S1D Ensino

S1D

Ola! Somos -de arriba a abaixo e de esquerda a dereita- Juan Manuel Pérez Pedrouzo (edición), Iria Souto Iglesias (coordinadora e deseño), Roberto González López (acción), Clara Maseda da Veiga (difusión), Carlota Lázaro Silva (axenda) e Nuria López Vázquez (diálogo). A temática que desenvolverá o noso grupo de traballo tratará da situación do ensino galego a través dos medios.

WhatsApp Image 2019-02-09 at 21.57.56

Como partícipes do ensino galego durante a maior parte da nosa vida, gustaríanos afondar nos diferentes problemas que o envolven. Por seren estudantes de xornalismo, non podemos deixar de lado o papel que desenvolven os medios neste aspecto. A través do seu tratamento informativo procuraremos as cuestións que preocupan aos principais compoñentes do ensino galego. Cremos necesario indagar nos diferentes modelos de educación: pública, privada e de necesidades educativas especiais. Ver en que aspectos converxen e difiren estas tres vertentes axudarannos a mostrar compoñentes do ensino que non se adoitan ver nos medios. Profundaremos na reforma educativa, nos problemas de acoso escolar, nos diferentes modelos de aprendizaxe ou na visión dos pais e do alumnado. Unha denuncia a todas as carencias que non se publican nos medios, pero tamén un enaltecemento daquilo que se está tentando facer para mellorar o ensino.

As nosas palabras clave son: sistema educativo – ensino público – ensino privado – pedagoxía – altas capacidades – diversidade funcional – educación especializada – necesidades educativas – acoso escolar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.