Os nosos colaboradores opinan sobre o traballo realizado

S1D

Levamos uns meses traballando sobre o ensino, un tema que nos interesa a todos. Os nosos colaboradores axudáronnos a discutir a súa presenza e o seu tratamento nos medios. Despois de tres reunións e de realizar a acción do noso grupo, reunímonos con eles unha vez máis para preguntarlles a súa opinión sobre o proxecto e sobre o noso traballo. Seguir lendo “Os nosos colaboradores opinan sobre o traballo realizado”

Afondando no sistema educativo

S1D

Libraría Lila de Lilith

A segunda reunión do círculo tamén tocou a situación na que se atopan os docentes ao teren que cumprir coas directrices do sistema educativo. Así, xurdiron debates sobre a liberdade da que dispoñen para innovar fronte as metas que deben acadar seguindo o currículum, e sobre se os mestres deben dedicar parte do seu tempo libre a continuar a súa formación (Galicia Press, 15-03-2019). Seguir lendo “Afondando no sistema educativo”

A innovación no ensino

S1D

Libraría Couceiro

Na primeira reunión, os colaboradores do círculo tamén deron a súa opinión sobre métodos de ensinanza innovadores (La Verdad, 10-02-2019). Fartos de que nos medios de comunicación sempre se traten os mesmos temas (El Ideal Gallego, 15-02-2019), compartiron algúns exemplos doutras formas de ensinar (The Huffington Post, 29-06-2017) que saen do establecido. Así, amosaron o seu desexo de que estes métodos teñan o seu oco nos medios. Seguir lendo “A innovación no ensino”