Na actualidade o vexetarianismo está instaurado na nosa sociedade pero, realmente coñecémolo ben? Que é? Cales son as súas orixes? Cales son os distintos tipos? Cales son as reclamacións deste colectivo? Neste artigo imos tentar resumir todas estas cuestións para dar un primeiro paso no noso camiño de investigación e información do mundo vexetariano.
QUE É O VEXETARIANISMO?
Como ben explicamos na nosa presentación e glosario o vexetarianismo é un réxime alimentario baseado no consumo de froitas, verduras e legumes, ao tempo que se caracteriza pola abstención de consumo de carne e peixe e, en ocasións, doutros alimentos de orixe animal coma os ovos, o leite e o mel.
ORIXES
O vexetarianismo aparece en Asia. Como práctica entre un gran grupo de persoas podería dicirse que xurde na India, país con maior número de persoas exercendo o vexetarianismo actualmente (máis dun 30% da poboación).
No século VI é cando chega a Europa, a Antiga Grecia. A partir de aí, esta tendencia alimenticia vai alcanzando cada vez máis popularidade, ata o día de hoxe que representa unha gran porcentaxe da poboación mundial.
TIPOS DE VEXETARIANISMO
O colectivo vexetariano é plural e dentro del hai diferentes dietas. Se quixéramos abarcalas todas sería case imposíbel pero as máis comúns son estas:
- Veganismo: coñecidos como vexetarianos estritos, os veganos son persoas que se caracterizan por excluir completamente todos os alimentos de orixe animal, incluidos os produtos que supoñen un proceso animal, coma o mel ou os ovos da lista de comida que consumen a diario.
- Flexivexetarianismo: aliméntanse principalmente de vexetais pero en momentos puntuais acoden a produtos cárnicos.
- Ovovexetarianismo: exclúe na dieta produtos lácteos, ademais de carne e pescado.
- Lactovexetarianismo: a diferencia dos ovovexetarianianos si que poden consumir produtos lácteos, pero non ovos nin animais.
- Ovolactovexetarianismo: esta tendencia alimenticia é a que socialmente se coñece como vexetarianismo. Consumen ovos, lácteos e mel; pero non animais.
- Crudivexetarianismo: os crudívoros son persoas que non cociñan os seus alimentos, comen todo crú.
A VOZ DO COLECTIVO
Realizamos unha enquisa para comenzar a tratar o impacto social, económico e medioambiental, e tamén os efectos para a saúde que teñen as dietas vexetarianas e veganas. Para levala a cabo, contamos cun número de 39 persoas, entre as cales, o 76,9% eran vexetarianas e o 23,1 % veganas. Realizamos unha serie de preguntas para coñecer mellor a súa forma de vida alimentaria. Desta enquisa sacamos información moi interesante.
A maior partel das persoas que seguen estas dietas son mulleres (82,1%) e todas elas teñen menos de 40 anos.
As razóns máis recurrentes para seguir estos réximes encontranse: axudar ao medio ambiente, posicións en contra do maltrato animal e as industrias cárnicas, a contaminación destas industrias e conseguir unha dieta máis equilibrada. Da totalidade, só un 17,9% pensou algunha vez deixar esta dieta.
Entre os comercios onde estas persoas compran os seus alimentos atópanse (por orde de máis porcentaxe a menor): supermercados, tiendas ecolóxicas e mercados. Ademáis o 60,5% admite non ter dificultades para atopar productos adecuados a súa dieta.
O gasto medio de diñeiro nas compras é de 10-20 euros (59%), seguido dun rango entre 20 e 50 euros (20,5%). A pesar da diferenza de prezos entre os produtos tan só una persoa admitiu gastar máis de 50 € cada vez que fai a compra.
Cando unha persoa vegana ou vexetariana decide comer fora da casa, vense moi limitados. 6 de cada 10 denuncian ter poucas opción.
Respecto a temas médicos: o 33,3% incorporou suplementos alimenticios algunha vez. Case todos (87,2%) fixéronse probas médicas.

A maioría (82,1%) contan que notaron cambios físicos entre os que se atopan: adelgazamento, mellora das defensas, aumento de apetito e máis enerxía.
Confirmando que o vexetarianismo non é só una rutina alimentaria o 61,5% admiten non consumir ningún tipo de produto (téxtil, cosmética…) que proceda dos animais.
Na nosa sociedade case o 90% foron xulgados por manter este réxime alimenticio. O 53,8% fan unha crítica ós medios. Consideran que fan un mal uso da información ou que apenas dan información.
Interesábanos coñecer a cantidade de anos que levaban seguindo este réxime, polo que lles preguntamos cando empezaran a seguir esta dieta. Responderon o seguinte:

Esta enquisa estivo habilitada para calquera que cumprira coa dieta e démoslle difusión a través de redes sociais persoais, ademáis de compartila por What’s App. Agradecemos dende aquí a toda persoa que colaborou con nós para ter voz nunha plataforma dixital.
O artigo é moi curioso e útil xa que dades moita información sobre o vexetarianismo dunha maneira estruturada e simple para que o lector o poda entender sen dificultades. Respecto á parte na que falades que o 53’8% consideran que os medios de comunicación fan un mal uso da información ou apenas a dan, dende o grupo S1D Consumo gustaríanos saber como tratan esa información os medios ou se hai algún que o trate dunha forma detallada. Por último, pensades que este tipo de alimentación vai en contra da evidencia nutricional? É dicir, se o vexetarianismo/veganismo pode conlevar a non obter as suficientes vitaminas, calcio, ferro etc… Déixovos unha ligazón que trata este posible problema.
https://juanrevenga.com/2013/04/cuanta-deficiencia-hay-de-vitamina-b12-entre-los-vegetarianos/
Agardamos a vosa resposta.
Grazas!!!
GústameGústame
Bo día Javier!
En primeiro lugar moitas grazas por interesarte no noso arquivo. Respecto a túa pregunta sobre como tratan os medios a información sobre as dietas veganas e vexetarianas, queremos aclarar que non todos os medios tratan este tipo de informacións de forma detallada e moitos deles focalízanse en temas relacionados ca saúde sen abranguer o impacto económico e medioambiental. Por outra banda, tamén encontramos medios que adoitan publicar sobre o tema.
A nivel nacional destacan as informacións publicadas por: La Vanguardia e El País. Estes medios soen enfocarse, sobre todo, en cuestións relativas á saúde e alimentación, son contidos máis explicativos ou definitorios destas dietas. Aínda así, son de grande interese, xa que permiten ó lector entender a información sen complexidade. A nivel internacional teñen unha grande importancia as publicacións da BBC. Este medio trata as novas tendencias alimenticias dende todas as perspectivas posibles e logra darlle visibilidade á saúde, así como, ó impacto económico e medioambiental. Ademais, a maioría das súas publicacións están baseadas en informes recentes. O medio preocúpase por explicarlles ós lectores as vantaxes que tería a incorporación do estilo de vida vegano/vexetariano na saúde da poboación e no planeta. Do mesmo xeito, tamén fai diversas análises económicas nas que inclúe especulacións realizadas por expertos na materia, nas que se analiza como afectarán este tipo de tendencias alimenticias a nivel económico xeral.
En segundo lugar, respecto á cuestión que formulas sobre a evidencia nutricional das dietas vegano/vexetarianas, dicirche que moitos expertos afirman que este tipo de dietas son saudables sempre e cando estean ben pautadas e planificadas. Ademais, non se xeraría ningún tipo de evidencia nutricional se a persoa que sigue esta dieta toma algún tipo de suplemento alimenticio. Recomedámosche que lle botes un vistazo ás entrevistas que realizamos recentemente na nosa web, nas que tratamos estas cuestiós coa axuda de expertas na materia: Susana Rodríguez (nutricionista) e Miriam Martínez (pediatra).
Esperamos que a resposta vos servirá para resolver todas as dúbidas. Un saúdo!
GústameGústame
En primeiro lugar, parabéns polo traballo que realizaches para colocar tanta información nun espazo tan escaso. Vostede foi quen de definir o vexetarianismo e os diferentes tipos ou dietas ligadas a este tipo de dieta. Gustounos moito o uso da enquisa para describir as situacións nas que se atopa un practicante desta dieta, como as dificultades que pode ter á hora de mercar alimentos ou se tiveron que utilizar complementos en calquera caso. Xeralmente a súa información está moi sintetizada e moi ben resumida na entrada.
Non obstante, queremos suxerir que compares o vexetarianismo con outras dietas, sinalando as vantaxes e os inconvenientes que teñen entre elas. Por exemplo, sería interesante para nós, como ODS Acción polo clima, informarnos sobre as consecuencias que a maquinaria da industria alimentaria ten no medio ambiente e na saúde das persoas.
Comentar tamén que sería recomendable ampliar a sección de orixes para adaptarse mellor ao lector, xa que non se trata dun termo que se escoita a diario e descríbeo dun xeito moi sinxelo e didáctico. Sería recomendable que falases de como chegou o vexetarianismo a España, ou máis concretamente a Galicia, aínda que sabemos que é difícil obter este tipo de datos, pero cubrírono ben coa enquisa a 39 persoas.
O enfoque de facer a entrada dunha enquisa foi unha boa idea e distínguelle do resto de ODS. É moi positivo poder valorar a opinión ou hábitos alimentarios dos nosos compañeiros e tomar conciencia dos problemas que os clientes poden ter con estas dietas cando comen nun restaurante.
En xeral, pareceunos un artigo moi fácil de ler e moi adecuado para o público en xeral, sen entrar en informes complicados con tecnicismos que os lectores poden non entender. O único, si, melloraría moito se tivese un apartado de vantaxes e desvantaxes ou pros e contras de seguir unha dieta vexetariana.
Queremos coñecer a túa opinión sobre este proceso de adaptación da sociedade eminentemente carnívora a novos hábitos e que se levará a cabo coa velocidade suficiente. Agardamos a túa resposta, ODS Saúde e Alimentación! Saúdos, ODS Acción polo clima.
GústameGústame
Boas Maite! Moitas grazas en nome de todo o grupo por dedicar un pouco do teu tempo na lectura do noso arquivo e polo teu comentario. Ao ser a nosa primeira publicación despois da presentación do tema, tratabamos de ir entrando en profundidade e ir explicando os aspectos máis básicos deste, facéndoos comprensibles para todo o mundo. É por iso que decidimos a través da enquisa dar voz ao colectivo para así mostrar a realidade deste mundo, e alégranos saber que lles pareceu unha boa opción.
Sobre o feito de falar de vantaxes ou inconvenientes sobre unhas dietas ou outras, en realidade non poderiamos dicir que haxa unha mellor ca outra. Tal e como nos explicou a nutricionista Susana Rodríguez nunha das nosas publicacións, o feito de levar unha dieta vegana ou vexetariana non é máis saudable que practicar unha omnívora por exemplo, e viceversa. De feito ambas poden chegar a ser igual de saudables, pero o realmente importante é que estean ben pautadas e planificadas.
En canto as consecuencias que pode ter a maquinaria da industria alimentaria no medio ambiente e na saúde das persoas, estas son moito máis graves do que nos pensamos. Un estudo da Universidade de Oxford di que reducir o consumo de carne e aumentar a inxesta de froitas e verduras, podería salvar a vida a 8 millóns de persoas para 2050. A maiores, outro estudo publicado na Proceedings of National Academy of Sciences, mostra que se todo o mundo adoptara unha dieta vexetariana, as emisións de gases de efecto invernadoiro durante o proceso de produción de comida diminuirían ata un 63%. De feito, actualmente os produtos de orixe animal (carnes, peixes, ovos e lácteos) son os responsables de case o 60% das emisións do planeta. Toda esta información está ampliada na nosa última publicación, “O impacto global do mundo vegano”, onde falamos do seu impacto no medio ambiente, na saúde e na economía, a través de cuestionarios, folletos e vídeos explicativos.
Por último, sobre o que comenta da chegada do vexetarianismo ao noso país e da adaptación da sociedade con estes novos tipos de dietas, a verdade é que é difícil como vostede di situar un momento exacto na liña do tempo. Xa no século VI estaba en Europa como dicimos na publicación, pero este vexetarianismo máis xeneralizado tal e como o coñecemos hoxe en día empezou a desenvolverse con maior frecuencia na sociedade durante o século XIX no Reino Unido, onde naceu a primeira sociedade vexetariana. Polo tanto a chegada a España do vexetarianismo máis actual poderiamos situala a finais do XIX e comezos do XX.
No respectivo a adaptación da sociedade con estas dietas, o certo é que pese a que aínda queda camiño por percorrer, o aumento foi enorme sobre todo coa chegada deste século, e máis concretamente na última década. Cada vez é máis xente a que se pasa a este tipo de dietas, sen ir máis lonxe o ano pasado a poboación vexetariana aumentou un 27% en comparación ao 2017 e o 2018, e agora un 9,9% da poboación española xa forma parte deste colectivo, tal e como reflexa un informe feito o ano pasado pola consultora Lantern. En Galicia concretamente, a poboación “veggie” é do 8% hoxe en día, e nos últimos dez anos aumentou nun incrible 6000%. Dos últimos cinco anos para adiante o “boom” destas dietas foi enorme, polo que todo apunta que nos próximos anos isto seguirá indo a máis, xa que o propio mercado vegano está en auxe actualmente.
Agardamos que agora todas as vosas dúbidas estean resoltas, e moitas grazas de novo polo comentario. Un saúdo de parte de Saúde e Alimentación!
GústameLiked by 1 person