S1A LGTBI

S1A

Nós somos o grupo que analizará como é o tratamento do colectivo LGTBI nos medios de comunicación. De esquerda a dereita na fotografía, somos: Lucía Eiras (Acción), Daniel Bernardo (Coordinación e Deseño), Ángela Bellón (Axenda), Fátima Castro (Edición), Marila Deus (Difusión) e Raquel Blanco (Diálogo).

WhatsApp Image 2019-02-09 at 22.11.37.jpeg

O noso obxectivo é tratar este asunto desde varios puntos de vista, cubrindo toda a diversidade que ten este colectivo. Hai membros, como os transexuais ou os intersexuais, que aínda sofren de graves estigmas, tratámolos correctamente nos medios? É Galiza unha comunidade LGTBIfriendly? Temos os galegos unha boa educación sexual? Son algunhas das cuestións que se nos veñen á cabeza cando falamos deste tema.

Asemade, tamén queremos relacionar as problemáticas do colectivo LGTBI con outras, como é a causa feminista ou o emprego da linguaxe inclusiva nos medios de comunicación.

As nosas palabras clave son: discriminación – comunicación – homofobia – queer – dereitos – identidade – sexualidade.

Un comentario en “S1A LGTBI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.