A opinión dos nosos colaboradores

EYRÉ CONDE

Durante os últimos meses intercambiamos opinións semana tras semana con varios profesionais do xornalismo. Esta vez teñen eles toda a palabra, para dar a súa perspectiva sobre o noso traballo arredor da precariedade. Falan Belén Regueira (Radio Galega), Pablo Santiago (O Salto) e Nazaret López (Radio Ames). Seguir lendo “A opinión dos nosos colaboradores”

É posible un cambio de modelo dos medios?

CONDE CAMPOS

O xornalismo, como a maioría de profesións en España, está a pasar por tempos difíciles. Para atopar o comezo desta crise debemos remontarnos ao principio do fin: a enorme crise financeira de 2007 e 2008 da que aínda non fomos capaces de saír completamente. En que influíu esta crise no xornalismo? Moi sinxelo: supuxo tamén o comezo da crise da comunicación. Seguir lendo “É posible un cambio de modelo dos medios?”

Conciencia do negativo

COSTA MANTEIGA

Cafetería Recantos

A concepción do xornalismo que transmiten os propios profesionais da comunicación é negativa. Segundo o Informe Anual de la Profesión Periodística 2018, realizado anualmente pola Asociación de la Prensa de Madrid (APM), o 76% dos xornalistas enquisados cren que a sociedade ten unha opinión negativa sobre o seu traballo. “É máis difícil que á sociedade lle importe un ERE dun medio como lle importa outro dunha fábrica ou de calquera outro sector porque neste momento os xornalistas non somos as personaxes mellor vistas”, sinala Belén Regueira, xornalista na Radio Galega. Seguir lendo “Conciencia do negativo”

Desafeccións e novas costumes

EYRÉ CONDE

Cafetería Recantos

É indubidable que o ecosistema xornalístico está ferido. E non é unha ferida que se poida curar cunha simple venda; é un dano estrutural e profundo que precisa dun bo tratamento. A manipulación da información, os novos modelos de información-entretemento, o desapego polo xornalismo ou a crise económica e a conseguinte marea de despidos son os temas centrais sobre os que orbita a conversa nesta segunda xuntanza do Círculo. Seguir lendo “Desafeccións e novas costumes”

Xornalismo: emprego ou vocación?

BARROS BLANCO

Cafetería Recantos

O traballo do xornalista sempre vén supeditado á conciliación laboral e familiar. Nun oficio vinculado en gran medida á actualidade informativa, faise moi difícil para os profesionais do xornalismo abandonar por completo o ámbito laboral, xa sexa no seu posto de traballo ou no seu fogar. Seguir lendo “Xornalismo: emprego ou vocación?”

Crise económica e precariedade no xornalismo: camiños paralelos?

COSTA MANTEIGA E CONDE CAMPOS

Biblioteca Ánxel Casal

Nesta primeira xuntanza queremos abordar amplamente o tema central do noso Círculo, a precariedade no xornalismo. Comentamos diversos aspectos relacionados con esta cuestión como a crise económica, a fenda salarial e xeracional nas redaccións ou a situación actual do emprego. Seguir lendo “Crise económica e precariedade no xornalismo: camiños paralelos?”

Canto custa un emprego no xornalismo?

S1B

A precariedade ao longo da vida laboral é un tema do que existe unha conciencia xeral, mais a miúdo o único tratamento que recibe este tema é a través de charlas triviais, mesmo queda apartado dunha hipotética imaxe do futuro. Tamén é un tema coñecido de forma superficial por unha boa parte do alumnado cando decide matricularse neste grao. Seguir lendo “Canto custa un emprego no xornalismo?”