Saúde na terceira idade

Somos o grupo encargado do ODS de saúde e benestar do Observatorio Cidadán de Comunicación. Os membros do grupo somos, de esquerda a dereita: Christopher Rodríguez (Actividades), Pablo Marín (Documentación), Zoel Otero (Edición-Coordinación), Pablo Pedreira (Axenda e calendario), Patricia Otero (Difusión), Laura Ríos (Documentación) e Marco S. Pereira (Actividades).

Trataremos dende a perspectiva do ODS de saúde e benestar dous temas centrais: as condicións de vida da terceira idade e a situación daquelas persoas que padecen enfermidades raras.

  • Terceira idade: En 2019, 9 millóns de españoles atopábanse no rango de idade de 65 anos ou máis, un 19,4% segundo datos do INE. En Galicia, a porcentaxe é superior, un 25,16%. É por iso polo que intentaremos averiguar a situación e calidade de vida desa porcentaxe significativa da poboación galega, dándolles voz a eles e a aqueles á súa redor, e ademáis compararemos o discurso político en relación a este tema co que opinan e as sensacións da rúa, da xente de a pé, tratando para iso dende ese enfoque os puntos 3.4 (Enfermidades non transmitibles e saúde mental), 3.5 e 3.A (Drogas e alcohol, dende a perspectiva de tabaquismo e alcoholismo na terceira idade), 3.6 (Accidentes de tráfico), 3.8 (Cobertura sanitaria universal e acceso a medicamentos), 3.9 (Saúde medioambiental: químicos e contaminación), 3.B (i+D, vacinas e medicamentos de primeira necesidade), 3.C (Financiación do sistema e persoal sanitarios) e 3.D (Xestión de riscos sanitarios).

Glosario


  • Saúde: “Estado completo de benestar físico social dunha persoa” AXA Health Keeper. Reprodución. En “A DEFINICIÓN DE SAÚDE SEGÚN LA OMS”. Consultado o 19 de Febreiro de 2020. https://www.axahealthkeeper.com/blog/la-definicion-de-salud-segun-la-oms-infografia/.
  • Benestar: “Situación que permite levar unha vida cómoda, sen problemas materiais” Real Academia Galega. Reprodución. En RAG.com. Consultado o 19 de Febreiro de 2020. https://academia.gal/dicionario/-/termo/benestar 
  • Enfermidade:  “Alteración máis ou menos grave da saúde” Real Academia Española. (2018). Reprodución. En Dicionario da lingua española (edición de tricentenario). Consultado o 19 de Febreiro de 2020. https://dle.rae.es/enfermedad
  • Axenda 2030: “Plan de acción mundial a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, basado en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible (ODS), que ten por obxeto asegurar o progreso social e económico sostible en todo o mundo e fortalecer a paz universal dentro dun concepto máis amplio da liberdade”. Goerno de México. Reprodución. En “Que é a Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible?”. Consultado o 28 de Febreiro de 2020. https://www.gob.mx/inafed/articulos/que-es-la-agenda-2030-para-el-desarrollo-sostenible
  • Terceira idade : “Etapa de vida das persoas nas sociedades avanzadas caracterizada pola xubilación ou cese das actividades laborais; máis comunmente a partir dos 65 anos” Real Academia Española. (2018). Reprodución. En Dicionario da lingua española (edición de tricentenario). Consultado o 19 de Febreiro de 2020. https://dej.rae.es/lema/tercera-edad
  • Calidade de vida (definición de cancer.gov): “Disfrute xeral da vida”. Instituto Nacional do Cancro. Reprodución. En “dicionario”. Consultado o 19 de Febreiro de 2020. https://www.cancer.gov/espanol/publicaciones/diccionario/def/calidad-de-vida

Publicacións


O VALOR DE COIDAR DOS NOSOS MAIORES

S3C Finalizamos o relativo ó círculo (e a nosa participación no Observatorio Cidadán de Comunicación) coa terceira parte da nosa xuntanza coas fontes, na que decidimos aproveitar a súa presenza e os seus coñecementos para aprender máis. Nun ambiente discendido no que a prioridade era falar sobre o tema que nos reunira a todos e… Seguir lendo O VALOR DE COIDAR DOS NOSOS MAIORES

As auxiliares de enfermería reclaman máis medios para facer o seu traballo

S3C Continuamos co ciclo coa sua segunda parte, conducida por Christopher Rodríguez, e que consistiu nunha rolda de preguntas aos nosos colaboradores e colaboradoras que xirou en torno a temas relacionados coa comunicación e o funcionamento das comunidades coas que eles e elas traballan e conviven. Itínera naceu coa esperanza de ser algo máis que… Seguir lendo As auxiliares de enfermería reclaman máis medios para facer o seu traballo

“Din que as enfermidades mentais separan das persoas. Pois imaxinade nesta situación”

S3C Rematamos o noso traballo neste Observatorio Cidadán de Comunicación, e facémolo cun coloquio por Skype con tres das persoas que nos axudaron nestes meses de traballo. E é que xunto ós membros do grupo Laura Ríos (que ten o rol de Documentación nel), Christopher Rodríguez (Actividades) e Zoel Otero (Coordinador) temos a sorte de… Seguir lendo “Din que as enfermidades mentais separan das persoas. Pois imaxinade nesta situación”

Historias da nosa terceira idade “A través dunha vida”

Moitas historias poden contarse sobre xente da terceira idade, tanto na súa xuventude coma na súa vellez. Pero, cantas delas poden ser contadas dentro do noso entorno? Esa foi a pregunta que nos fixemos no S3C á hora de decidir cal sería a nosa actividade para o Observatorio, polo que varios de nós decidimos recoller… Seguir lendo Historias da nosa terceira idade “A través dunha vida”

Accidentes de tráfico e contaminación na terceira idade

S3C Entre os anos 2011 e 2015 produciuse un aumento significativo nos accidentes de tráfico nos que se viron implicadas persoas da terceira idade, pasando do 16,8% ao 23,5% (aumentando dun xeito moito máis rápido a partir dos 80 anos de idade) segundo datos do proxecto SAVIMA, orientado á seguridade vial na terceira idade. Así… Seguir lendo Accidentes de tráfico e contaminación na terceira idade

Evolución da natalidade e mortalidade infantil e materna

S3C Moitas cousas cambiaron dende a época da actual terceira idade ata agora. Unha das que experimentou unha maior transformación foi todo o relacionado coa natalidade e a maternidade, tanto no relacionado á súa concepción social coma nas propias estadísticas. A continuación dispoñémonos a facer unha análise deste cambio, así coma das súas causas. Durante… Seguir lendo Evolución da natalidade e mortalidade infantil e materna

Coronavirus e outras epidemias que afectaron á terceira idade

S3C O COVID-19 (coñecido a nivel popular coma simplemente Coronavirus) é agora mesmo o tema central da inmensa maioría de conversacións e tópicos a tratar por parte da cidadanía hoxe en día, e é que o COVID-19 forzou e continúa a forzar a poboación a suspender a inmensa maioría (por non decir toda) da súa… Seguir lendo Coronavirus e outras epidemias que afectaron á terceira idade

A situación da terceira idade en Galicia: acceso a medicamentos, saúde mental, enfermidades máis comúns e abuso de substancias

S3C España conta actualmente co séptimo mellor sistema sanitario do mundo, segundo datos de Numbeo, e o terceiro de Europa tras Austria e Dinamarca. Sen embargo a cidadanía española quéixase en ocasións dela, atribuíndolle múltiples fallos. É por iso polo que dende o Observatorio Cidadán de Comunicación decidimos tratar iso dende o enfoque da sanidade… Seguir lendo A situación da terceira idade en Galicia: acceso a medicamentos, saúde mental, enfermidades máis comúns e abuso de substancias

Saúde na terceira idade

Somos o grupo encargado do ODS de saúde e benestar do Observatorio Cidadán de Comunicación. Os membros do grupo somos, de esquerda a dereita: Christopher Rodríguez (Actividades), Pablo Marín (Documentación), Zoel Otero (Edición-Coordinación), Pablo Pedreira (Axenda e calendario), Patricia Otero (Difusión), Laura Ríos (Documentación) e Marco S. Pereira (Actividades). Esquema de actividades Trataremos dende a… Seguir lendo Saúde na terceira idade