Abrindo novas portas

EIRAS LAMAS

Un proxecto, sexa do tipo que sexa, ten que ter sempre unha fin, un obxectivo, e loitar por el ao longo de todo o proceso de traballo. Iso é o que pretendiamos coa análise dos medios de comunicación: establecer unha perspectiva crítica sobre como tratan ao colectivo LGTBI e como este se desenvolve neles. Seguir lendo “Abrindo novas portas”

O dano invisible dos estereotipos

BLANCO PRADA

Facultade de Dereito da USC

Estereotipo, termo de orixe grega composto por dúas palabras: “sólido” e “impresión ou molde”. Que impresións seguen vixentes sobre o colectivo LGTBI na actualidade? Preguntámoslle á mocidade sobre estos prexuízos. Moitas respostas rezaban “están enfermos”, outras, “son antinaturais”. Seguir lendo “O dano invisible dos estereotipos”

Son realmente necesarias as etiquetas?

CASTRO FRANCO

Facultade de Dereito da USC

A RAE define pansexualismo como “tendencia a atopar en toda conduta unha motivación sexual”. Outros moitos termos relacionados co colectivo LGTBI non aparecen nin neste dicionario nin na RAG, ou de aparecer, a súa definición non se axusta á realidade, como se pode observar no caso anterior. Con semellante falta de información, Ian Gundín, estudante de Filosofía, teno claro: “Sempre temos unha constante de poñer etiquetas e non sabemos que significan”. Seguir lendo “Son realmente necesarias as etiquetas?”

As grandes barreiras do colectivo LGTBI

EIRAS LAMAS

Facultade de Dereito da USC

O colectivo LGTBI nos medios de comunicación é aínda unha tarefa pendente. Isabel Quintairos, ex-xornalista da COPE, conta a súa experiencia: “Teño a primeira sentenza xudicial do Estado español que outorga o despido nulo por cuestións de discriminación de índole política e sexual”, e critica a pouca visibilidade que se lle deu nos medios, xa que saíu “nalgún xornal, en ningún telexornal e en ningunha cadea nacional. Cero. Algo fóra de Galicia, en Galicia nada”. Seguir lendo “As grandes barreiras do colectivo LGTBI”

Temos os xornalistas o suficiente coñecemento sobre sexualidade?

BERNARDO VIVERO

Facultade de Dereito da USC

Na sociedade da información a educación sexual non só é escasa, senón que está mal impartida. “A principal fonte de educación sexual que temos ao longo da vida é o porno”, un apuntamento relevante feito por Cinthia Ermitas, membro de Avante LGTBI. Ao xeito, Ian Gundín engade a súa experiencia: “A única charla que tiven no meu instituto foi unha impartida por creo que unhas rapazas que eran membros do Opus Dei”.

Seguir lendo “Temos os xornalistas o suficiente coñecemento sobre sexualidade?”