APOIO DAS AUTORIDADES

A loita contra a fame gáñase coa unión de múltiples ferramentas. Hai que facer fincapé en todos os factores determinantes, desta maneira pódese obter un mellor resultado. A axuda que aportan as cociñas económicas, os bancos de alimentos, as asociacións como Cruz Vermella… son piares fundamentais para a esperanza de moitas persoas e as súas familias.  A raíz do xurdimento destes grupos de voluntariado, poden … Seguir lendo APOIO DAS AUTORIDADES

GRUPO DE APOIO MUTUO DE A CORUÑA (GAM)

Un pequeno espazo onde xuntos se conseguen grandes resultados A pandemia de Covid-19 xerou situacións de extrema necesidade que non afectaron a todo o mundo por igual. As persoas con ingresos baixos, en risco de exclusión social ou mesmo as persoas maiores e dependentes sufriron unha dobre crise: a sanitaria e a económica. Para dar contexto a todas estas situacións contamos coa participación de Diego … Seguir lendo GRUPO DE APOIO MUTUO DE A CORUÑA (GAM)

Nin libros nin clases presencias: a actual prioridade dos alumnos é o acceso ás novas tecnoloxías

S2D “A ti pódenche dar a mellor cociña do mundo que se non sabes cociñar de aí non vas sacar nada, e iso é un pouco o que está a ocorrer con esta falsa sensación de tecnoloxización que existe actualmente” explica Fernando Lacaci, presidente Confederación ANPAS galegas. A necesidade de cobertura dixital en tempos de crise sanitaria vai moito máis aló de ter ou non ter un ordenador persoal ou … Seguir lendo Nin libros nin clases presencias: a actual prioridade dos alumnos é o acceso ás novas tecnoloxías

BANCO DE ALIMENTOS

Cada proxecto precisa un plan de traballo A situación de fame, xunto coas demais necesidades que poden estar vivindo as familias e os grupos sociais de escasos recursos, repercute de forma claramente negativa no desenvolvemento individual de cada persoa dentro da sociedade. O que se viviu durante os comezos de 2020 ata agora, debido á pandemia, puxo nun maior grao de evidencia que existen incontables … Seguir lendo BANCO DE ALIMENTOS

Para cando a subversión masculina dos coidados?

BELÉN PUÑAL Para rematar a nosa investigación sobre o ODS número cinco, igualdade de xénero, consideramos necesario que a voz experta conclúa esta andaina expresando a súa visión crítica sobre a problemática, sendo esta voz a de Belén Puñal, investigadora en Comunicación e Xénero e directora do Observatorio de Comunicación Cidadá da Universidade Estatal de Milagro (Ecuador). TEXTO DE BELÉN PUÑAL O amor, os afectos, … Seguir lendo Para cando a subversión masculina dos coidados?

O descoñecemento pode acabar coa ensinanza do rural

Mestres, pais e alumnos loitan xuntos para que a ensinanza nas zonas rurais non desapareza “Ojalá todas las familias pudieran optar a tener una escuela unitaria cerca de sus casas” Julia Prados  Para esta última publicación contamos coa participación de Julia, nai de dous nenos que estudaron na escola unitaria de Bemantes; Emilia Naya, directora e profesora na escola unitaria de Bemantes; Carla Casal, ex-alumna … Seguir lendo O descoñecemento pode acabar coa ensinanza do rural

María Xosé Agra, catedrática de Filosofía Política: “Aínda segue custando introducir os estudos feministas como un coñecemento válido na Universidade”

S2B

Actualmente, na Universidade de Santiago de Compostela seguimos atopando situacións absolutamente contrarias entre sí. Por unha banda, temos unha oferta ampla de estudos de xénero (másteres, materias en determinados graos…) e por outra, temos comportamentos e actitudes completamente misóxenas e machistas por parte de determinados profesores da universidade. Quizais estes dous exemplos visibilizan a ollada feminista que comeza a emerxer na universidade e, ó tempo, a persistencia dun pasado machista que debemos erradicar.

Seguir lendo “María Xosé Agra, catedrática de Filosofía Política: “Aínda segue custando introducir os estudos feministas como un coñecemento válido na Universidade””

Violencia de xénero na USC, a exame

S2B

Existen suficientes materias ou obradoiros de concienciación de igualdade? Son as aulas un entorno seguro onde o estudantado poida exercer a súa actividade coa máxima tranquilidade? Existen graos de mozos e graos de mozas? De todo isto falamos neste post coa comunidade universitaria de Santiago de compostela.

Realizouse unha enquisa na que colaboraron 23 persoas e entrevistas en diferentes facultades dos campus universitarios nas que se obtiveron respostas de aproximadamente 20 persoas. Con base nas declaracións dos participantes, sorprende a cantidade de estudantes que non cursaron nin cursarán materias de igualdade. Agora ben, tamén chama a atención o caso dos alumnos de Historia entrevistados, onde todos cursan Mentalidade, Identidades e Xénero da Idade Media (Cultura, Ideoloxía e Institucións)

Seguir lendo “Violencia de xénero na USC, a exame”

Adaptarse para sobrevivir: que pode facer unha unitaria para evitar o peche

Os servizos ofertados por un colexio, sexa unha unitaria ou un CEIP, constitúen unha baza relevante á hora de decidir onde escolarizar ós nenos e nenas. No círculo de lectura celebrado o 29 de abril, no que se trataron diversas cuestións relacionadas coa educación no ámbito rural, saíu á luz o devandito tema. Nesta actividade contamos coa participación de Suso Mosquera, director do CRA Coristanco-Santa … Seguir lendo Adaptarse para sobrevivir: que pode facer unha unitaria para evitar o peche