a súa situación de falsos autónomos e a precariedade laboral dos seus empregos.


Estigmas da pobreza

Cáritas (Santiago de Compostela)

Cáritas é unha organización católica que representa a acción caritativa e solidaria da Diócese de Santiago de Compostela. Actúa a través de diferentes iniciativas para axudar ás persoas en situación de pobreza e exclusión, buscando concienciar tamén á sociedade sobre estes temas. Emprendeu campañas contra a fame, de recollida de alimentos e roupa, e dirixe o Centro Vieiro de Santiago para dar apoio e seguimento a persoas en risco de pobreza.

Cruz Vermella (Lugo)

Cruz Vermella é unha organización humanitaria voluntaria que traballa en defensa dos dereitos humanos. Destaca pola loita en diferentes causas e problemáticas sociais, principalmente: socorros, inclusión social, emprego, saúde, educación, medio ambiente e actividade internacional. En España, actúa baixo a protección do Goberno, con sedes en diversas provincias e cidades do país.


Xénero e comunicación

Xornalistas galegas

O colectivo galego está formado por mais de 200 mulleres profesionais do ámbito das Ciencias da comunicación que desenvolven a súa actividade en prol dun xornalismo con pespectiva feminista. Algúns dos seus obxetivos: visibilizar, desestigmatizar e promover iniciativas profesionais feministas que eduquen e xeren conciencia social.

CPXG

Corporación de Dereito Público creada por lei en 1999. Actualmente son 11000 os colexiados que pertencen a ela. Entre os seus prinicipais obxetivos e funcións atópanse o de profundizar na melloras das condicións de traballo dos xornalistas galegos, a defensa profesional dos propios colexiados, garantir a liberdade e independenza dos informadores en beneficio da sociedade galega, defender o dereito á liberdade de información e de expresión de todos os cidadáns…

AGARESCO

A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que cren no poder da comunicación como ferramenta de transformación social. O seu principal obxectivo é utilizar as ferramentas de comunicación para conseguir a Transformación Social, principalmente a través de proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o Cambio e Acción Social.  


Saúde e alimentación

Madrid Vegano

Creado por Elisa Blanco, xornalista e escritora, é un medio que sirve como guía para as persoas da comunidade vegana que viven na cidade. Este proxecto é liderado pola propia Elisa Blanco, que conta tamén coa colaboración de Francisco García, un enxeñeiro de telecomunicacións que é o encargado do mantemento da páxina web.

Una familia vegana y normal

Unha alimentación exclusivamente vegana convirte a esta familia nunha fonte obrigatoria se o obxectivo é coñecer de primeira man as experiencias persoais do colectivo vexetariano ou vegano. Rocío e Pablo decidiron non facer as súas fillas partícipes da explotación animal e tras varios anos nesta dinámica poden contar varios logros que conseguiron. 


Fame cero

Asociación de veciños VEDESMA

A asociación de veciños Vedesma ten como principais obxectivos: defender os dereitos da veciñanza, trasladando as súas demandas ao Concello ou a quen corresponda e dinamizar e fomentar as relacións entre os e as veciñas. Organizan diversas actividades como cursos de fotografía, manualidades, pilates, roteiros pola contorna do barrio e festas como a sardiñada de San Xoán ou o Magosto. A xunta directiva da asociación reúnese todos os primeiros xoves de cada mes entorno ás 20.00h. no local sociocultural de Santa Marta ou no local da asociación.

Cociña económica de Santiago de Compostela

Institución benéfica de carácter voluntario que creouse en 1981 co obxecto de favorecer ou axudar a persoas con poucos recursos proporcionándolle alimentación nutritiva, sana e barata, a todos os que a necesiten, a mínimos prezos e dando educación e instrución a un sennúmero de persoas que alí concorren.

Gabinete de comunicación da USC

O Gabinete de Comunicación encárgase de difundir as actividades e proxectos relacionados coa universidade nos medios de comunicación (ámbito científico, académico, cultural ou institucional), ademais de atender as demandas de información dos propios medios. Para realizar as súas funcións, distribúe as súas actividades en tres grandes áreas: comunicación interna, comunicación externa e comunicación institucional.

Hortalíza-te

“Hortalíza-te” é un curso de horticultura para a mocidade de Santiago que ata agora levouse a cabo no Centro Xove da Almáciga nas hortas situadas a carón da instalación, cunha duración dende o mes de maio ata outubro. Este proxecto pasa por ofrecer formación sobre como xestionar a horta propia ata o caso práctico nas hortas da Almáciga. Luz Eyo, a súa coordinadora foi moi amable por axudarnos co noso traballo e conseguiu que o noso interese no tema das hortas e a agricultura sostible aumentara.

IES Val Miñor

Instituto de educación secundaria dependente da Xunta de Galicia. E.S.O. e Bacharelato ubicado en Nigrán que colaborou con nós no “Concurso de carteis “Fame 0” que resultou unha iniciativa interesante para o alumnado de 1° ESO que se uniu axiña á inicitiva presentando os seus traballos que recollían a súa visión da falta de alimentos entre a poboación máis necesitada.


Desigualdades sociais

Asamblea Nacional de Estudantes Galegas (ANEGA)

A Asemblea Nacional de Estudantes Galegas, ou ANEGA, é un sindicato estudantil formado no ano 2016 a través doutras asembleas de bases, e que operan no ámbito universitario nas tres universidades galegas. Defínense coma “unha ferramenta feminista; reivindicativa e combativa; democrática e popular; plural e fraternal.” O seu obxectivo, como se pode ver nas súas múltiples contas en redes sociais e na súa páxina web, é pugnar por “un ensino público e de calidade.”


Enerxías renovables: traballo e consumo

Magallanes Renovables

Magallanes Renovables é líder mundial en xeración de enerxía a partir das mareas. No 2018 eslambouse no porto de Vigo una estrutura capaz de xerar entre 2.500-3.200 MWh.

CC.OO. Avanza

É unha sección da asociación sindical Comisións Obreiras, que funciona como comité de empresa da central térmica d’As Pontes. Loitan por unha transición xusta e respectuosa cos traballadores.

Asociación do colectivo dos transportistas de carbón

Esta asociación está integrada polos transportistas de carbón de Galicia, que está a ter un papel clave nas negociacións arredor da central térmica d’As Pontes. Son o sector máis afectado por esta transición

Ventonoso

Entidade asociada ao sindicato Unións Agrarias. Foi creada en 2006 coa función de proporcionar asesoramento xudicial e técnico aos propietarios de terras nos que se instalaran parques eólicos. Esta función lévase a cabo mediante charlas nos lugares que dispoñen ou van dispoñen de parque. A súa meta é que a produción de enerxía provoque o desenvolvemento do rural.


Contaminación

GreenPeace Galicia

GreenPeace é unha ONG ambientalista nada en Canadá en 1971. Realiza campañas en todo o mundo por temas como o cambio climático, o coidado dos océanos ou a agricultura ecolóxica, entre outros. A organización traballa non só nas campañas de GreenPeace, senón en temas que afectan de xeito persoal ás galegas como poden ser a destrución do litoral, a explotación pesqueira ou a incineración de residuos.

Fridays For Future

FridaysForFuture é un movemento que naceu en agosto do ano 2018, cando Greta Thunberg e outros activistas novos comezaron a manifestarse diante do parlamanto sueco pata protestar pola falta de accións ambientais do Goberno. FridaysForFuture Compostela viu a luz en marzo de 2019, cando un grupo de estudantes de diversas facultades decidiron xuntarse para seguir o movemento. Organizan concentracións, charlas e actividades.


Saúde na terceira idade

AGADEA

AGADEA é unha ONG especializada no coidado de persoas da terceira idade con problemas de saúde mental derivados sobre todo do alzhéimer. Fundada por familiares de enfermos de alzheimer en marzo de 1994 e con sede na rúa Salgueiriños de Santiago de Compostela, comezou en 2005 a facer terapias para axudar a aquelas persoas que padecen a enfermidade, así coma outra clase de demencias en diferentes fases e dende o comezo da década dos 2010 encárganse de xestionar un centro de día enfocado ás persoas con Alzheimer e demais demencias neurodexenerativas no marco da rede pública galega de Alzheimer.

Itínera

Itínera nace en 2005, e ten coma obxectivo axudar ás persoas con algún tipo de enfermidade mental, apoiándoos no seu día a día e mediante múltiples actividades de diverso tipo. Dende a súa fundación máis de 400 persoas apoiaron á asociación mediante voluntariado.


Vida submariña

Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIA)

A Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIA) reúne, dende 1994, xornalistas que traballan no ámbito da información sobre o medio ambiente en toda España. A súa función principal é velar pola independencia e obxectividade dos contidos informativos e divulgar con rigor a información de índole ambiental. Actualmente conta con máis de 200 profesionais do xornalismo asociados, así como importantes medios como poden ser Europa Press, Axencia EFE, Antena 3 TV, RTVE ou El País.

CPI Santa Lucía de Moraña

É un centro público integrado de educacíón infantil, primaria e secundaria. Está situado na Rúa Sete 34 en Saiáns (San Salvador, Moraña), 36660 Pontevedra. Os seus ideais consolídanse nunha ensinanza democrática e de calidade e nun ambiente plural que leve ao desenvolvemento da solidariedade, da tolerancia e da participación dos integrantes.

Lonxa de Rianxo

As lonxas son instalacións nas que se efectúa obrigatoriamente a primeira venta dos produtos da pesca e do marisqueo. A lonxa de Rianxo é xestionada pola Cofradía de pescadores Virxe do Carmen e está ubicada na rúa Peirao de Rianxo, 15920 A Coruña. Conta coa certificación “pescadeRías, de onde se non?” para peixes, crustáceos bivalvos e cefalópodos. Actualmente, o patrón maior da lonxa é Miguel Iglesias


Colaboradores 2019