Equipo de Coordinación

Moi boas! Somos o Equipo de Coordinación do Observatorio Cidadán de Comunicación. A nosa ODS é Alianzas para Conseguir Obxectivos. Traballamos marcando a guía e as liñas a seguir para poder levar a cabo, entre todos os equipos, este proxecto de intervención cidadá nos medios de comunicación. O noso obxectivo é crear un espazo para a crítica, análise e reflexión do enfoque e da temática presentes no discurso mediático.

O Equipo está composto (de esquerda a dereita) por Antón Lucas López (Seminario 3), Silvia Lino (Seminario 1), Isaac Cruz (Edición e Seminario 1), Gabriel López (Coordinador Xeral), Melanie Fernández (Edición e Seminario 2), Amara Fontao (Seminario 2) e Daniel Portela (Edición e Seminario 3).

Glosario

No glosario recollemos as palabras clave para entender con claridade o obxectivo grupal e a metodoloxía coa que o grupo de coordinación dirixe as diferentes actividades do proxecto.

Consenso: Acordo producido por consentimento entre todos os membros dun grupo ou entre varios grupos. A diferenza dun sistema democrático, non existen minorías que acaten a elección dunha masa maioritaria. Non é necesaria a aceptación activa de todos os membros, senón unha aprobación do acordo ao que se chegou, que xeralmente conta con diferentes parámetros que contentan en maior ou menor medida aos participante na decisión.

Real Academia Española (2020). https://dle.rae.es/consenso

Colaboración: Proceso mediante o cal varias personas se asocian para a realización dun traballo ou actividade, repartindo tarefas e roles, prestándose axuda mutuamente, coordinando esforzos, co fin de alcadar o obxectivo previsto. É vital para o proxecto a colaboración activa entre os distintos grupos, potenciando a comunicación, facendo máis dinámicas as interaccións e facilitando a transimisión de información e ideas.

Significados (2015, 25 de agosto) https://www.significados.com/colaboracion/

Cooperación: Conxunto de accións e esforzos que, conxuntamente con outro ou outros individuos, realizamos co obxectivo de alcadar unha meta común. No sentido do noso proxecto, a cooperación é o resultado dunha estratexia de traballo grupal, que se vale dunha serie de métodos para facilitar a consecución dun obxectivo, por exemplo, o traballo en equipo, a distribución de responsabilidades, a delegación de tarefas, as acción cordinadas, etc.

Coelho, F. (2019, 30 de mayo). Significados. https://www.significados.com/cooperacion/

Inclusión: Actitude, tendencia ou política de integrar a todas as persoas na sociedade, co fin de que estas poidan participar e contribuír con ela, beneficiándose no proceso. De forma práctica, intentamos levar a cabo accións que fomenten a inclusión de todos os mebros do proxecto nas actividades programadas. Con isto buscamos a formación dun bloque heteroxéneo pero unido, onde as atitudes de participación e comunicación sexan as prioritarias e as que marquen o curso do proxecto.

Coelho, F. (2019, 17 de mayo). Significados. https://www.significados.com/inclusion/

Supervisión: Inspección do traballo realizada por outra persoa. A persoa encargada de supervisar, atópase nunha situación xerárquica de superioridade. Dentro do proxecto, os cordinadores de cada grupo actuarán como unha figura revisora dos diferentes elementos que se vaian completando.

Incentivos: Estímulos que propician a realización de condutas motivadas pola obtención dunha futura recompensa. É importante a creación de estímulos apropiados para que os membros que conforman o proxecto teñan un obxectivo común que xa de por si propicie o traballo grupal e organizado, non dependendo exclusivamente este apartado da comunicación voluntaria entre eles.

Definición.de (2020). https://definicion.de/supervision/

Motivación: Os psicólogos definen a motivación como a necesidade ou o desexo que activa e dirixe o noso comportamento. Esta actitude atópase estritamente relacionada cos incentivos. Dende os diferentes puntos xerárquicos, débense ofrecer os incentivos correctos para conseguir a mellor motivación posible dentro dos grupos de traballo. O obxectivo principal é o alcance dunha participación activa, fundamentada nunha motivación intrínseca, é decir, ligada ao interés que propiamente mostran os membros ante un propósito que realmente lles atrae.

Licenciatura de Humanidades Universidad de Alicante. Psicología básica.(2007,p.4) https://bit.ly/2vAfgh5

Estabilidade: Situación que se dá cando os elementos que compoñen o círculo de traballo manteñen un equilibrio ao longo do tempo. Débese traballar polo tanto na rápida resolución de problemas, sen permitir que estos se extendan e na sutil realización de cambios e novas introducións, de maneira que non representen un evento drástico, senón unha transición dentro do proxecto. Tamén englobamos dentro da estabilidade, a propia saúde emocional de todos os colaboradores, sendo vital para un posterior desenvolvemento axeitado dunha relación comunicativa plena.

Definición.de (2020). https://definicion.de/estabilidad/

Team Building: Trátase de organizar actividades para fomentar o traballo en equipo e a cohesión entre os traballadores, co obxectivo de mellorar a cordinación entre eles e a relación coa empresa. As metas do team building céntranse na mellora da comunicación persoal entre os traballadores, fomentar unha atitude positiva entre eles e especialmente, incrementar o sentimento de pertenencia á empresa ou organización.

Workmeter.com (2018, 14 de septiembre). https://bit.ly/2Imx2qP

Estrés académico: O estrés académico é a reacción normal que temos frente as diversas esixencias e demandas ás que nos enfrentamos na universidade, tales como probas, exames, traballos, presentacións, etc. Esta reacción actívamos e movilízanos para responder con eficacia e conseguir metas e obxectivos. Porén, en ocasións, podemos ter demasiadas esixencias ao mesmo tempo, o que pode agudizar a resposta e diminuir o noso rendemento, alén das repercusións que pode causar na nosa saúde física e mental.

Universidad de Chile (2020). Reconocer,prevenir y curar el estrés académico. https://bit.ly/32TbifF

Inserción laboral: Básase na promoción e creación de novos postos de traballo para a xente que ten dificultades para atopar emprego mediante o acceso normativo. Por outra parte, o ámbito máis destacable desta acción, é a inserción socio-laboral, que se basa na inclusión dos colectivos minorizados que se atopan nas situacións máis desfavorables.

Universidad Internacional de Valencia (2017, 12 de junio). Inserción socio-laboral: más allá de la integración laboral, una herramienta imprescindible para la sociedad.  https://bit.ly/2IqjYAB

Precariedade: Dentro do ámbito de traballo, consideramos como precarias aquelas situacións nas que o traballador se atopa falto das seguridades e garantías mínimas para desenvolver a súa tarefa en plenas facultades. Esta condición pode darse pola falta de pagos, ou pode incluso non chegar a ter que ver cas ganancias, senón que pode vir en forma de horas extra, malos tratos, etc.

Definición.de (2020). https://definicion.de/precariedad/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.