Ponte na miña pel, non na miña praza!

Pérez Fieiras, Vilariño García

A accesibilidade é un ben común que facilita a vida de todo individuo. Todos somos discapacitados en certa medida; o problema reside en que nun inicio este se vendeu como necesidade dun determinado colectivo en lugar de algo xenérico.

Seguir lendo “Ponte na miña pel, non na miña praza!”

Familia e sexualidade dentro das barreiras físicas e cognitivas

Ruíz de Eguilaz Ayensa, Vilariño García

Todo o mundo ten dereito a casarse e ter descendencia. É por isto que a ONU recoñece o dereito das persoas con algún tipo de discapacidade a casarse e ter posteridade, sen reparar en minorías estatísticas. Non obstante, isto segue a ser un tabú na sociedade.

Seguir lendo “Familia e sexualidade dentro das barreiras físicas e cognitivas”

A accesibilidade cognitiva como dereito

 Vilariño García; Vaquero Cadenas

Coñecidas as limitacións diarias ás que están sometidas as persoas con mobilidade reducida, entendemos a importancia da accesibilidade física para estas, non obstante existen outros tipos de alternativas máis relacionadas cos sentido e non meramente con aspectos tanxibles. É o caso da accesibilidade cognitiva, relativa ao coñecemento, entendemento e comprensión de determinadas situacións e conceptos. Seguir lendo “A accesibilidade cognitiva como dereito”

Que entendemos por accesibilidade física?

Vilariño García

Á hora de afondar nos distintos límites á accesibilidade debemos determinar unha serie de cuestións. En primeiro lugar, ¿Que entendemos realmente por accesibilidade?  Partiremos da base de que toda persoa sen importancia de idade, xénero, etnia, condición física e psíquica ou sensorial, ten dereito a relacionarse socialmente e a desenrolar as súas aptitudes nas diversas esferas da actividade cotiá así como gozar autonomamente de todos os servizos que proporciona a comunidade.

Seguir lendo “Que entendemos por accesibilidade física?”

Límites á accesibilidade física e cognitiva en Santiago de Compostela

Pérez Fieiras, Vilariño García Este ano, no Observatorio Cidadán de Comunicación, decidimos centrar a nosa atención nun grupo da sociedade invisibilizado pola maioría dominante e, en certas ocasións, considerado como inferior. Decantámonos así polo tratamento de todas aquelas barreiras e límites á accesibilidade tanto física como cognitiva á que están sometidos as persoas con discapacidade intelectual. Neste caso falaremos non só dun grupo invisible a … Seguir lendo Límites á accesibilidade física e cognitiva en Santiago de Compostela