Libro de estilo

Coma en todo o proxecto colectivo, é imprescindible que haxa harmonía e unidade entre todos os textos e vídeos que se publican. O Observatorio debe funcionar coma unha voz coral crítica e dinámica, que permite denunciar e reflexionar sobre o maltrato mediático daqueles colectivos vulnerables na sociedade.

Independentemente do eido, a cohesión das publicacións e a existencia dun fío narrativo claro ten que evidenciar o respecto por unhas normas comúns, sinxelas e introdutorias. Para logralo, elaboramos este pequeno e básico manual que adxuntamos a continuación en formato pdf, para que poidades descargalo e telo á vosa disposición en todo momento.