S3C
O COVID-19 (coñecido a nivel popular coma simplemente Coronavirus) é agora mesmo o tema central da inmensa maioría de conversacións e tópicos a tratar por parte da cidadanía hoxe en día, e é que o COVID-19 forzou e continúa a forzar a poboación a suspender a inmensa maioría (por non decir toda) da súa labor diaria e do seu día a día en xeral á vez que infecta a un gran número de persoas a tódolos niveis.
España é un dos países máis afectados, sendo nestes momentos o cuarto país con máis casos detectados tras China, Italia e EEUU. A nivel rexional, Galicia é a oitava comunidade autónoma máis afectada. A continuación amosamos unha serie de gráficas de elaboración propia (concretamente por Pablo Marín) cos datos de contaxios a ambos niveis, así coma unha liña temporal feita pola membro deste grupo Laura Ríos narrando o ocorrido nestes días no noso país así coma o número de mortos en varias comunidades (entre elas Galicia):


Porén, o virus é especialmente peligroso na terceira idade, e é que o número de falecidos por COVID-19 increméntase significativamente a partir dos 60 anos de idade tras ser practicamente nulo nos xóvenes, volvéndose a incrementar todavía máis ó chegar ós 80 anos de idade:

É por iso polo que interesámonos en cómo está vivindo a nosa terceira idade a situación actual. E para iso contamos con Loli Riveiro, auxiliar de enfermería con anos de experiencia en múltiples residencias de anciáns coa que falamos acerca das medidas tomadas fronte á pandemia, o noso papel coma cidadanía nesta situación e a duración da actual cuarentena, entre outros temas de conversa.
Outras enfermidades que atacaron á actual terceira idade

Sen embargo, esta non é a primeira gran enfermidade á cal a terceira idade ten que enfrontar, e é que as nosas persoas maiores tiveron que loitar ó longo da súa vida contra un número bastante amplo de epidemias. Unha das máis significativas foi a poliomielitis ou simplemente polio, a cal afecta principalmente a rapaces menores de 5 anos e consistente nun virus que afecta ós nervios, puidendo deixar secuelas coma a parálise dalgún músculo do corpo durante un gran número de anos ou incluso permanentemente, e que afectou ó planeta especialmente a mediados do Século XX, afectando en España a un número aproximado de 14.000 persoas das cales morreron 2000 e outras sufriron secuelas ata o comezo das campañas de vacinación nacionais en 1963. Sen embargo, a polio foi amplamente erradicada no último terzo do século pasado.
Outra enfermidade que afectou e segue afectando nas súas numerosas formas é a gripe, tamén vírica. No último século, son de destacar a Gripe asiática (mutación do virus H2N2) e a Gripe aviar (do H5N1 e do H7N9): a primeira delas foi comezou en 1957 en Asia (de ahí o seu nome), concretamente en Yunán, China, e chegou en España en dúas oleadas, a primeira a finais de ano, afectando especialmente a rapaces e outra a principios do ano seguinte, sendo esta vez os contaxiados xente adulta; porén, a pesar do seu alto risco de contaxio, a súa taxa de mortalidade foi relativamente baixa, morrendo 1,1 millóns de persoas a nivel global a pesar de afectar ó 40% da poboación global e 10.000 en España tras integrarse 4 millóns de persoas (ABC, 2020). A Gripe Aviar, pola súa parte, tivo varios brotes (incluído varios este mesmo ano en Europa Oriental e as Filipinas) (El Cronista e Diario Veterinario, 2020), e debe o seu nome a que se contrae mediante o contacto con aves infectadas directa ou indirectamente mediante superficies contaminadas polos seus excrementos ou fluídos corporais (MedlinePlus). Un dos seus grupos de risco é a terceira idade, que representan máis do 50% de casos do virus H7N9, o cal algúns investigadores apuntan podería deberse debido á súa maior exposición ás aves (CNN, 2013).
Finalmente, gustaríanos falar do Tifus e do VIH. O primeiro non é un virus, senón unha bacteria propaganda a través dos piollos da roupa, e afectou a España especialmente tras a Guerra civil (sendo habitual nos escenarios bélicos), superando 8000 contaxios e 1000 mortos en 1941 e 42 e sendo empregada polo réxime franquista con motivos ideolóxicos (cambiándose o mote da enfermidade de “piollo verde” polo de “piollo vermello”) á vez que investigadores coma Ramón y Cajal uníronse a outros internacionais na investigación dunha vacina (SciElo, 2017). O VIH, pola súa parte, comezou a infectar a principios dos 80, sendo transmitido por vía sexual, intercambio de agullas ou por mulleres embarazadas ós seus fillos, creando as dúas primeiras causas un prexuízo nun principio contra os homosexuais e os toxicómanos (Comisión anti-SIDA de Álava), afectando ó sistema inmunitario. Foi extremadamente perigoso debido a falta de calquera tipo de medicación na súa primeira década, sendo unha enfermidade practicamente mortal; porén, a pesar de non haber todavía cura, a aparición de medicación para controlar a enfermidade salvou moitas vidas, a pesar do cal o virus cobrouse 32 millóns de vidas dende 1981 (Expansión, 2018). Un 10% dos infectados actuais superan os 50 anos, e no caso da terceira idade pode conleva outras enfermidades (coma demencias, perda da densidade ósea ou cancro), e a recuperación do sistema inmunitario pode ser máis lenta ca alguén máis novo (InfoResidencias.com).
Conclusión
É por todo isto polo que dende o S3C pedimos melloras na axuda ó coidado da terceira idade, xa que están moito máis expostos fronte a enfermidades tras sufrir varias ó longo da súa vida, á vez que teñen moitas menos facultades físicas para poder facer accións que para o resto da poboación son moito máis sinxelas. Unha mellora substancial na súa calidade de vida pode depender dilo.
Fontes consultadas
- Cervera C. (2020, 5 de Marzo). La olvidada Gripe Asiática de 1957 que puso a prueba el sistema sanitario mundial con un millón de muertos. ABC. Consultado o 27 de Marzo de 2020. https://www.abc.es/historia/abci-olvidada-gripe-asiatica-1957-puso-prueba-sistema-sanitario-mundial-millon-muertos-202003050111_noticia.html
- Shadbolt, P. (2013, 25 de Abril). La gripe aviar H7N9 afecta más gravemente a los adultos mayores. CNN en español. Consultado o 27 de Marzo de 2020. https://cnnespanol.cnn.com/2013/04/25/la-gripe-aviar-h7n9-afecta-mas-gravemente-a-los-adultos-mayores/
- El Cronista. Volvió la gripe aviar y se sumó a la preocupación por el Coronavirus: qué es. (2020, 16 de Marzo). Consultado o 27 de Marzo de 2020. https://www.cronista.com/internacionales/Volvio-la-Gripe-Aviar-y-se-suma-a-la-preocupacion-mundial-por-el-Coronavirus-que-es-20200316-0042.html
- Redacción. (2020, 11 de Febreiro). Aumentan los brotes de gripe aviar en Europa. Diario Veterinario. Consultado o 27 de Marzo de 2020. http://www.diarioveterinario.com/texto-diario/mostrar/1720196/aumentan-brotes-gripe-aviar-europa
- Morales, F. (2018, 1 de Decembro). El 11% de los nuevos casos de VIH en España son jóvenes de entre 15 y 24 años. Expansión. Consultado o 27 de Marzo de 2020. https://www.expansion.com/sociedad/2018/12/01/5c02d6e6468aeb951d8b4640.html
- De Martí, J. (2019, 1 de Xullo). Personas Mayores y VIH. Inforesidencias.com. Consultado o 27 de Marzo de 2020. https://www.inforesidencias.com/blog/index.php/2019/07/01/personas-mayores-y-el-vih/
- Cebrián, C. (2018, 5 de Xullo). Dr.Moreno: “Cuatro de cada mil españoles están infectados por VIH y el 36% proviene de fuera del país”. iSanidad. Consultado o 27 de Marzo de 2020. http://isanidad.com/117443/dr-moreno-cuatro-de-cada-mil-espanoles-estan-infectados-por-vih-y-el-36-proviene-de-fuera-del-pais/
- MedlinePlus. Gripe Aviar. Consultado o 27 de Marzo de 2020. https://medlineplus.gov/spanish/birdflu.html
- Rodríguez, E. (2017). Tifus y laboratorio en la España de la posguerra. SciElo. Consultado o 27 de Marzo de 2020. http://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0211-95362017000200011
- Comisión anti-SIDA de Álava. Estigma y discriminación: El VIH y otras ITS. Consultado o 27 de Marzo de 2020. https://www.sidalava.org/el-vih-y-otras-its/estigma-y-discriminacion/
Igual que no resto de España, as residencias galegas de maiores son un dos principais focos de contaxio do coronavirus. Quixera felicitarvos polo traballo de síntese, a calidade das gráficas e a testemuña da auxiliar de enfermaría, Loli Riveiro, que axuda a conectar moi ben co discurso. Paréceme unha bonita homenaxe aos nosos maiores para subliñar a súa capacidade de resiliencia: ao superar graves pandemias, lidiar con altos umbrais de dor –ante a carencia de vacinas e medicamentos– e sufrir a perda de familiares polo azote da gripe ou da SIDA, como mencionabades.
Sen ápice de afecto, os anciáns adoitan “aparcarse” nas residencias como seres pasivos e reciben un trato hostil por parte de familiares e coidadores. Produce pena que os últimos anos de vida dunha persoa podan tornarse tan tristes, sen recibir a dose mínima de afecto que todos necesitamos para seguir. Soidade e desamparo, en resumo.
Quixera preguntarvos se creceu o número de altas nas residencias durante o confinamento, se entendemos por isto un aumento no número de solicitudes para ingresar aos maiores mentres que dure a covid-19. Por outra banda, como valorades a decisión do presidente autonómico achega de permitir as visitas nas residencias a partir do 18 de maio?
Tedes constancia de que os maiores puideron ver aos seus familiares por vías telemáticas durante a suspensión do réxime de visitas? Sabedes que protocolos se están a levar a cabo ademais desta restricción?
Credes que esta crise deixa ao descuberto as carencias do sector privado? Tales como a falta de medios de protección (EPIs) e de persoal sanitario.
Parabéns! Agardo a vosa resposta.
GústameLiked by 2 people
Hola, Laura!
En primeiro lugar, gracias polo teu comentario e crítica positiva. Alégranos moito ver que a publicación fora do teu agrado.
En canto as túas preguntas, primeiro sobre o aumento das solicitudes de ingreso das residencias, o que sabemos é que ademáis de suspender as visitas tamén se paralizaron os ingresos de usuarios do centro a fin de evitar a transmisión da enfermedad, salvo aqueles que fora absolutamente necesarios. Polo tanto, como é lóxico as solicitudes de entrada en residencia non aumentaron, senón que se paralizaron. Con todo, non sabemos se aumentarán nas próximas semanas, a medida que se levante progresivamente o confinamiento.
Despois, sobre a decisión do presidente de permitir as visitas a partir do 18, quixemos preguntarlle á auxiliar Loli Riveiro, xa que a súa opinión ten moito máis valor ao coñecer de primeira man como se está a vivir esta situación dentro das residencias. Baixo o seu criterio, trátase dunha medida que pode chegar a ser moi perxudicial. “É xogar coa vida do colectivo de maior risco, máis vulnerable, no que prácticamente todos padecen de pataloxías previas”, comentou.
A pesar de que comprende que todo o mundo teña ganas de visitar aos seus familiares, considera que adiantar as visitas plantexadas orixinalmente para a fase 3 á fase 1 pode ser unha temeridade. Especialmente porque non tiveron tempo dende as residencias de prepararse e plantexar como serían esas visitas, nin tampouco recibiron aínda un protocolo de actuación sobre as medidas de seguridade que deben tomar tanto os visitantes como os residentes. En resumo, baixo a opinión de Loli Riveiro esta medida é “moi precipitada, e que da a sensación de improvisación”. Coida en que o presidente recapacite e polo menos otorgue algún plazo de tempo ou os protocolos sobre como realizar as visitas de maneira segura.
Sobre as visitas telemáticas, as residencias teñen a obligación de informar aos familiares sobre o estado do residente. Na maioría dos casos os residentes si que puideron falar cos seus familiares. Incluso en algunhas comunidades, como é o caso de Andalucía, chegaron a repartir dispositivos móviles a distintas residencias co fin de facilitar esta comunicación.
En canto as medidas, Loli Riveiro comentounos que a precaución é máxima. Os coidadores tómanse a temperatura todas as mañás para comprobar que non teñen febre e poder entrar a traballar. Non poden acceder a zona de residentes con roupa da rúa; deber estar equipados con uniforme, mascarilla, guantes e completamente desinfectados. Incluso os repartidores acceden por otra parte para evitar ao máximo posible o achegamento aos residentes. Como adiantaba antes estas personas atópanse en situación de alto risco e toda precaución é pouca.
Por último, como ti ben apuntas é certo que varios hospitais e centros sanitarios denunciaron a falta de persoal e de medios de protección, engadindo que estaban desbordados pola situación. En momentos de crise como estes obsérvase a importancia de contar cun bó sistema sanitario, capaz de facer fronte a este tipo de adversidades dende un primeiro momento.
Espero que esta resposta resolvera as túas dúbidas, e de novo, grazas polo teu comentario. Un saúdo!
GústameLiked by 1 person