Os puntos negros da accesibilidade en Santiago

Rodríguez Pereira, Vaquero Cadenas

A accesibilidade universal defínese como a característica dos ambientes ou espazos que permite ás persoas moverse por eles de forma segura e cómoda. Uns dos principais obstáculos cos que se atopa a nosa cidade á hora de levar a cabo esta condición son as barreiras arquitectónicas urbanísticas, que poñen en xogo a autonomía e a inclusión de varios colectivos no desenvolvemento da sociedade, en especial, o das persoas con mobilidade reducida.

Seguir lendo “Os puntos negros da accesibilidade en Santiago”

Familia e sexualidade dentro das barreiras físicas e cognitivas

Ruíz de Eguilaz Ayensa, Vilariño García

Todo o mundo ten dereito a casarse e ter descendencia. É por isto que a ONU recoñece o dereito das persoas con algún tipo de discapacidade a casarse e ter posteridade, sen reparar en minorías estatísticas. Non obstante, isto segue a ser un tabú na sociedade.

Seguir lendo “Familia e sexualidade dentro das barreiras físicas e cognitivas”

Solidariedade ou negocio?

Rodríguez Valderrey

Os Centros Especiais de Emprego están en auxe dende fai uns anos. Neles, un mínimo do 75% dos contratados son persoas con algún tipo de discapacidade. Hoxe en día e debido aos  grandes incentivos económicos, custa diferenciar se realmente estamos a falar de interese social ou, pola contra, dun beneficio económico. Seguir lendo “Solidariedade ou negocio?”

Javier Pitillas: “O medo a molestar, molesta moito máis”

Pérez Fieiras

Os medios de comunicación como instrumentos de información, divulgación e xeración de opinión, xogan un papel preponderante no proceso de integración das persoas con discapacidade. Así o recollen documentos como a Convención das Nacións Unidas no seu artigo oitavo ou o “Manifiesto para el Comité de apoyo a las personas con discapacidad en los medios audiovisuales” realizado en 2007 polas principais organizacións audiovisuais do país.  Seguir lendo “Javier Pitillas: “O medo a molestar, molesta moito máis””

O tratamento das persoas con discapacidade nos medios

Rodríguez Pereira

Os medios de comunicación conforman un nexo indisoluble entre os colectivos sociais e a opinión pública. Segundo como se presente unha realidade ante os cidadáns, estes terán nas súas mans unha información de usar e tirar ou a primeira oportunidade para tomar conciencia das problemáticas e das demandas dos colectivos cos que conviven. Unha sociedade que aspire a mellorar debe contar cos mellores medios de transmisión e difusión de contidos. Seguir lendo “O tratamento das persoas con discapacidade nos medios”

A accesibilidade cognitiva como dereito

 Vilariño García; Vaquero Cadenas

Coñecidas as limitacións diarias ás que están sometidas as persoas con mobilidade reducida, entendemos a importancia da accesibilidade física para estas, non obstante existen outros tipos de alternativas máis relacionadas cos sentido e non meramente con aspectos tanxibles. É o caso da accesibilidade cognitiva, relativa ao coñecemento, entendemento e comprensión de determinadas situacións e conceptos. Seguir lendo “A accesibilidade cognitiva como dereito”

Límites á accesibilidade física e cognitiva en Santiago de Compostela

Pérez Fieiras, Vilariño García Este ano, no Observatorio Cidadán de Comunicación, decidimos centrar a nosa atención nun grupo da sociedade invisibilizado pola maioría dominante e, en certas ocasións, considerado como inferior. Decantámonos así polo tratamento de todas aquelas barreiras e límites á accesibilidade tanto física como cognitiva á que están sometidos as persoas con discapacidade intelectual. Neste caso falaremos non só dun grupo invisible a … Seguir lendo Límites á accesibilidade física e cognitiva en Santiago de Compostela