O mobbing deixa de ser tabú en Compostela

  COBAS LÓPEZ, CORTÉS OUTÓN       “O lastre sobre o acoso laboral” foi o lema escollido para a xornada celebrada o 19 de abril na Facultade de Dereito da USC, unha charla que crebou a tradición do silencio sobre un dos temas máis controvertidos do mundo laboral actual. Nesta acción final, o Observatorio Cidadán de Comunicación contou coa colaboración de María Bastida (experta … Seguir lendo O mobbing deixa de ser tabú en Compostela

Mª A. López Cabarcos: “no 2004 gañouse unha batalla e perdéronse outras”

CORTÉS OUTÓN   En boca de Ángeles López, o mobbing é unha realidade moi antiga e pouco estudada. En Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela foi pioneira na análise do acoso laboral e na creación dun protocolo de actuación para combatelo. Así a todo, a profesora de Dirección Estratéxica de Persoas, Mª Ángeles López Cabarcos, asegura, coa esperanza de seguir avanzando, que aínda queda … Seguir lendo Mª A. López Cabarcos: “no 2004 gañouse unha batalla e perdéronse outras”

As lagoas xurisdicionais aplicadas ao mobbing

CORTÉS OUTÓN   O pasado e último encontro co noso círculo, producido o xoves 5 de abril, serviu para sacar a relucir temas tan relevantes como as consecuencias máis graves do mobbing; o funcionamento da xustiza respecto aos casos derivados deste problema; as diferenzas entre os casos que xermolan, por unha banda, no ámbito público, e pola outra, no privado; o acoso por razón de … Seguir lendo As lagoas xurisdicionais aplicadas ao mobbing

O proceso de investigación do acoso laboral dende a Administración

GONZÁLEZ SIMÓ O pasado luns, 19 de marzo, o presidente da Comisión de Análise de Conflitos, Luis Miguez, explicounos pormenorizadamente o proceso de investigación que se leva a cabo para xulgar a existencia dunha posible situación de acoso laboral. A medida inicial ten a súa base na posta en marcha do Protocolo de actuación contra el acoso laboral y la violencia psicológica en el trabajo, … Seguir lendo O proceso de investigación do acoso laboral dende a Administración

O proceso de mediatización do mobbing

FERNÁNDEZ ROLDÁN   O mobbing segue a ser un termo pouco coñecido a día de hoxe. “Os medios de comunicación non levan a cabo o labor de visibilización e sensibilización necesariao para que o problema mingüe”, así o afirmou a presidenta da Asociación en Galicia Contra o Acoso Moral (Agacamt), Mª Manuela Zas, no círculo de lectura crítico do 8 de marzo. <<A única visibilización … Seguir lendo O proceso de mediatización do mobbing

Cal é a situación actual do acoso laboral?

COBAS LÓPEZ

A palabra mobbing ten unha orixe considerablemente recente. O científico sueco Heinz Leymann foi quen o utilizou por primeira vez, na década de 1980, para referirse a unha situación desfavorable para aquel traballador que sofre un trato vexante de xeito sistemático por parte dun agresor. Trátase dun fenómeno que, segundo  El Correo Gallego (07/12/2008), sufren e denuncian máis de 400 galegos ao ano en Galicia. Porén, non ocupa o espazo que lle correspondería nos xornais, un feito que vai Seguir lendo “Cal é a situación actual do acoso laboral?”

De que falan os medios cando falan de acoso laboral?

ARAÚJO MARTÍNEZ

A capacidade de concienciación dos cidadáns respecto ao acoso laboral reside, en gran medida, na actividade dos medios de comunicación. O liberado sindical Luis Muñiz declarou, o xoves 8 de marzo, nun círculo de lectura crítica que “nas súas mans está a responsabilidade de informar e formar sobre todo tipo de realidades, e esta que nos atañe non ten gran cabida nos voceiros”. O Presidente da Comisión de Análise de Conflitos da USC, Luis Miguez Macho, en sintonía con esta reflexión, aclarou que “o Seguir lendo “De que falan os medios cando falan de acoso laboral?”

O acoso laboral en Santiago de Compostela

Araújo Martínez, Cortés Outón

Todo ser humano é un ser social, polo que a saúde do ecosistema no que un vive ou traballa é vital. Todas e todos deberíamos estar sometidas, por lei, a unhas condicións de traballo dignas, o cal leva implícito un trato xusto e igualitario, carente de abusos de ningún tipo, entre os distintos asalariados. A corrupción deste tipo de relación social entre traballadores está estreitamente relacionada co acoso laboral, un problema que trataremos na nosa proposta, co obxectivo de visibilizar as Seguir lendo “O acoso laboral en Santiago de Compostela”