
A voz dos nosos colaboradores
FREIRE PICÓN E LÓPEZ FERNÁNDEZ
Despois de case tres meses de reunións, charlas e mensaxes cos artistas integrantes do noso círculo, chegou a hora de escoitar as súas valoracións e opinións. O noso elenco de colaboradores estivo integrado por Xoana Almar, muralista de Cestola na Cachola, Pablo Castiñeira, bailarín e xestor de Vella Escola Cultura Urbana, Alicia Groba, cantante, Deiviz Kostoya, pintor e xornalista, Mariña Longa, ilustradora detrás do perfil Queixumes, Elisa Sánchez, cantante e activista, Andrés Toimil, músico, e Ángel Vidal, fotógrafo profesional. Neste vídeo son eles os que xulgan o noso traballo e avalían o proxecto, a experiencia e os resultados do mesmo. Seguir lendo “A voz dos nosos colaboradores”