Asociacións e firmas convidadas

Colaboradores do Grupo de Transporte 

Asociación Cívica ComposcletaOs membros desta asociación cren na bicicleta coma un medio de mobilidade accesible para todos. Reinvindican condicións seguras para os ciclistas na cidade a través da regulación normativa e as infraestruturas viais. Promoven a bicicleta como medio de transporte urbano e realizan actividades formativas, informativas, lúdicas, culturais, promocionais e divulgativas sobre mobilidade sostible.

Asociación Veciñal As Marías: Grupo de veciños e veciñas composteláns comprometidos coa mellora dos seus barrios. A xuntanza nace no ano 2007 coa inquedanza de construír unha asociación veciñal que a día de hoxe leva a cabo múltiples actividades culturais e tradicionais. Mediante a publicación de A Voz de Abaixo, a asociación informa dos seus avances e proxectos.

VIgalicia :O ideario de Vida Independente pretende cambiar o punto de vista que a sociedade ten sobre as persoas con diversidade funcional, e en especial sobre as que dependen doutros para o normal desenvolvemento da súa vida diaria. Pretendese restituir nestes homes e mulleres a plenitude dos seus dereitos civís, o acceso sen restriccións a distintas opcións de vida e o control absoluto sobre esas opcións

Colaboradores do grupo de desfiuzamentos

Stop Desafiuzamentos Coruña: Trátase dunha asemblea na que se reúnen tanto afectados por desafiuzamentos como persoas que queren axudar e o fan como activistas da plataforma. Estes últimos non sufriron desafiuzamentos pero están concienciados coa causa e queren intentar que a situación mellore. Dende a plataforma fan actos para dar a coñecer o problema, acuden aos desaloxos para intentar paralos así como intentan axudarlles aos afectados a poder atopar un lugar onde vivir despois de ser desafiuzados. Ademais, prestan axuda psicolóxica aos afectados logo de vivir esta traumática situación.

Colaboradores do grupo de Ludopatía 

AGAJA (Asociación Galega de Xogadores Anónimos)  é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu co obxectivo de axudar ás persoas con problemas co xogo e aos seus familiares. Destaca a labor que desenrola no campo da prevención a través de charlas informativas, programas de prevención, pero tamén con actos de carácter máis científico como Congresos e Seminarios. Podemos atopar a súa sede en Vigo, a onde se achega todo aquel que precisa axuda e onde se reúnen semanalmente os afectados.

Juan LamasDirector xeral de AGAJA. Proporcionounos o local da asociación para a reunión e axudounos a contactar cos distintos membros do círculo, ademais de concedernos unha entrevista da que falamos en dous dos posts.

Colaboradores do grupo de comercio xusto 

Panxea: Asociación sen ánimo de lucro, que ten por obxectivo principal difundir e promove-lo comercio xusto e solidario en Galicia entre o Norte e o Sur. Situada nas Galerías da Praza de Galicia, Rúa do Hórreo 9-1, local 3.

A Cesta da Saúde: Tenda de produtos ecolóxicos e xustos directamente do labrego que aposta pola proximidade e por poñer en valor o comercio tradicional galego. Situada en Ramón Cabanillas, 10.

Solidariedade Internacional de Galicia: Organización non Gobernamental de Desenvolvemento galega, de carácter laico, que promove a xustiza social a través de proxectos de cooperación internacional.

Banco de Alimentos Rías Altas(BALRIAL): Único Banco de Alimentos recoñecido por FESBAL para a provincia da Coruña. Dispón de catro almacéns de distribución ubicados na Coruña(2), Santiago de Compostela e Ferrol.

Mercado de Belvís Entre Lusco e Fusco: Mercado de produtos ecolóxicos, locais, de comercio xusto e artesanais no Parque de Belvís, todos os martes de 17 a 21h no inverno e de 18 a 22h no verán.

Colaboradores do grupo de Modelos de cidade 

Mª Cruz Vázquez Veiga, da Asociación Veciñal Ponte Sionlla. Afectada. Presidenta da Asociación de Veciños Ponte Sionlla, parroquia de San Cristovo de Enfesta, zona rural de Santiago. Exerce tamén de secretaría da Federación de Asociacións de Veciños do Rural (Ferusa). Leva moitos anos na asociación reivindicando e tratando de mellorar o medio rural, do que pensa está mal interpretado ou, cando menos, “un pouco esquencido”. Considera que ten un coñecemento “cando menos medio da cidade”,  e especialmente do rural, no que leva vivindo 43 anos. Mestra de primaria agora xubilada, participa no  IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela.

Mª Teresa Barral Ameigeiras, da Asociación Veciñal Brañas de Andrés. Afectada.  Chámase Mª Teresa pero toda a súa xente a coñece como “Tesi”. Nestes momentos é a presidenta da Asociación de Veciños As Brañas de Andrés, que engloba as zonas de Vista Alegre, Pelamios e Salvadas. Dende hai un mes traballa na FUNGA, a Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas. Vive en Santiago dende que naceu: aquí estudou, aquí casou e aquí segue a vivir. Cree que coñece Santiago e que ten as nocións necesarias para analizar a Cidade.

Xulia Guntín, da Asociación Veciñal Sta Marta-Choupana (Vedesma). Afectada.  Profesora no Departamento de Economía Cuantitativa da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, forma parte da nova directiva na Asociación Veciñal Sta Marta-Choupana, que engloba o barrio de Santa Marta, a Avenida de Barcelona e a Choupana. Leva dous anos na asociación pero é a súa presidenta dende hai tres meses. Aporta unha visión dende un barrio complexo, que “creceu recentemente e con pouca dinámica de barrio”.

Luis Matos Espiño, da Asociación Veciñal Doutor Maceira. AfectadoPresidente dende hai moitos anos da Asociación de Veciños Doutor Maceira de Conxo e “vello coñecido” dalgunha das súas compañeiras logo de anos xuntos no movemento veciñal. É funcionario no Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Colaboradores de xornalismo e democracia 

Cuac FM é unha radio comunitaria fundada en xuño de 1995, que traballa fundamentalmente no eido cultural e da comunicación social. Os fins de CUAC -tal e como recollen os seus estatutos- están relacionados coa creación, promoción e execución de todo tipo de actividades culturais, artísticas e recreativas, e en especial aquelas que garden relación cos medios de comunicación.

O Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente), é unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as loitas sociais e culturais da comarca, servíndose para isto de diferentes instrumentos, como son a realización de actividades, exposicións, publicacións, proxeccións, o intercambio de información, cunha actividade principal que actúe de elemento de aglutinante: a radio libre e comunitaria da comarca, Radio Filispim.

Colaboradores de muller no eido laboral 

Ariadna Castro. 19 anos. Activista feminista.

Colaboradores do grupo de discapacidade no eido laboral 

Cogami é a entidade máis representativa de Galicia das persoas con discapacidade física e orgánica. Dentro de Galicia converxen 54 entidades membro de ámbito autonómico, comarcal e local.

Víctor A. García Dopico: Avogado. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, pertencen ao Ilustre Colexio de Avogados de Galicia. A súa relación co tema “Discapacidade no eido laboral” reside na súa limitación visual: a retinose pigmentaria.       

Manuel Santos Lamas: Estudou Ciencias Políticas e da Administración e un Máster en Dirección de Persoal e Xestión Laboral na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente combina diferentes traballos: vocal en COGAMI; xerente de Hornos Lamastelle, un centro especial de emprego membro de Cegasal e director de Avante, centro de día e de recursos para persoas con discapacidade.

Colaboradores do grupo LTBI+

Pablo Francisco Tomé: 18 anos, estudiante de 1° psicología na usc. Bisexual.

Alberto Hernández Platero: Activista LGTBI, futuro historiador. Membro da asociación Ultreia LGTBI e colaborador no Observatorio.

Ana Asunción Canle de Andrés18 anos. As cores azul e amarelo definen a miña vida. Bisexual. Ás veces tamén estudo na USC

Colaboradores no grupo de contaminación dos ríos 

Club Vía Láctea de Senderismo: Agrupación formada por persoas de distintas idades, sexos e procedencias, que nos reunimos con certa frecuencia co fin de disfrutar da natureza mediante a práctica do sendeirismo e o montañismo.

Plataforma pola Recuperación do río Sar: Colectivo que agrupa veciños de Santiago, Ames, rois, Teo, Brión, Dodro e Padrón destinado a conseguir recuperar o lamentable estado no que se atopa o río Sar.

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza): Asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida.

Luís Matos Espiño veciño das zonas afectadas pola contaminación do río Sar e Secretario da Plataforma pola Recuperación do Sar.

Colaboradores do grupo de migración 

Centros socioculturais de Santiago (O Ensanche): É un centro que traballa a prol da dinamización e da participación da cidadanía. Ofertan servizos sociocomunitarios pertencentes ao Concello, así como da fundación Abanca e a Deputación da Coruña. Poñen a disposición dos usuarios un equipamento adaptado ás novas necesidades no ámbito sociocultural.

Colaboradores do grupo sobre as enfermidades mentais 

ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL: Nacida no ano 2010, a asociación Andaina foi creada co obxectivo de dar cobertura a un colectivo esquecido no ámbito rural: o das persoas con enfermidades mentais. Actualmente opera en dúas sedes, en Dodro e en Ordes. Realiza actividades todos os días da semana nas que os asistentes participan activamente. O crecemento da entidade está sendo espectacular, e estanse abrindo a explorar novos horizontes, como o da creación dun centro de emprego.

Daniel Sánchez Pazos: 40 anos, acode cada día á sede de Andaina en Dodro. Diagnosticado con esquizofrenia dende a adolescencia.

Rosa Docabo Sobradelo: De Dodro, sobre 50 anos. Acode diariamente ao local da asociación Andaina. Diagnosticada con trastorno depresivo. Amante do xornalismo e de todo o relacionado co mundo da radio.