Contaminación

En 2015, a Organización das Naciones Unidas, máis coñecida como a ONU, aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sostible, creando así os 17 ODS sobre os que traballará o Observatorio Cidadán. O noso grupo tratará o tema número 13 dos ODS: Acción polo clima. Somos Maite Bermejo (actividades), Silvia Penelas (axenda), Belén Rodríguez (editora e coordinadora), Pablo Sanmartín (difusión), María Varela (mantemento) e Nicolás Vázquez (documentación).

De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: Silvia Penelas, Belén Rodríguez, Maite Bermejo, Pablo Sanmartín, Nicolás Vázquez e María Varela

PARA TODOS OS PÚBLICOS

Porque os problemas do noso planeta non entenden de idades. Debemos concienciar aos nosos cidadáns da necesidade de actuar xa e da importancia das pequenas accións a nivel individual e colectivo. Está claro que se non hai accións por parte dos Gobernos e das grandes corporacións, non conseguiremos un cambio estrutural, pero nas mans da sociedade está reclamar o que non se está facendo ben e tomar á acción para que se leven a cabo medidas que si sexan efectivas. Por este motivo non limitaremos o rango de idade ao que nos imos dirixir, porque as propostas para os máis pequenos poden server para concienciar aos máis maiores e viceversa.

As nosas actividades estarán centradas en informar sobre as emisións de CO2 e contaminación na nosa cidade, Santiago de Compostela. Isto levaranos a investigar as causas e consecuencias destes fenómenos directamente relacionados co cambio climático. Tamén estudiaremos a evolución do clima en Santiago e como este afecta á saúde e á calidade de vida dos cidadáns.

Para poder realizar todo o dito anteriormente, contaremos cunha serie de contactos que participan activamente na defensa do planeta. Así mesmo, crearemos un círculo de profesionais do sector que nos proporcionará datos e diferentes perspectivas sobre a cuestión climática en Compostela para poder contrastar a información que recibiremos.

ASPECTOS A TRABALLAR

– Como abordar un consumo responsable para reducir as nosas emisións de CO2 á atmosfera.

– Estudar as consecuencias que ten esta falta de consumo responsable así como as posibles solucións para estes problemas (situación do río Sar, calidade do aire que respiramos na cidade, variación do clima nos últimos anos, etc).

– Investigar se os métodos empregados actualmente para a xestión de residuos son aptos ou poderían mellorarse así como recabar datos respecto a xeración de basura nas cidades, neste caso en Santiago de Compostela.

– Falar con asociacións de carácter local relacionadas có cambio climático e co ecoloxismo para coñecer os seus principios e as súas actividades dende dentro, así como Fridays For Future ou Greenpeace e dar a coñecer o seu traballo para que máis xente se una aos seus actos.

Todas estas propostas estará acompañadas por recomendacións e consellos para que o noso público teña mallor concienciación e poda mudar comportamenos perxudiciais para o planeta.

Glosario


CAMBIO CLIMÁTICO: cambio do clima atribuído directa ou indirectamente á actividade humana que altera a composición da atmosfera mundial e que se suma á variabilidade natural do clima observada durante períodos de tempo comparables. Algúns impactos do cambio climático xa son perceptibles é o reflexan datos como os seguintes: a temperatura mundial aumentou 1,1°C dende a era preindustrial, así como nos últimos cinco anos tasa de subida de nivel do mar aumentou 5mm.

Cambio climático. (s.f). Recuperado el 3 de marzo de 2020, de Greenpeace: https://es.greenpeace.org/es/trabajamos-en/cambio-climatico/ e Cambio climático. (s.f). Recuperado el 3 de marzo de 2020, de IDEAM – Instituto de Hidrología, Meteorología y Estudios Ambientales: http://www.ideam.gov.co/web/atencion-y-participacion-ciudadana/cambio-climatico

MEDIOAMBIENTE: o medio ambiente é, segundo a RAE, un conxunto de compoñentes físicos, químicos, e biolóxicos externos cos que interactúan os seres vivos. Sendo máis directos, é o mundo tanto natural coma artificial que nos rodea a todos. O medio ambiente existe sen necesidade do ser humano e a nosa pegada está provocando que pouco a pouco vaia variando e empeorando a súa calidade óptima.

Diccionario del español jurídico. (s.f). Recuperado el 3 de marzo del 2020, de RAE – Real Academia Española: https://dej.rae.es/lema/medioambiente

ACTIVISMO SOCIAL: a palabra activismo é aquela que se utiliza para facer referencia ao acto mediante o cal un grupo de persoas protesta en contra ou a favor de algo. Falamos sempre de formas organizadas de protesta ou reclamo que poden variar nas súas esixencias así como tamén nos medios utilizados para protestar. O activismo social ou político é un fenómeno relativamente recente na Historia Mundial xa que podemos dicir que o mesmo xorde concientemente no século XIX coas primeiras formas de protesta laboral. Este activismo diferénciase doutras formas de protesta como revoltas xa que supón certa organización, planificación e un determinado obxectivo que lograr, xa sexa este simplemente visibilizar unha situación ou un descontento como tamén transformar a realidade de maneira directa e inmediata.

Bembibre, Cecilia. (Diciembre de 2013). Definición de activismo. Recuperado el 3 de marzo de 2020, de Definición ABC: https://www.definicionabc.com/social/activismo.php

IMPACTO AMBIENTAL: cando o ser humano fai alteracións no orde natural habitual produce certos efectos que se consideran nocivos para o medio ambiente. Este impacto ambiental lévase dando dende sempre para producir bens e servizos tendo distintas consecuencias como contaminación, desertificación, perda de biodiversidade… Tamén hai impactos que poden ser beneficiosos para o medio ambiente (por exemplo a forestación), aínda que polo xeral suelen ter un trasfondo negativo a longo plazo para o planeta.

Zita, Ana. (18 de marzo de 2019). Impacto ambiental. Recuperado el 3 de marzo de 2020, de TodaMateria: https://www.todamateria.com/impacto-ambiental/

CONTAMINACIÓN: é a presencia de substancias nocivas no medio ambiente que supoñan problema para os seres vivos. Estes compoñentes nocivos poden ser tanto químicos, físicos como biolóxicos e ser causada por un impacto ambiental(o máis habitual) ou por acción da propia natureza. A contaminación provoca múltiples problemas ao planeta, entre eles o cambio climático, o quecemento global ou a perda de especies. Existen diversos tipos de contaminación como: atmosférica, hídrica, suelo e subsuelo, térmica… ademáis doutros que son temporais ou menos dañinos para o medioambiente como a acústica, a lumínica ou a visual.

¿Qué tipos de contaminación existen y qué puedes hacer tú?. (s.f). Recuperado el 3 de marzo de 2020, de UNHCR ACNUR: https://eacnur.org/blog/que-tipos-de-contaminacion-existen-tc_alt45664n_o_pstn_o_pst/ e ¿Qué es la contaminación ambiental?. (s.f). Recuperado el 3 de marzo de 2020, de Línea Verde Ceuta: http://www.lineaverdeceutatrace.com/lv/consejos-ambientales/contaminantes/Que-es-la-contaminacion-ambiental.asp

PEGADA ECOLÓXICA: trátase do total da superficie produtiva (en termos da ecoloxía) que se precisa para producir os recursos que consume un cidadán medio dunha comunidade humana específica, así como a necesaria para absorber os residuos que xera, independentemente da localización. A pegada ecolóxica vaise consolidando coma indicador de sostibilidade a nivel internacional, sendo comparada co PIB (produto interior bruto).

Estévez, Ricardo. (18 de septiembre de 2019). ¿Qué es la huella ecológica?. Recuperado el 6 de marzo de 2020, de Ecointeligencia: https://www.ecointeligencia.com/2011/03/que-es-la-huella-ecologica/

CO2: o CO2 é un gas cuxas moléculas están compostas por dous átomos de osíxeno e un de carbono. É un composto non tóxico, non inflamable e abundante na natureza. A concentración deste gas sufriu un considerable aumento no século XX, especialmente nas últimas décadas. O CO2 pertence aos chamados gases de efecto invernadoiro que actúan de forma similar ao techo de vidro dun invernadoiro, atrapando o calor e recalentando o planeta. O aumento das temperaturas conduce ao cambio climático que inclúe efectos como a subida do nivel do mar ou cambios no clima.

Julio. (20 de febrero de 2012). ¿Qué es el CO2?. Recuperado el 3 de marzo de 2020, de Conciencia Eco: https://www.concienciaeco.com/2012/02/20/que-es-el-co2/

Publicacións


Institucións, xornalismo e cambio climático: unha ollada a través de expertos e cidadáns (II)

Como falabamos na entrada anterior, durante este período de corentena tivemos a oportunidade de poder facer un círculo composto por cidadáns de a pé e expertos, cos que compartimos datos e vivencias propias relacionadas co cambio climático. A falta de transparencia das institucións públicas e o tratamento da información ambiental foron as grandes protagonistas desta… Seguir lendo Institucións, xornalismo e cambio climático: unha ollada a través de expertos e cidadáns (II)

Contaminación e forma de vida: unha ollada a través de expertos e cidadáns (I)

Como viñemos a falar ao longo de toda a nosa actividade no blog, hai moitas incógnitas sen resolver arredor do cambio climático. Para poder resolver algunhas ou, polo menos, achegarnos a diferentes puntos de vista fixemos un coloquio composto por expertos e cidadáns de a pé: María García de la Fuente, presidenta da Asociación de… Seguir lendo Contaminación e forma de vida: unha ollada a través de expertos e cidadáns (I)

Os medios de comunicación e o cambio climático: condeados a entenderse

Día tras día, os medios de comunicación sacan á luz noticias relacionadas co cambio climático e os seus efectos nos diferentes aspectos da vida. O xornalismo ambiental é o responsable disto. Aínda que cada experto achega os seus propios matices, a modo xeral, pode definirse como un tipo de xornalismo especializado que se encarga da… Seguir lendo Os medios de comunicación e o cambio climático: condeados a entenderse

O futuro do clima en Galicia

O clima no planeta Terra depende da radiación solar, así como da súa interacción coa atmosfera, a superficie terrestre, os océanos e o resto de capas de auga, neve e xeo. Dende hai millóns de anos, a variación de equilibros entre estes actores moveu os ciclos climáticos. A diferencia é que, na actualidade, o planeta… Seguir lendo O futuro do clima en Galicia

Claves para entender o que se está facendo polo cambio climático

Todos os países do mundo están a experimentar os efectos negativos do cambio climático: inestabilidade económica, perda de calidade de vida e problemas nas comunidades. Os niveis do mar non deixan de aumentar, os patróns climáticos están cambiando e as emisión de CO2 atópanse nos niveis máis altos da historia; de seguir así, as consecuencias… Seguir lendo Claves para entender o que se está facendo polo cambio climático

Contaminación

En 2015, a Organización das Naciones Unidas, máis coñecida como a ONU, aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sostible, creando así os 17 ODS sobre os que traballará o Observatorio Cidadán. O noso grupo tratará o tema número 13 dos ODS: Acción polo clima. Somos Maite Bermejo (actividades), Silvia Penelas (axenda), Belén Rodríguez (editora… Seguir lendo Contaminación