Accesibilidade na educación (S1E)

Nós somos o grupo que analizará a situación das persoas con diversidade funcional no sistema educativo. De esquerda a dereita na fotografía somos: Carmen Villaverde, Xoán Domínguez, Gabriela Rodríguez e Xoel Rodríguez; e na parte baixa, Iria Peniza e Jorge Noya.

Foto de grupo. De esquerda a dereita: Carmen Villaverde, Xoán Domínguez, Gabriela Rodríguez e Xoel Rodríguez; e na parte baixa, Iria Peniza e Jorge Noya

O noso obxectivo é tratar este asunto desde diferentes perspectivas, cubrindo parte da enorme diversidade deste colectivo. Diferenciando entre as persoas con diversidade funcional física e intelectual, estudaremos cales son os estigamas que sofren no día a día e as formas de discriminación que padecen. Así mesmo, preguntámonos se o sistema educativo vixente está a axudar e en que medida na inclusión destas persoas na sociedade galega.

Están adaptados os centros de ensino para as persoas con diversidade funcional? Existe o suficiente profesorado formado neste eido? Hai os suficientes recursos para impartir unha educación de calidade a estas persoas? Estas son as primeiras preguntas que nos xorden á hora de tratar este tema e que poñeremos sobre a mesa nos vindeiros meses.

As nosas palabras clave son: accesibilidade, atención temperá, discapacidade, discapacidade intelectual, doenza rara, educación especial, educación inclusiva, educación combinada,  integración e inclusión.

GLOSARIO

Accesibilidade: Calidade dunha cousa que se pode usar con facilidade ou dun espazo ao que se pode acceder facilmente, é unha condición que deben cumplir os entornos, procesos, bens, produtos e servizos, así como os obxectos, instrumentos, ferramentas e dispositivos, para ser comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e natural posible. (Definición de Plena Inclusión e do Observatorio de Accesbilidade e Vida Independiente)

Atención temperá: conxunto de accións destinadas ás crianzas entre os 0 e os 6 anos e tamén ás súas familias e entorno co obxectivo de responder o máis cedo posible ás necesidades que presentan as crianzas con trastornos no seu desenvolvemento ou que están en risco de pacedelos. Deben estar supervisadas por profesionais do campo e son chave para o desenvolvemento das persoas. (Def. de Plena Inclusión e Red de Salud de Cuba).

Discapacidade: Abarca as deficiencias, as limitacións da actividade e as restricións da participación. As deficiencias son problemas que afectan a unha estrutura ou función corporal; as limitacións da actividade son dificultades para executar accións ou tarefas, e as restricións da participación son problemas para participar en situacións vitais. Polo tanto, a discapacidade é un fenómeno complexo que reflicte unha interacción entre as características do organismo humano e as características da sociedade na que vive. (Definición da OMS)

Discapacidade intelectual: Termo empregado para definir a aquelas persoas que teñen algunhas limitacións para funcionar na súa vida diaria: cústalles máis que aos demais aprender, comprender e comunicarse e aprender habilidades sociais e intelectuais para actuar en diferentes situacións. A discapacidade intelectual depende tanto da propia persoa como das barreiras ou obstáculos que ten ao redor, na súa contorna. Aparece antes dos 18 anos e xeralmente é permanente, é dicir, para toda a vida, e ten un impacto importante na vida da persoa e da súa familia. (Definición de Plena Inclusión)

Doenza rara: tamén coñecidas como doenzas pouco frecuentes, son aquelas que teñen unha baixa prevalencia na poboación. Para ser considerada como rara, cada enfermidade específica só pode afectar a un número limitado de persoas. Concretamente cando afecta a menos de 5 de cada 10000 habitantes. Estas patoloxías afectan, segundo a OMS, ao 7% da poboación mundial. Definición: https://enfermedades-raras.org/index.php/enfermedades-raras 

Educación especial: modalidade educativa dirixida ao alumnado con necesidades de apoio intensas debido a difucultades físicas, sensoriais, intelectuais e/ou do desenvolvemento. (definición Plena Inclusión)

Educación inclusiva: sistema educativo baseado na atención á diversidade das crianzas, desenvolvendo accións para responder ás diferentes necesidades do estudantado. Relacionado coas persoas con diversidade funcional, o termo responde ao feito de incluir a estas persoas nas escolas convencionais. É dicir, que todo o estudantado estude xunto independentemente das súas características ou necesidades.  (def. da ONU, Plena Inclusión)

Educación combinada: Consiste na escolarización simultánea do alumnado con necesidades educativas especiais a un Centro de Educación Especial e a un Centro Ordinario. A frecuencia de asistencia a cada un varía en función das necesidades de cada caso. A finalidade é contribuir ao desenvolvemento das competencias básicas de autonomía, comunicación e socialización, e a mellora das súas habilidades adaptativas e da súa calidade de vida cun modelo educativo o máis normalizado e inclusivo posible. (Definición de Educastur e da Resolución sobre a Escolarización Combinada de Castela e León)

Integración: É un fenómeno complexo que se produce como consecuencia da adaptación do individuo ao medio e á interacción entre ambos. Algúns autores prefiren denominar a este proceso como asimilación, para referirse á adaptación dos individuos a unha determinada xerarquía de normas sociais. (Definición de www.plenainclusión.org e da Revista EspacioLogopédico).


Inclusión: Situación na que unha persoa goza dos mesmos dereitos que calquera cidadán e participa na sociedade porque está e se sinte dentro dela. No contexto educativo, é o proceso de identificar e responder á diversidade das necesidades de todos os estudantes, reducindo a exclusión. (Definición de www.plenainclusión.org e UNESCO).

Publicacións

A discapacidade na educación: o camiño cara a inclusión

Grupo S1E A inclusión das persoas con discapacidade no sistema educativo é esencial para acadar as metas que se propón a ONU cara o 2030 no eido da educación de calidade. Neste sentido, partimos da base de que as diferentes barreiras coas que se atopan as persoas con discapacidade intelectual e as persoas con discapacidade… Seguir lendo A discapacidade na educación: o camiño cara a inclusión

O camiño cara o eido laboral, outro obstáculo para as persoas con discapacidade

S1E Logo de analizar os principais obstáculos aos que se enfrontan as persoas con discapacidade física e intelectual na etapa educativa e de achegarnos ao labor das asociacións, hoxe queremos centrarnos en como se orienta ás persoas con discapacidade de cara á súa inclusión no mundo laboral. Facémolo compartindo a voz de Patricia Veiga, Susana… Seguir lendo O camiño cara o eido laboral, outro obstáculo para as persoas con discapacidade

A educación obrigatoria nas persoas con discapacidade: os retos de cada etapa

Grupo S1E A escolarización dos rapaces e rapazas e a transición entre etapas educativas supón un reto para calquera familia pero, para as persoas con discapacidade, as dificultades son aínda maiores. Rita Iglesias, nai de Ana María, quen padece a doenza rara de Lejeune, tivo que formarse pouco a pouco para afrontar a educación e… Seguir lendo A educación obrigatoria nas persoas con discapacidade: os retos de cada etapa

Avanzar na educación inclusiva, materia pendente do sistema educativo

Grupo S1E Cando se fala do alumnado con discapacidade, o principal debate aberto é o que xira en torno á educación especial. Débese camiñar cara unha educación inclusiva que permita a convivencia destas persoas co resto do alumnado? A ONU, na súa Axenda 2030, pide que “as instalacións educativas teñan en conta as necesidades das… Seguir lendo Avanzar na educación inclusiva, materia pendente do sistema educativo

A intelixencia emocional, clave na educación das persoas con discapacidade

GRUPO S1E Unha das grandes carencias do sistema educativo é a falta de educación emocional ao longo das etapas do mesmo, un aspecto de grande importancia para o alumnado en xeral e, en particular, para o alumnado con discapacidade. Garantir o acceso das persoas con discapacidade á educación emocional supón unha necesidade importante para autorgar… Seguir lendo A intelixencia emocional, clave na educación das persoas con discapacidade

MAPA: a accesibilidade no Campus Sur

A USC, no seu protocolo de atención a persoas con discapacidade, establece varias recomendacións para adaptar os espazos ao alumnado con discapacidade. Desta volta, percorremos varias facultades do Campus Sur para comprobar de primeira man cales son as principais eivas neste sentido tendo en conta que este é un problema global que afecta non só… Seguir lendo MAPA: a accesibilidade no Campus Sur

MAPA: a accesibilidade nos Campus Histórico e Norte

S1E No ano 2019, a Universidade de Santiago de Compostela, COGAMI e representantes do Concello de Santiago reuníanse para anunciar o inicio dos traballos para a mellora da accesibilidade nos Campus da institución. Nesta ocasión, visitamos facultades do casco histórico e do Campus Norte para comprobar cal é a situación actual e como se está… Seguir lendo MAPA: a accesibilidade nos Campus Histórico e Norte