Como trata a prensa a construción da nova EDAR de Santiago de Compostela?

Fernández Calviño

Fernández Facorro

“La comunicación, o es diálogo o no es comunicación, sino tan sólo información o difusión”.(Kaplún, 1984: 14)

Os medios de comunicación de masas teñen unha influencia directa na opinión pública dunha sociedade, por iso a súa labor de concienciación no que se refire ao medio ambiente é primordial. A súa misión é facer chegar á poboación mensaxes en condición de máxima reciprocidade, logrando, así, unha verdadeira comunicación entre persoas. Os medios fannos evolucionar, crecer como comunidade, ou ao menos isto é o que debería acontecer, pero cal é a realidade?

Para achegarnos á situación da prensa en materia de benestar e respecto polo noso entorno imos a analizar unha serie de noticias de La Voz de Galicia xunto con El Correo Gallego.  Os artigos xornalísticos falan da construción da nova depuradora de Santiago de Compostela e céntranse sobre todo no referente á súa nova ubicación.  

O mal estado do Sar

Para pornos en contexto, é preciso dicir que con este van 5 anos dende que a depuradora de A Silvouta, construída nos oitenta, non realiza a súa función como debería. Todo comeza co Sar. O Sar é un dos afluentes máis importantes do río Ulla na provincia de A Coruña, nace no Concello de Santiago de Compostela e percorre as parroquias de Sar, Conxo e Laraño. Ata os anos sesenta, o río era un espazo moi vivo e coidado, non obstante, os baños, o uso dos muíños hidráulicos e as merendas nas súas veiras parecen ter pasado a mellor vida. Estudos realizados por biólogos, físicos e químicos, xunto con informes da Xunta de Galicia e da Unión europea, amósannos unha conclusión clara: a depuración das augas de Santiago de Compostela é insuficiente.

orto-general
 

Depuradora actual de A Silvouta. Fonte: acuaes

 

La Voz de Galicia fíxose eco desta situación e publicou varias noticias ao respecto. Na maioría delas aportan información acerca dos avances que van xurdindo á hora da construción dunha nova depuradora en O Souto e fan fincapé na necesidade dunha construción inmediata que impida a perda dos fondos europeos. Sen embargo, é moi difícil atopar noticias nas que se trate a polémica existente no que respecta á súa ubicación e a posición de aqueles a favor da súa permanencia en A Silvouta.

Conforme a isto, Luis Matos, o representante da Plataforma pola recuperación do río Sar, deu unha opinión clara o pasado mércores 28 de febreiro nun círculo de lectura crítica: “A prensa inclínase cara os intereses políticos, faise eco só da urxencia da perda dos fondos europeos para financiar a construción da EDAR. Así, contribúe a meter medo á poboación e aos políticos”. Matos non remata aí e sinala que “o Concello de Ames sufriu unha gran bloqueo informativo con respecto aos estudos de construción fixados para ser feitos na actualidade”.

Así mesmo, resulta moi complicado atopar unha análise plural que de voz a todos os afectados por esta construción nos medios de comunicación. Nalgunhas das noticias recollidas extraídas de La Voz de Galicia pódese apreciar a falta de comunicación entre cidadáns e políticos, reflexando así a existencia de dúas esferas disociadas, os políticos impoñen as súas medidas e a cidadanía non ten ferramentas de resposta.

Con todo, a ubicación prevista a día de hoxe para a depuradora polo Partido Popular é o Souto, ao desbotarse a alternativa de A Silvouta por mor dunha sentencia ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que non avalaba certos aspectos do movemento de terreos e outras actuacións referidas no plan ambiental. Tras botar unha ollada a algunhas destas noticias e apoiado no Plan de Impacto Ambiental, Matos asegura que: “É completamente falso que non haxa terreo dabondo en A Silvouta, a decisión de traslado a O  Souto foi tomada alterando deliberadamente os estudos económicos, os ambientais e os patrimoniais”.

Na outra banda, a Plataforma de afectados de A Silvouta apoia o proxecto do PP, co obxectivo de evitar así a expropiación de terras que sufrirían de manterse alí a EDAR. A opinión de Luís Matos respecto a isto é clara: “Neste caso priman os intereses económicos, está claro que se a depuradora se sitúa o máis lonxe posible das vivendas, os terreos destes veciños veranse revalorizados”. Engade ademais que no Souto non hai veciños, pero si un rico patrimonio natural como canles de rega, un bosque autóctono e numerosos restos arqueolóxicos, tales como petroglifos ou castros. A directora de Acuaes expón nunha noticia publicada en El Correo gallego a necesidade de <<compatibilizar>> o proxecto con esta cuestión ambiental e arqueolóxica e “construir bajo esa suma de opiniones y sensibilidades”. Estas declaracións son criticadas con dureza por Matos, quen sentencia que: “Non se deberían dar primacía aos intereses urbanísticos de determinada xente sobre o valor medioambiental”.

Ata aquí, como indica Kaplún, cómprese o “modelo de emisor a receptor”: a información chega á cidadanía, mais non cabe nunha sociedade democrática a información unidireccional. Os medios céntranse en amosar a visión institucional, non obstante, neste caso en concreto a opinión dos veciños e Asociacións afectadas pola construción da EDAR en O Souto tende a ser ignorada, tal e como aseguran algunhas delas, a saber: O Club Vía Láctea, a  Asociación de Veciños de Ames, Galicia Sustentable e a propia Plataforma do Río Sar.

Situacións coma estas son un claro exemplo da politización dos medios de comunicación. Marcos Pérez, representante da Fundación Galicia Sustentable, resume a polémica suscitada na seguinte frase: “O problema ven cando a prensa esconde á poboación a historia real, contan as historias interesadas e móstranse ao servizo dos partidos políticos, non así da sociedade como é a súa obriga”.

 

SaveSave

7 comentarios en “Como trata a prensa a construción da nova EDAR de Santiago de Compostela?

  1. Os medios ( o medio, neste caso) debe ser o arranque da análise. Vixiamos e vemos o tratamento nos medios. O tema xa foi referido na proposta e ten que ir fiándose a partires da análise e da contrastación. Ofreceuse as coordenadoras de grupo unha esttratexia a seguir sobre as fases a tratar nos post. Modifiquen a estrutura e analisen. Afortunadamente a Xunta non paga este Observatorio tampouco, así que nada se lle debe,…Grazas.

    Gústame

  2. González Figueroa

    A construción da nova EDAR en Santiago de Compostela é un tema cheo de polémica e controversia no que nos atopamos ante distintas posturas de defensa da súa ubicación.
    Antes de nada, dicir que se trata dun caso non moi atendido polos medios de comunicación, aínda que dende fai uns meses ata agora, é certo que é máis doado atoparnos con novas. De todos os xeitos, isto posiblemente sexa debido ó momento de toma de decisións finais no que se atopa o proceso e non cunha intención informativa sobre a problemática en si e as distintas opinións. Podemos ver noticias dos últimos días (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/edar-vuelve-pleno-ca-presente-ninguna-alternativa-viable/idEdicion-2018-03-14/idNoticia-1104885/ e https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/03/10/grupos-municipales-deberan-decidir-semana-viene-futuro-edar-souto/0003_201803S10C4993.htm), sempre en relación ó desenlace do asunto e centradas tanto na política coma nos seus intereses, pero non noticias nas que todos poidamos comprender que é o que está a acontecer e cales son as distintas posturas dos seus implicados.
    Se buscamos noticias cas que coñecer que é o que coa a EDAR está a acontecer é moi doado atopar fontes que presionan e defenden o seu traslado a O Souto, fontes, como ben dixemos, políticas en todo caso (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/pp-exige-noriega-decision-depuradora-souto/idEdicion-2018-02-14/idNoticia-1099852/, https://www.iagua.es/noticias/mapama/gobierno-avanza-construccion-nueva-edar-o-souto-santiago-compostela).
    Á hora de coñecer a cara oposta, o motivo polo que a EDAR non está xa no Souto, tan so atopamos novas co concello de Ames como protagonista.
    Nesta noticia (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/12/18/ames-veta-proyecto-depuradora-souto-impacto-ambiental-desconocimiento-obra/00031513602598845799197.htm) podemos ver que é debido a que o seu traslado suporía en O Souto un “impacto excesivo” e, nesta segunda, (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2017/12/19/veto-ames-edar-souto-reabre-debate-sobre-ubicacion/0003_201712S19C3994.htm), “un gran impacto ambiental”. Na última que analizamos, (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2018/02/01/ames-cree-ocupar-terreno-souto-span-langglunha-manobra-presionspan/0003_201802S1C5993.htm), por exemplo, nin se menciona o tema ambiental. Pero en ningún dos casos coñecemos cal sería este impacto e cal é a opinión daqueles veciños que o sufrirían. Tras moito buscar tan só nos atopamos cunha única noticia fechada do día un de agosto do 2017 no que estes se manifestan (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2017/07/31/aumenta-rechazo-vecinal-ames-depuradora-souto/0003_201707S31C1995.htm).
    Por fin vemos como si é certo que O Souto “ ten un dos bosques autóctonos de ribeira ben conservados da zona, restos arqueolóxicos como a ponte medieval, a calzada, petróglifos presumiblemente da Idade de Bronce; e etnográficos”. Datos que ata este momento non leramos.
    Comentar tamén o acontecido con Agustín Hernández e a contaminación do Sar, feito ben vergoñento e deplorable. O ex alcalde pide solucións cunha propaganda moi desafortunada (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/02/22/hernandez-reconoce-imagenes-suyas-rio-sar/0003_201802S22C2991.htm e https://www.elperiodico.com/es/sociedad/20180216/-pp-santiago-denuncia-contaminacion-rio-echando-basura-6628390).

    Gústame

    1. Boas Mónica, como ti ven expós nos enlaces ás noticias, actualmente a cuestión da depuradora de Santiago de Compostela está adquirindo cada vez máis presencia na prensa, pero non realmente por unha preocupación medioambiental, senon porque o tempo apremia e a perda dos fondos como a multa europea están máis preto que nunca. O diñeiro, e non a conciencia ambiental nin tan sequera o benestar dos veciños, é o único que move aos partidos políticos a actuar. Compostela Aberta presentou o 16 de marzo unha alternativa “viable” para o proxecto de construción: https://www.eldiario.es/politica/Compostela-Aberta-presenta-alternativa-EDAR_0_750675493.html Pero como afirma Martiño Noriega a proposta ten como principal obxectivo “salvar os fondos europeos”.

      CA apoia a contrición dunha planta de depuración con tecnoloxía avanzada que reduza custes e ocupe menos terreos na localidade de A Silvouta. Se ben, a proposta terá que ser levada a pleno e o Partido Popular xa manifestou en moitas ocasións a súa negativa a construción nesta localidade, apoiando o estudo de impacto ambiental de O Souto: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2018/01/25/pp-afirma-constan-recursos-madrid-contra-depuradora-souto/0003_201801S25C3992.htm . Nesta noticia Agustín Hernández faise eco de que a única alternativa viable de construción é O Souto, alertando unha vez máis do perigo da perda dos fondos.

      A polémica non deixa de alimentarse con acusacións entre partidos que a prensa reproduce á sociedade, pero e os veciños? E o patrimonio cultural? Por desgraza os petróglifos e os bosques autóctonos dos que falas non teñen voz propia. Gustaríame que botases unha ollada a esta nota de prensa do Concello de Ames na que expoñen as demandas veciñais que son obviadas nos medios de comunicación: http://lindeiros.gal/ames-alegacions-edar-de-souto/ A Plataforma pola recuperación do Sar que defende tamén este punto de vista apenas é noticia, cónstanos atopar titulares (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/01/30/plataforma-sar-cree-fomento-ocupa-terrenos-souto-iniciar-obra-pode-ilegal/0003_201801S30C3993.htm) nos que se de voz a unha asociación xurdida para precisamente facer o que os políticos non fan: protexer a nosa contorna e garantizarrnos unha boa calidade de vida.

      Agora soamente queda esperar a que o novo pleno delibere a proposta de CA e ver se por fin o proxecto de construción da nova EDAR chega ao seu fin, o río Sar presenta un estado de contaminación que alcanza parámetros prohibitivos (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/11/27/informes-tajantes-mal-estado-sar-ignoraron-durante-anos/0003_201611S27C1995.htm) , mentres exministros de medio ambente dedícanse a lanzar máis lixo ao río como un vergoñento episodio máis desta polémica: http://www.europapress.es/galicia/noticia-hernandez-pp-admite-lanzar-basura-agua-hubiera-llevado-bolsa-si-tuviera-previsto-bajar-rio-20180216120337.html.

      Gústame

      1. Está claro que ambos coincidimos en que isto débese unicamente a unha cuestión monetaria. Non hai máis que ver esta noticia onde o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, lle pide ó alcalde de Santiago que aprobe o convenio na nova estación depuradora, xa que: “que perdamos os fondos europeos para a depuradora de Santiago sería una irresponsabilidade inédita” tratándose “dunha actuación grave que conleva multa e sancións” e “unha irresponsabilidade impropia en calquera goberno”. (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/edar-souto-feijoo-pide-noriega-no-incurra-irresponsabilidad-medioambiental/idEdicion-2018-02-15/idNoticia-1100028/)

        Como ben dis nesa segunda noticia, cando Compostela Aberta presentou unha proposta alternativa para o proxecto de construción e Martiño Noriega afirma que ten como principal obxectivo “salvar os fondos europeos”, está claro que segue a haber unha obvia interese polo diñeiro. O PP, mentres tanto, intenta amosar unha falsa interese pola situación de “emerxencia mediomabiental” que o río esta a sufrir, si. (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/02/14/pp-demanda-posicionamiento-claro-martino-noriega-sobre-nueva-depuradora/00031518612078585691525.htm)

        E os veciños mentres tanto aquí seguen, reclamando información sobre o asunto e con moi pouca esperanza no que finalmente se fará coa EDAR. Pódelo ver nesta noticia de fai 8 horas.
        (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/03/20/vecinos-silvouta-reclaman-informacion-zanjar-recelos-depuradora/0003_201803S20C1995.htm)

        Gústame

        1. A crítica aos medios está precisamente no feito de que o último enlace que me mandaches é o único que informa sobre os intereses e inquietudes dos veciños da zona. Os medios están para facerse eco das preocupación e problemas da sociedade e non para ser un instrumento politizado como na maioría das noticias do tema EDAR. http://www.europapress.es/galicia/noticia-santiago-debatira-proxima-semana-remunicipalizacion-ora-convenio-edar-20180309133230.html

          Creo que ambas estamos máis que expectantes de coñecer como vai a rematar o problema, agardo que se valore verdadeiramente o patrimonio natural e se poña por diante de todo tipo de propensións. O río Sar, río poético cantado por Rosalía http://www.parquefluvialdesantiago.org/es/el-rio-sar/, merece voltar a ser o río vivo de antaño, onde todos podamos desfrutar das súas beiras e encanto, coidando e respetando a natureza.

          Deixemos atrás titulares coma este: http://www.cotodepezca.com/unidos-por-el-sar-uno-de-los-rios-mas-contaminados-de-europa/ , unidos polo Sar, por un río saudable, rico en fauna e natureza.

          Gústame

          1. Estou completamente de acordo en que todos os medios de comunicación deberían ser máis obxectivos á hora de publicar as súas noticias, facéndonos chegar información de todo tipo e non so aquela que por un ou outro motivo lles interesa máis.

            Nestes momentos non queda máis que agardar ó que poida pasar e confiar en que a decisión que se tome sexa a máis axeitada, tanto para o medio ambiente como para os veciños da zona na que finalmente se sitúe a EDAR. Oxalá que, como estamos a ver, as presas de última hora non inflúan excesivamente (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/denuncian-prisas-ultima-hora-ca-nueva-edar/idEdicion-2018-03-24/idNoticia-1106591/)

            Ben sabemos que o río Sar foi antano un lugar de ocio e de gozo destacado, onde toda a xuventude se bañaba coma se dunha gran piscina natural se tratase. Esperemos que isto volva a ser así nun futuro.

            Gústame

            1. Moitas grazas polo enlace á última noticia do proxecto de construción da EDAR, séguese exemplificando como neste caso El Correo Gallego faise só eco das trabas políticas que impiden sacar adiante o que semellaba ser o plan de actuación máis coidadoso co medio natural.

              Compostela Aberta tenta non provocar un grave impacto nun lugar coma O Souto e aproveitar os Fondos Europeos, se ben, hai que estudar ben o traballo e remitirllo a Acuaes e Augas de Galicia.http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=17155&lg=gal

              Cabe esperar que se deixen atrás os intereses e se vele polo benestar da contorna, en definitiva polo noso benestar. Non só a saúde do río Sar esta en xogo, tamén a nosa.

              Un saúdo María e grazas por compartir as túas opinións connosco.

              Gústame

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.