Xénero e comunicación

Fai centos de anos, a igualdade entre homes e mulleres era unha utopía. Na actualidade esta utopía trocou nunha loita que está a gañar terreo fronte as desigualdades e inxustizas. Aínda que xa houbo cambios con respecto á participación das mulleres na sociedade, queda moito camiño por percorrer. 

Somos Lucía Blanco (actividades), Diego Cendán (axenda e calendario), Ainara Corredoira (documentación), Iria Juiz (edición e coordinación) e Diego Losada (difusión) e imos a tratar o tema da Igualdade de Xénero, que se enmarca dentro dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) promovidos pola Organización das Nacións Unidas (ONU) para a súa Axenda 2030. 

Nós, coma futuros xornalistas, temos a obriga de impulsar e promover dita igualdade e será a través deste ODS a nosa forma de aportar un graniño de area á causa. Centrarémonos no ámbito legal. Falaremos con diversos expertos na materia para realizar unha análise das leis que amparan á muller no ámbito laboral na actualidade e sobre todo aquilo que debe trocar de cara ao futuro. Así mesmo, daremos voz a aquelas mulleres que traballan no sector da comunicación e a organizacións que loitan polos dereitos das traballadoras do sector.

A brecha salarial, o teito de cristal e os tratos desiguais no ámbito do traballo parécennos unha clara mostra da realidade que seguimos a vivir no século XXI as mulleres. Contaremos con afectadas de primeira man, que nos relatarán a súa experiencia visibilizando así o grave problema que segue a supoñer en ocasións ser muller nun sector tan amplo como é o da comunicación.

Glosario


Para percorrer este camiño, achegamos os termos chave sobre os que vai a xirar o noso traballo e que convén que teñas en conta á hora de ler os nosos posts:

Igualdade de xénero: Defínese como a igualdade de dereitos, responsabilidades e oportunidades das mulleres e dos homes, das nenas e dos nenos. A igualdade non significa que as mulleres e os homes non sexan o mesmo, senón que os dereitos, as responsabilidades e as oportunidades non dependen do sexo co que naceron. A igualdade de xénero supón que se teñan en conta os intereses, as necesidades e as prioridades tanto das mulleres coma dos homes, recoñecéndose a diversidade dos diferentes grupos de mulleres e de homes. (Arango; Corona-Vargas, 2016, p.11) 

Feminismo: “Doutrina social favorable á muller, a quen concede capacidade e dereitos reservados antes aos homes” (Sau, 2000, pp.121-122)

Teito de cristal: “Se manifiesta cómo una barrera impuesta por él prejuicio y la discriminación, que se manifiesta en una desproporción entre hombres y mujeres en puestos de liderazgo” (Eagly; Carli, 2007, pp. 76-85)

Brecha salarial: “En España, a media das remuneracións brutas anuais dos homes asalariados en 2015 foi de 25.992,76 euros, mentres que a retribución bruta promedio das mulleres foi de 20.051,58 euros, segundo a última estimación do Instituto Nacional de Estadística. Conclúese entón que a remuneración bruta media das mulleres asalariadas en 2015 foi un 23% inferior á retribución bruta media dos homes ese ano. Esta diferencia é o que se chama brecha salarial anual. A esta diferencia es a lo que se llama brecha salarial anual. Os economistas subraian que non se ten en conta outras características do traballo, tamén recollidas na Enquisa de Estrutura Salarial, que determinan esa brecha anual. Así, os homes traballan máis en actividades e postos mellor remunerados, o fan máis a menudo a xornada completa, reciben máis complementos ou o seu salario base medra a maior ritmo co paso do tempo”. (Bolaños, 2018)

Machismo: “Un conjunto de creencias, actitudes y conductas que descansan sobre dos ideas básicas: por un lado, la polarización de los sexos, es decir, una contraposición de lo masculino y lo femenino según la cual no sólo son diferentes, sino mutuamente excluyentes; por otro, la superioridad de lo masculino en las áreas consideradas importantes por los hombres.” (Castañeda, 2007, p. 26)

Discriminación: “Toda distinción, exclusión, restricción, ou preferencia baseada en motivos de raza, cor, linaxe ou orixen nacional ou étnica que teña por obxecto ou por resultado anular ou menoscabar o recoñecemento, goce ou exercicio, en condicións de igualdadade, dos dereitos e liberdades.” (Rodríguez, 2007, p. 67)

Legalidade: “o que ten calidade legal, todo o que se someta a unha lei que ten carácter de legalidade. como na propia lei, a legalidade pode entenderse en varios sentidos: legalidade divina, legalidade humana, legalidade natural, legalidade moral”. (Ferrater, 1941, p. 25)

Comunicación: “chegar a compartir algo de nós mesmos. É unha cualidade racional e emocional específica do home que xorde da necesidade de poñerse en contacto cos demais, intercambiando ideas que adquiren sentido ou significación de acordo con experiencias previas comúns”. (Fonseca, 2000, p.4)

REFERENCIAS

Rodríguez Zepeda, J., (2007). Discriminación, igualdad y diferencia política. Comisión de Derechos Humanos del Distrito Federal; México.

Sau, V., (2000). Diccionario ideológico feminista. Icaria; Madrid.

Ferrater Mora, J., (1941). Diccionario de filosofía. Atlante; México.

Fonseca Yerena, M., (2000). Comunicación Oral Fundamentos y Práctica Estratégica. Pearson Educación; México.

Castañeda, M., (2007). El Machismo Invisible. Taurus; México.

Arango Restrepo, M.; Corona-Vargas, E., (2016). Guía para la igualdad de género en las políticas y prácticas de la formación docente. UNESCO. Recuperado de https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000260891

Publicacións


Replantexémolo todo, cambiemos o sistema

Para finalizar a investigación sobre o ODS: Igualdade de Xénero, dende o S2A cremos necesario achegarnos un pouco máis a experiencias persoais, afastándonos da teoría e os datos que tratamos en posts anteriores.  Día a día miles de mulleres que traballan no mundo da comunicación vense afectadas directamente polo sistema patriarcal no que vivimos. Está… Seguir lendo Replantexémolo todo, cambiemos o sistema

«Hai que rebentar co sistema»

Continuamos coa segunda parte do círculo que mantivemos coas nosas colaboradoras. Elas son Lorena Seijo, coordinadora da ONG de comunicación para o cambio social Agareso, Tamara Montero, de La Voz de Galicia e membra de Xornalistas Galegas, e Belén Regueira, membra da xunta de goberno do Colexio Profesional de Xornalistas. Esta vez, falamos dun dos… Seguir lendo «Hai que rebentar co sistema»

«Seguimos a ser a cuota para rechear»

Dende o S2A seguemos a pescudar sobre a situación da muller, agora centrados no que nos compete: a comunicación. Para isto, reunímonos de xeito telemático coas nosas colaboradoras Lorena Seijo, coordinadora da ONG de comunicación para o cambio social Agareso, Tamara Montero, de La Voz de Galicia e membra de Xornalistas Galegas, e Belén Regueira,… Seguir lendo «Seguimos a ser a cuota para rechear»

Igualdade, máis que unha cuestión legal

Unha das metas do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número cinco, Igualdade de xénero, é o de promover novos marcos legais que erradiquen situacións de desigualdade no lugar de traballo e eliminar aquelas prácticas discriminatorias sobre a muller. Para iso, cómpre coñecer de partida cal e a actual lexislación nesta materia e o que é… Seguir lendo Igualdade, máis que unha cuestión legal

Xénero e comunicación

PRESENTACIÓN Fai centos de anos, a igualdade entre homes e mulleres era unha utopía. Na actualidade esta utopía trocou nunha loita que está a gañar terreo fronte as desigualdades e inxustizas. Aínda que xa houbo cambios con respecto á participación das mulleres na sociedade, queda moito camiño por percorrer.  Somos Lucía Blanco (actividades), Diego Cendán… Seguir lendo Xénero e comunicación