Paz, xustiza e institucións sólidas (S3C)

Ola, somos o grupo encargado de tratar a ODS número 16 referida a Paz, Xustiza e Institucións Sólidas. Este grupo está formado por Sabrina Pérez (editora), Vanesa Pérez (actividades), Adriana Quesada (editora), Adrián Valiño (difusión) e Sara Vera (coordinadora). 

A maior parte das personas pensamos nas institucións xurídicas como os lugares onde debe ser impartida a xustiza de forma indiscriminada, pero isto as veces está lonxe de realidade. As persoas migrantes reciben tratos inxustos en moitos servizos polo simple feito de vir dun lugar ou cultura diferente chegando a ser degradados sen motivo pola xustiza, os medios de comunicación e, incluso, a sanidade. Isto fai que as persoas migrantes teñan dificultades para levar unha vida normal en Galiza e sexan discriminadas por algúns sectores sociais que os perciben como “ladróns” ou “delicuentes”. Esta situación cara eles debe facernos reflexionar sobre a vida da nosa comunidade, da cal fuxiron miles de personas cara Latinoamérica durante a guerra e a ditadura en busca do mesmo que queren os que veñen aquí: unha mellor vida. 

GLOSARIO

Aculturación: adopción progresiva de elementos dunha cultura estranxeira por persoas, grupos ou clases dunha cultura determinada. A adaptación parcial ou total é o resultado de contactos e interaccións entre diferentes culturas a través da migración e das relacións comerciais. https://publications.iom.int/bookstore/free/iml_7_sp.pdf

Control Sanitario: No contexto da migración, é a función de reducir e encamiñar adecuadamente o impacto que ten a saúde pública a mobilidade da poboación nos países receptores, así como de facilitar a integración dos migrantes a través da orientación e o manexo do custe efectivo das condicións de saúde e da documentación médica. O control sanitario antes da partida serve para promover a saúde dos migrantes asistidos, dándolles a oportunidade de iniciar tratamentos curativos ou preventivos de condicións que, se os deixasan de tratar, poderían ter un impacto negativo no estado de saúde do migrante e/ou da súde pública das comunidades receptoras. https://publications.iom.int/bookstore/free/iml_7_sp.pdf

Dereitos laborais:  é o conxunto de normas dictadas coa finalidade de regular as relacións laborais que se establecen nun determinado páis. O obxectivo principal do dereito laboral consiste en defender os intereses do traballador e protexelo daquelas circunstancias que poidan chegar a prexudicalo. O cal implica varias accións como, por exemplo:

  • Regular os dereitos e deberes tantos dos empregados como do empregador;
  • Regular todos aqueles aspectos vinculados coa relación laboral como o soldo, as horas de traballo, os tipos de contratos, os despidos e demais;

Integración: Refírese ó proceso bidireccional de adaptación mutua entre os migrantes e as sociedades nas que conviven. Conleva a consideración dos dereitos e as obrigas dos migrantes e as sociedades dos países de destino, do acceso a diferentes tipos de servizos e ó mercado laboral, e do recoñecemento e o respecto do conxunto esencial de valores que estreitan os lazos entre os migrantes e as comunidades receptoras co obxectivo dun propósito común (OIM, 2011). Adquiriu relevancia no panorama mundial coa chegada da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible  na que se fai un chamamento a “non deixar a ningúen atrás”.  https://migrationdataportal.org/es/themes/integracion-de-los-migrantes

Institución: elemento estrutural esencial do ordenamento xurídico ou da ordenación política e social. No primeiro sentido, por exemplo, son institucións a lei e o regramento, a derrogación e a retroactividade. No segundo sentido, o matrimonio, a propiedade, a herdanza, un ministerio, un concello, a monarquía ou a Universidade. https://dpej.rae.es/lema/instituci%C3%B3n

Legalidade xurídica: emprégase para calificar aquelo ordenado pola lei ou que resulta conforme ás súas disposicións. O termo tamén se utiliza con referencia ó que está vinculado ó dereito ou ás leis. https://hayderecho.expansion.com/2020/02/15/legalidad-y-legitimidad-juridica-la-equidad-como-punto-de-encuentro/

Migrante: Segundo elaborou a OIM, toda persoa que se traslada fóra do seu lugar de residencia habitual, xa sexa dentro dun país ou a través dunha fronteira internacional, de xeito temporal ou permanente, ou por diversas razóns. Este termo comprende unha serie de categorías xurídicas ben definidas: os traballadores migrantes; as persoas cuxa forma particular de traslado está xurídicamente definida, como os migrantes obxecto de tráfico; así como as persoas cuxa situación ou medio de traslado non estean expresamente definidos no dereito internacional, como os estudantes internacionais. https://www.iom.int/es/quien-es-un-migrante

Políticas de Inclusión: as políticas de inclusión deben contar coa participación organizada, informada e en igualdade de condicións respecto á participación nas decisións, dos sectores grupos ou persoas involucrados. Significa transformar as relacións para darlle máis poder real ós sectores, grupos ou persoas involucradas. No plano individual, deben basearse na realización persoal, como criterio ético-social, antes que na adaptación social. https://revistas.uv.cl/index.php/rcs/article/view/927

Inclusión social: a UE define a inclusión social coma un “proceso que asegura que aquelas personas que están en risco de pobreza e exclusión social, teñan as oportunidades e recursos necesarios para participar completamente na vida económica, social e cultural desfrutando dun nivel de vida e benestar que se considere normal na sociedade na que viven”. Pon énfase no dereito das persoas de “ter unha vida asociada sendo un membro dunha comunidade”. As fronteiras da exclusión son amplas e diversas: dende a exclusión por acceso a recursos económicos, pobreza, ata a exclusión por ser de certa nacionalidade, raza ou etnia.  http://www.andaluciasolidaria.org/que-hacemos/inclusion-social

Refuxiado: os refuxiados son personas que foxen de conflictos armados ou persecución. A finais de 2015, había 21,3 millóns de refuxiados no mundo. A miúdo, a súa situación e tan perigosa e intolerable, que cruzan fronteiras nacionais en busca de seguridade en países que están preto e, así, ser recoñecidos internacionalmente como “refuxiados”, con asistencia dos estados, o ACNUR e outras organizacións. Eles son recoñecidos precisamente porque é demasiado perigoso para eles regresar a casa, e necesitan asilo noutros lugares. Son persoas ás que negarlles o asilo pode traerlles consecuencias mortais.  https://www.acnur.org/noticias/noticia/2016/7/5b9008e74/refugiado-o-migrante-cual-es-el-termino-correcto.html

Migración irregular: movemento de persoas que ten lugar á marxe da lei, das regulacións ou acordos internacionais dos gobernos que rixen a entrada e saída do Estado de orixe, tránsito e destino. https://www.iom.int/key-migration-terms

Publicacións

A transformación da migración no tempo

A través de distintas testemuñas facemos un percorrido para ver como mudou co tempo o concepto de migración Durante o século XX moitas familias galegas emigraron a Latinoamérica en busca de mellores condicións de vida. Era tal a afluencia de xente que chegaba dende Galiza que alí refírense a tódolos españois como galegos. José Ferradás… Seguir lendo A transformación da migración no tempo

Cales son as posibles solucións para mellorar a situación das persoas migrantes?

“A maior parte dos comportamentos discriminatorios que eu recibín foron na adolescencia, polo que penso que son conductas que veñen da nenez” declara Teresa (pseudónimo) Ao longo das últimas publicacións os testemuños das nosas fontes evidenciaron que as persoas migrantes sofren distintos problemas que afectan a súa inclusión. Xeralmente cando falamos dun problema, pensamos en… Seguir lendo Cales son as posibles solucións para mellorar a situación das persoas migrantes?

Que papel xogan os medios de comunicación na integración das persoas migrantes?

“Nosa sociedade cada vez é máis heteroxénea e parece que algúns medios de comunicación non son capaces de adaptarse a esta realidade”, sentencia Teresa (pseudónimo), que emigrou de Honduras ós 15 anos.  Os procesos de migración no noso territorio veñen de lonxe e os fluxos de persoas sempre foron obxecto de noticia.  Non obstante, dependendo… Seguir lendo Que papel xogan os medios de comunicación na integración das persoas migrantes?

A cultura, unha materia pendente na adaptación dos procesos migratorios

“Eu non son consciente do que sentiron os meus pais cando abandonaron o país en busca de novas oportunidades porque nacín en México, pero o certo é que o meu pai era un home de tradición e fixo todo o posible para que eu non me esquecera de que era española”, relata María del Carmen… Seguir lendo A cultura, unha materia pendente na adaptación dos procesos migratorios