Benvidos e benvidas! Somos o grupo S3B, que está integrado por Antía Sacedón Costa (coordinadora), Violeta Silva Sánchez e Zaira Piñeiro Pereira (editoras), Carla Varela Casado (actividades) e Ángela Río Rey (difusión).
O tema do que tratará o noso traballo de investigación é a educación nas escolas unitarias galegas. Por cuestión de proximidade, tomamos a decisión de centrar o noso traballo na provincia da Coruña, que é a que máis escolas de este tipo posúe. Queremos investigar sobre as unitarias, que se atopan case desaparecidas, e visibilizar a súa situación e os diversos conflitos que xorden arredor delas.
En canto a articulación da proposta baseamos o traballo na publicación de entrevistas, cuestionarios, infografías, publicacións semanais no blog e nas redes sociais. Toda a información utilizada para o desenvolvemento do noso traballo obtendrémola a través de entrevistas a diversas fontes que están directamente relacionadas con este tema: alumnos, pais de nenos que van ás unitarias, profesores…
O noso obxectivo é dar a coñecer a situación das escolas unitarias galegas e os conflictos que xorden arredor delas. Así como difundir a súa situación actual, antes e despois da pandemia.
Para poder entender ben o tema que queremos desenvolver, é necesario coñecer o significado de diferentes palabras asociadas á educación e ás escolas unitarias:
GLOSARIO
Educación de calidade: segundo a UNESCO é aquela que se basea en aprender a coñecer, aprender a facer, aprender a vivir xuntos e aprender a ser. Manuel Zalaveta S., profesor da Universidade Autónoma de Baixa California, defínea como “aquel proceso que dota aos estudantes das habilidades, coñecementos, actitudes e valores necesarios para facer fronte aos desafíos da vida cotiá”.
Calidad educativa según la UNESCO (2020) https://www.calidadeducativa.edusanluis.com.ar/2020/02/calidad-educativa-segun-la-unesco.html
Escolas unitarias: son aquelas escolas de menor tamaño e cun número reducido de alumnado, situadas maioritariamente nun ambiente rural. Nelas un ou dous mestres atenden alumnos de diversas idades e grados, dende o primeiro ano de infantil ata o último de primaria. O traballo vai dirixido a un profesor co propósito de orientar todas as asignaturas a un grupo reducido de estudantes de básica a primaria, co obxectivo de cumplir o dereito fundamental á educación.
Las escuelas unitarias (2010) https://escuelarural.net/las-escuelas-unitarias
Zona rural: territorio que dispón dunha escasa cantidade de habitantes onde as principais actividades que se desenvolven están relacionadas co campo, como a agricultura e a gandería. Xeralmente atópanse ubicadas a gran distancia das zonas urbanas.
Definición de zona rural (2017) https://definicion.de/zona-rural/
Educación básica: é a educación máis importante que recibe un individuo pois lle permite obter os coñecementos máis elementais a partir dos cales desenvolverá a súa intelixencia e raciocinio. Abarca a ensinanza primaria e o primeiro ciclo da ensinanza de grados secundarios, según a Clasificación Internacional Normalizada da Educación (CINE).
Informe de Seguimiento de la EPT en el Mundo (2011) https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000191186_spa
Gasto público en educación: segundo a UNESCO, trátase do total de gasto ordinario e en capital adicado á educación polas administracións locais, rexionais e nacionais, comprendidos os municipios. Este termo inclúe tanto o gasto público efectuado para os centros docentes públicos como privados. No noso caso fixarémonos nos recursos que destina a Xunta de Galicia a estas escolas.
Informe de Seguimiento de la EPT en el Mundo (2011) http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/ED/pdf/gmr2011-glossary-es.pdf
Proporción alumnos/docente: segundo a UNESCO, é o promedio de alumnos por docente nun determinado nivel de ensinanza. É importante destacar este concepto nas escolas unitarias pois este promedio soe ser bastante desproporcionado.
Informe de Seguimiento de la EPT en el Mundo (2011) http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/ED/pdf/gmr2011-glossary-es.pdf