S2B Muller e Comunicación

S2B

Ola! Somos Nuria González (coordinación e deseño), Miriam García (axenda), Marcos Ferrín (difusión), Ánxela Jorge (edición), Alejandra García (acción) e Amanda Fernández (diálogo) e imos abordar a muller e a súa incidencia nos medios de comunicación. Pretendemos afondar sobre o seu papel atendendo a unha tripla vertente: a figura da muller como movemento político e construtora social, o espazo ofertado dentro dos diversos espazos temáticos da información (deportes, sociedade, cultura, prensa rosa…) e o tratamento que reciben coma protagonistas da información (titulares discriminatorios, contidos…).

WhatsApp Image 2019-02-09 at 22.57.58
Partimos dunha situación na que a prensa comeza a estar sensibilizada coa igualdade de xénero. Aínda así, non asume un posicionamento claro respecto da loita feminista. Existen problemas patentes relacionados coa muller: o tratamento do tema nos distintos xornais e a súa vertebración, relegada a seccións minoritarias, ou a perspectiva dende a que se escriben as noticias, marcadas polos prexuízos (descricións físicas das mulleres que son obxecto da información, sexualización das nenas, estereotipos degradantes e frases condescendentes).

En conclusión, tentaremos descubrir o papel político da muller na prensa, superando ideas preestablecidas con novos argumentos e novas vías de estudo, afondando na problemática. Procuramos axudar a crear unha maior concienciación sobre igualdade de xénero nos profesionais dos medios de comunicación e contribuír de xeito importante a mellorar a nosa perspectiva coma futuros comunicadores.

Algunhas das nosas palabras clave son: feminismo – xornalismo – medios de comunicación – igualdade de xénero – tratamento informativo – discriminación – muller.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.