S2C Saúde

Boas! O noso grupo de traballo vai tratar o tema de saúde e comunicación. As integrantes do grupo somos (de esquerda a dereita):Carla Filloy Iglesias (Diálogo),Gema García Rodríguez (Axenda), Marta González Fontán (Acción),María Mancebo Bettremieux (Coordinación e Deseño), Nerea Magide Pásaro (Edición) e Paula Fernández Ochoa (Difusión).

WhatsApp Image 2019-02-12 at 15.29.34

Pretendemos tratar o tema do discurso político sobre a saúde nos medios de comunicación e como se espectaculariza coa mesma dende distintos grupos involucrados, como partidos políticos ou asociacións. Queremos afondar nas causas e nas consecuencias da mediatización de determinadas enfermidades e do espectáculo que xira arredor delas nos medios de comunicación (como foi o caso do can con ébola, Excálibur), así como investigar o discurso político que se xera a raíz desta mediatización. Queremos poñer sobre a mesa exemplos de malas praxes no xornalismo que contribúen a tratar dun xeito sensacionalista todo o relacionado cos servizos sanitarios e a saúde das persoas para poder actuar da forma máis honesta de cara a futuros sucesos.

Estarán dentro da nosa análise a observación dos posicionamentos das distintas asociacións sen ánimo de lucro e do SERGAS ante o discurso da saúde e indagar nas problemáticas ás que se enfronta agora o persoal sanitario. En termos xerais, queremos aprender a comunicar sobre a saúde da man das persoas que están directamente involucradas nela e así poder proxectar a súa voz.

As palabras chave que definen o noso proxecto son: saúde pública, saúde privada, espectacularización da saúde, mediatización de enfermidades, discurso político sobre a saúde.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.