Que entendemos por accesibilidade física?

Vilariño García

Á hora de afondar nos distintos límites á accesibilidade debemos determinar unha serie de cuestións. En primeiro lugar, ¿Que entendemos realmente por accesibilidade?  Partiremos da base de que toda persoa sen importancia de idade, xénero, etnia, condición física e psíquica ou sensorial, ten dereito a relacionarse socialmente e a desenrolar as súas aptitudes nas diversas esferas da actividade cotiá así como gozar autonomamente de todos os servizos que proporciona a comunidade.

Para tratar a cuestión das barreiras físicas decidimos reunirnos cun grupo de afectados da Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple (ACEM) cuxa función se corresponde cun intenso traballo de concienciación cara os gobernantes, que ten como finalidade a toma de medidas nunha cidade considerada unhas das máis afluentes a nivel turísticoTal e como se recolle no Boletín Oficial do Estado as persoas con discapacidade conforman un grupo” vulnerable” que se mantén en claras “condicións de exclusión”. O simple feito de que un documento oficial  describa a unha serie de individuos polas súas capacidades e non po ser persoas, pon en manifesto unha clara forma de discriminación. Non so por parte do goberno, senón tamén unha forma de manipulación do resto da sociedade.

dsc_0070.jpg
Moisés Lamingueiro Romeo, especialista en discapacidade intelectual – Elaboración propia

Moisés Lamingueiro Romeo, especialista en accesibilidade, defende que todos somos dependentes en certa medida, atribuíndo esta situación de marxinación  a que nun inicio se tratou e se difundiu como unha necesidade dun determinado colectivo en lugar de algo xenérico que afecta a toda persoa. O mesmo ocorre cosa campañas de sensibilización que non proporcionan o efecto positivo que deberían, probablemente a consecuencia da falta de concienciación por parte da cidadanía.  

Tal e como retrata Moisés L. R. nas súas palabras “tratamos de ocultar a fraxilidade do ser humano; non obstante somos conscientes de que nacemos sendo totalmente dependentes doutra persoa e morremos do mesmo xeito. Todo o vulnerable é agochado por medo a ser excluídos. Si se mostraran máis as fraxilidades que caracterizan ás persoas a concienciación sería máis eficaz”. Debemos entender que somos seres delicados que precisamos dunha axuda externa en determinadas ocasións para conseguir os nosos obxectivos.

Tradicionalmente ao falar de accesibilidade exclusivamente se tiña en conta a edificación, o urbanismo e os medios de transporte. Hoxe en día somos conscientes de que esta cuestión debe ter unha característica de todos os espazos, produtos e servizos tanxibles. Para paliar esta situación, intentouse establecer una serie de pautas e leis de obrigatorio cumprimento. O 4 de decembro de 2017 todos os edificios deberían cumprir unhas condicións básicas de acceso. Esta medida buscaba suprimir as barreiras arquitectónicas para as persoas con determinadas dificultades físicas. Por isto a lei fixa a obrigatoriedade do  Informe de Avaliación de Edificios IEE  co fin de acreditar a situación na que se encontran as infraestruturas en relación co cumprimento da normativa.

dsc_0074-e1520273962643.jpg
Julio Louro Peña – afectado de esclerose múltiple Elaboración Propia

Non obstante, Julio Louro Peña, afectado de esclerose múltiple, comprende que non en todos os casos se dispón dos recursos necesarios para levar a cabo unha reforma completa das infraestruturas dun edificio. “Partimos da base de que son inmobles antigos e  unha obra é demasiado custosa; aínda así, poden introducirse novos materiais que faciliten a accesibilidade sen necesidade de construír dende cero”. Debemos protexer o patrimonio pero ao mesmo tempo reformar de maneira non penetrante  as determinadas zonas problemáticas.

concheiros_816874_manual
Rúa concheiros (Santiago de Compostela)

A raíz desta xuntanza tócanse puntos  onde estes problemas arquitectónicos impiden unha vida plena a persoas con dificultades físicas. É o caso da rúa Concheiros en Santiago de Compostela que ademais de non cumprir a normativa, fai imposible o desprazamento de calquera individuo en condicións desfavorables.

21_780478_manual
Rúa Carreira do Conde (Santiago de Compostela)

Outro exemplo claro sería a rúa Carreira do Conde situada en pleno centro da cidade. A simple vista parece accesible e transitable, nembargantes as excesivas escaleiras complican o ascenso  a persoas de mobilidade reducida ata a rúa principal, Rosalía de Castro.

Critícanse así os numerosos vacíos legais que existen á hora da construción dunha determinada infraestrutura. É preciso un arquitecto concienciado socialmente que se deixe levar polo que cree que é conveniente e non polo que se considera obrigatorio a nivel normativo. 

SaveSave

11 comentarios en “Que entendemos por accesibilidade física?

  1. O mal facer dos medios e o despiste do analista e do editor. Imos ver: os enlaces vivos deste texto non son os máis acaidos. O valor informativo da proximidade é un chiste neste post (por exemplo, un manual ecuatoriano para falar de accesibilidade, unha normativa de Madrid dunha empresa de arquitectos). Buscar enlaces máis perto de nós. Os pés de foto mal referenciados (poñer autor, nun caso, e citar licencia, noutro). Hai palabras mal dixitadas. As frases que sirven de colofón do texto sobran, xa que non teñen que ver co tema e molestan. Sres. editores faigan o seu traballo e non agarden a que llo faigan. Grazas.

    Gústame

  2. En primeiro lugar, debemos ter en conta a problemática de falar de barreiras arquitectónicas nun lugar como Santiago de Compostela. Estamos a falar dunha cidade milenaria, cunha arquitectura que escapa dos actuais problemas de accesibilidade. As cidades que, como Santiago, son Patrimonio da Humanidade teñen unha serie de condicionamentos e limitacións e calquera remodelación na súa zona vella deberá realizarse co máximo respecto e coidado. En moitas ocasións, eliminar ou suavizar certas barreiras arquitectónicas que ao mesmo tempo son patrimonio cultural, resulta ser unha tarefa a veces imposible.
    Naturalmente, é necesario que as persoas con discapacidade poidan vivir sen discriminación, sobre todo nunha cidade que acolle a milleiros de turistas cada ano. Tendo en conta a gran cantidade de xente que mobiliza o Camiño de Santiago, máis dunha asociación ( https://www.gronze.com/camino-de-santiago/accesibilidad-discapacitados ) traballa para mellorar a accesibilidade, tanto dentro da cidade como nas rutas que chegan a ela, pero para acadar un Santiago máis accesible, tamén debemos ter en conta o valor do patrimonio cultural. Querer eliminar barreiras arquitectónicas na zona vella de Santiago supón que poidamos acabar preguntándonos quen ten máis valor: as persoas ou o patrimonio centenario de Santiago. Hoxe en día, unha integración completa por parte das persoas con discapacidade en canto a accesibilidade na zona vella non é posible sen estragar o patrimonio. Que é máis importante? Non seremos nós quen entremos a valorar esta cuestión, pero é un feito que a día de hoxe non contamos cas ferramentas necesarias para eliminar barreiras arquitectónicas centenarias sen crear un gran impacto nunha paisaxe. Paisaxe que a fin de contas é parte da nosa cultura e deberiamos conservar.
    Por desgraza, as persoas con algún tipo de discapacidade case sempre xogan en desvantaxe con respecto ao resto da poboación. Neste caso, por exemplo e por inxusto que sexa, hoxe en día non é posible que constrúan ramplas para acceder á Catedral, ou un ascensor para visitar os seus tellados.
    A pesar de recibir en 2006 o premio ( http://sid.usal.es/articulos/discapacidad/10194/8-2-6/santiago-de-compostela-premio-reina-sofia-2006-de-accesibilidad-universal-de-municipios.aspx ) Reina Sofía de Accesibilidade e Prevención da Discapacidade, Santiago de Compostela aínda é unha cidade con grandes barreiras arquitectónicas. Porque a pesar de entender a complicación de adaptar o patrimonio cultural, non negamos que existen na cidade zonas moi mellorables en canto á accesibilidade, moitas destas zonas de recente construción, como por exemplo o Campus Norte do que formamos parte. O pasado novembro, La Voz de Galicia quixo deixar constancia do mal que se atopan as instalacións desta zona e a multitude de barreiras arquitectónicas que teñen que salvar as persoas con discapacidade cando se moven por este Campus Norte. Neste caso, estamos a falar dunha zona moi frecuentada durante a semana, sobre todo por estudantes, polo que resulta prioritario dotar ás instalacións dunha boa accesibilidade.

    Liked by 1 person

    1. De acordo coas túas indicacións direi que, en primeiro lugar, as aportacións acerca do centro cultural da cidade como é a zona vella, son correctas, é complicado reformar de cero a parte emblemática da capital; no obstante non é iso o que se pide, calquera asociación e individuo é consciente da relevancia turística e cultural da mesma polo que unha re-estruturación non sería posible nin axeitada. O que se busca é unha maior concienciación por parte da sociedade á hora de construír novos espazos así como a adaptación de outros moitos que non forman parte do núcleo central e que, polo tanto, non supoñen inconveniente algún no patrimonio.

      En segundo lugar e, facendo referencia ao enlace aportado sobre o Camiño Accesible, poñer como exemplo o Camiño Francés para persoas con discapacidade non é o máis axeitado posto que, dentro do noso círculo este é un punto a tratar diariamente e non especialmente polos beneficios que aporta senón todo o contrario. O proxecto europeo SABER Universal, no que Galiza estivo a traballar o pasado ano, trata de desenrolar unha oferta de turismo accesible no camiño de Santiago que pretende conseguir, xustamente, o que aquí se critica, unha maior accesibilidade turística, posicionando así a comunidade galega como destino sen barreiras e referente internacional. http://www.diariodelemos.es/galicia-estrena-experiencias-para-turismo-senior-y-personas-con-discapacidad-en-el-camino-frances

      Non se pide unha reforma total, simplemente a readaptación de zonas con pequenos actos que non supoñen, en ningún caso, unha elevada inversión de diñeiro. Pequenas placas de formigón para facilitar o acceso á beirarrúas ou mesmo a determinados edificios emblemáticos; así como a construción de ascensores en infraestruturas antigas. Ademais dunha nova sinalización das zonas reservadas a persoas con mobilidade reducida.

      Gústame

  3. Nun momento do post falades sobre Santiago de Compostela como destino turístico; neste punto e relacionado co tema das barreiras arquitectónicas, creo que sería interesante facer fincapé na seguinte páxina web, Gronze.com. Trátase dun portal moi interesante no que se pode atopar todo tipo de información sobre accesibilidade para persoas con mobilidade reducida que desexen facer o Camiño de Santiago. Polo tanto aquí vos deixo o enlace https://www.gronze.com/camino-de-santiago/accesibilidad-discapacitados.
    En canto á accesibilidade física, está claro que se trata dun tema no que a concienciación cidadá e clave, recordo un caso que saíra fai menos dun ano nos medios, no que se relataba como unha muller que se vía recluída na súa vivenda pola negativa duns veciños a instalar un ascensor. Déixovos o enlace á nova por se o queredes consultar https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2017/07/16/oponen-instalar-ascensor-llevo-anos-encerrada-casa/0003_201707H16C5991.htm. Pero por exemplo neste caso vemos como non só a concienciación cidadá é insuficiente, na nova aparece o dato de que o caso levaba paralizado nos tribunais, 6 anos! É por isto que eu penso que para que a accesibilidade non se plantexe como un reto irrecuperable, ademais de formación e mentalización, debemos esixir desenrolo lexislativo. Non só de planificación ou mercado senón apoiado pola Administración Pública nos seus distintos niveis. Que din tanto a normativa estatal como a municipal de Santiago de Compostela ó respecto da accesibilidade? Porque dende logo o caso da Rúa do Carreiro do Conde é un sinsentido. O concello non está a levar a cabo ningunha clase de medidas para garantir a accesibilidade? Porque estou da acordo co citado no voso texto de que a eliminación de barreiras arquitectónicas nun edificio moi antigo ademais de complexa, convela custos moi elevados. Pero precisamente por iso as obras de nova construción deberían plantexarse dende un principio como accesibles.

    Gústame

  4. Perdón pola reiteración no primeiro enlace do comentario, que coincidiría co aportado por Bieito. O comentario quedou una semana pendiente de moderación polo que no momento da súa elaboración non fun consciente desta coincidencia. Dende logo esta sincronía en cando o aportado non fai máis que fortalecer o interese sobre dita información. En sincronía con esta información gustaríame aportar a seguinte nova http://www.diariodeleon.es/noticias/sociedad/compostela-sin-tramos-negros_1191962.html sobre a publicación dunha guía, por parte de Cocenfe e co apoio da Once por un camiño accesible. Parece que queda moito por facer. Creedes vos que a pesares dos servizos aportados dende a páxina de Gronze o Camiño segue a dar a espalda ás personas discapacitadas?

    Gústame

    1. Primeiramente, falando do Camiño e as dificultades que teñen as persoas con discapacidade nel, vexo de interese aportar o enlace deste blog: https://www.ibermutuamur.es/camino_santiago/accesible/inicio/inicial.htm onde dánse tips para non atoparse trabas ao longo do percorrido. Ademais, considero oportuno mencionar esta páxina web: http://www.barrera-cero.com/santiago-de-compostela-accesible/, xa que explica unha forma de chegar á Catedral, sen problemas, en cadela de rodas. Aínda así, reitero a idea de que precísase adaptar máis a cidade ás persoas con discapacidade, xa que aínda que estemos a falar dunha cidade Patrimonio da Humanidade, sempre hai forma de arranxar estes problemas sen afectar ao patrimonio. Sen embargo, continúo crendo que o Camiño si da a espalda ás persoas discapacitadas

      Respecto á Administración, podemos considerar que a súa normativa é bastante clara, deixo o enlace dunha páxina onde se pode consultar a guía de accesibilidade en España (http://www.mldm.es/BA/n0.shtml). O problema non é que sexan específicos ou non con este tema, a cuestión radica en que non se cumpra as cuestións presentadas. Deste xeito, non é difícil atoparse con prazas adaptadas que non cumpren a norma ou non están propiamente sinalizadas.

      Gústame

      1. Segundo os datos da OMS preto dun 20% da poboación mundial presenta algún tipo de discapacidade, en España isto tradúcese nuns 3´8 millóns de persoas o cal se reflicte nun volume de poboación considerable. Non estamos a falar de algo illado. Inda que como vimos comentando neste caso, un dos problemas máis salientables atopase no casco antigo da cidade. Que sexa Patrimonio da Humanidade non debería servir como escusa, podendo coller como exemplo o caso de Ávila, que en 2011 recibía un premio á Cidade Accesible que outorga a UNESCO ó adaptar as súas murallas para que poidan percorrerse en cadeira de rodas, sendo esta tamén Patrimonio da Humanidade. No seguinte enlace poden verse algúns dos premios outorgados á cidade polo seu traballo na materia de accesibilidade http://www.avila.es/articles/accesibilidad/item/429-premios-otorgados-al-ayuntamiento-de-%C3%A1vila-en-materia-de-accesibilidad. Quizá un dos impedimentos co que se enfronta o casco histórico de Santiago son as estritas esixencias recollidas no Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Casco Histórico, redactado fai máis de 20 anos e cuxas medidas hoxe en día quedaron bastante obsoletas http://santiagodecompostela.gal/medi/Urbanismo/normativa_tomo_I.pdf. E isto falando exclusivamente da zona vella. En canto á zona do ensanche, que parte de responsabilidade credes que ten o concello ó non garantir que se cumpran as medidas especificadas na guía que ti me comentabas?

        Gústame

        1. En canto á zona do ensanche o non cumprimento da normativa non é escusábel posto que, non hai que ir moi lonxe para atopar urbanizacións ou mesmo cidades que sí tratan de mellorar as condicións de vida. É o caso do concello de Ames que, dende o 2012 trata de acondicionar as súas infraestruturas. Véxase na seguinte nova:
          http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=7551&idioma=es&sec=32
          Cabe destacar tamén a innovadora idea de construír o primeiro parque accesible para os nenos con determinadas discapacidades, posto que, ben é certo que se tende a centrar sempre as queixas no ámbito turístico ou mesmo a persoas de máis elevada idade. Non obstante os máis perxudicados quizais sexan os máis pequenos que ven diminuída a súa habilidade de sociabilizar debido aos impedimentos arquitectónicos.
          https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2017/06/18/amesestrena-primer-parque-accesible-ninosdiscapacidades/0003_201706S18C7992.htm
          E todo isto non ten que ver xa co turismo no casco histórico senón cunha vida digna e igualitaria para toda a sociedade. Non falamos de vacacións en familia senón do día a día, de que un neno non poida desfrutar dunha tarde de parque cos amigos porque estes recintos non cumpran a normativa vixente.

          Gústame

    2. O Camiño é un terreo no que se realizaron grandes avances nos últimos anos. Por exemplo, segundo a súa páxina oficial (http://www.caminodesantiago.gal ) no ano 2014 un centenar de persoas conseguiran culminar o percorrido en cadeira de rodas. Unha cifra significativa, tendo en conta que é un traxecto moi longo, por localidades moi diferentes e que resulta moi custoso adaptar correctamente. Aínda así, polo que nos puideron contar algunas persoas cas que falamos e segundo expresan varias asociación en Internet, o Camiño ofrece multitude de obstáculos para as persoas con discapacidades motrices. Por exemplo, na Guía del Camino de Santiago para Personas con Discapacidad, insisten na pobre accesibilidade en edificios do Camiño en Galicia, deixando en moi mal lugar ós albergues de peregrinos da Xunta de Galicia. No seguinte enlace podedes comprobar as características de accesibilidade nos edificios galegos do Camiño:
      https://www.ibermutuamur.es/camino_santiago/edificios/galicia.htm
      A Xunta de Galicia, non sabemos se polas malas valoracións dos seus albergues en Internet, puxo en marcha no ano 2015 o “Plan de Accesibilidade Turística do Camiño de Santiago”, que busca “dar garantías da súa seguridade, integridade e da accesibilidade” ós peregrinos. Dito plan, que estará en marcha ata o 2021 parece que de momento non tivo demasiado impacto. Como xa dixeron nalgún comentario desta publicación, o difícil é que se cumpran as cuestións presentadas pola Administración sobre accesibilidade, pois é moi custoso e non recibe suficiente apoio mediático.

      Gústame

      1. Estou de acordo con que se realizaron grandes avances en canto á accesibilidade aos hoteis ou ao camiño en si, non obstante tamén hai que ter en conta albergues e pisos, o que nos leva tamén ás infraestruturas da meirande parte dos edificios da cidade. Claro está que Santiago non destaca pola súa modernidade senón todo o contrario. A meirande parte dos edificios son antigos e polo tanto as súas infraestruturas non están adaptadas. O meu mesmo, situado en pleno centro da cidade, en fronte do Parlamento e nin sequera cumpre co regulamento. Ben é certo que se trataron de adaptar mais, en lugar de mellorar as condicións, empeoráronas. Moitas construtoras pensan que por poñer unha rampa para cadeiras de rodas están solucionado os problemas e non é así. Toda modificación ten un fin e unhas medidas e, a meirande parte das vivendas da capital constan de rampas que non son accesibles, ben pola súa elevada inclinación, ben porque non deixan espazo entre o final da plataforma e o mesmo portal. Deste xeito a cuestión é, ¿con estas obras trátase de mellorar a calidade de vida de persoas con determinadas dificultades ou simplemente dar unha imaxe progresista e reivindicativa? Como Santiago milleiros de lugares coa mesma problemática, así se expón na seguinte nova publicada fai un par de anos en La Voz de Galicia.
        https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2016/01/29/plazo-cumplir-ley-accesibilidad-agota-edificios-adapten/00031454016942602495941.htm
        A pesar de que o prazo para a adaptación dos inmobles remataba o pasado ano, son moitos os que seguen sen modificar as súas infraestruturas. E, independentemente da maior concienciación da que se fala sobre o problema, segue primando a economía fronte á humanidade. A pregunta é, ¿que é máis valioso, un ascensor de 60.000€ ou a calidade de vida dunha persoa?

        Gústame

        1. Está claro que Santiago de Compostela é unha cidade con problemas de accesibilidade que afectan a numerosos veciños e veciñas. Na zona vella, a parte máis turística da cidade, os comerciantes reclaman medidas, como crear unha nova rede de aparcadoiros públicos e ampliar as conexións, co fin de mellorar a accesibilidade e incrementar a clientela desta parte de Santiago. O complicado acceso de vehículos a determinados puntos da zona vella resulta infrutífero para a maioría dos comerciantes, que tamén denuncian problemas ca conexión a internet. http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/comercio-zona-vieja-reclama-mejoras-servicios-basicos/idEdicion-2018-01-06/idNoticia-1092676/

          Estas reivindicacións por parte dos comerciantes distan moito das pretensións das asociacións de veciños, que preferirían unha maior peonización e unha menor presenza de vehículos a motor. Por non falar doutro hipotético motivo de controversia, como sería instalar un ascensor nun edificio da zona vella. Con isto, semella que non existe posibilidade de ter a todo o mundo contento. Quizais hai barreiras que non se poden destruír.

          Gústame

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.