A importancia de contar co testemuño das persoas con enfermidade mental

S1D

O cinco de febreiro comezaba o noso traballo coa asociación Andaina. Dende que se nos formulou o proxecto, todos os membros do grupo fomos conscientes da dificultade do mesmo. Era un tema que considerabamos difícil de tratar, non só a nivel de contidos, senón tamén pola implicación persoal que efectivamente supuxo, xa que durante estes tres meses estivemos traballando man a man con eles, cos usuarios de Andaina: debates, conversas e moita información persoal.

Seguir lendo “A importancia de contar co testemuño das persoas con enfermidade mental”

David contra Goliat

Estévez Fernández

Vivimos nun mundo egoísta. Cadaquén preocúpase pola súa propia comodidade e pecha os ollos ante as inxustizas e as desgrazas alleas. Cando vemos un problema social que debería ser responsabilidade de todos non facemos nada por evitalo, como cando nos atopamos cunha persoa que ten algún problema de saúde mental. Facemos como se nada e deixámonos levar polas ideas que nos ensinan nos periódicos, na escola, no núcleo familiar e no resto de axentes sociais.  Non somos capaces de empatizar.

Seguir lendo “David contra Goliat”

A saúde mental no cinema

Casteleiro Suárez

O cinema é un medio de comunicación masivo. Debido ás imaxes e ó son, conta cunha riqueza narrativa capaz de provocar no público un impacto comunicacional superior ó doutros medios. Constitúese como unha linguaxe, comunicativa e estética, e non é un sistema de signos homoxéneo. A maiores, cabe destacar a súa diversidade de opcións, xa que é posible atopar contido de infinidade de temas e adaptado a case todos os grupos de idade.

Seguir lendo “A saúde mental no cinema”

A información sobre saúde mental

Cabo Vázquez

As enfermidades mentais sempre foron un tema tabú na nosa sociedade.  O feito de sufrir unha foi, historicamente, visto como un motivo de vergoña.  Ninguén quere falar sobre elas e a maioría das persoas non reacciona ata que algún ser querido ou elas mesmas se ven afectadas por unha doenza deste estilo. Porque é así, todos temos posibilidades de sufrir algún tipo de enfermidade mental ao longo da nosa vida. En España, un 9% da poboación sofre algunha e supoñen arredor do 40% das enfermidades crónicas diagnosticadas.

Seguir lendo “A información sobre saúde mental”

O tratamento das enfermidades mentais na prensa: o caso Nikolas Cruz

Dorado Lago

Nikolas Cruz é un mozo de 19 anos que supostamente estaba recibindo tratamento por problemas mentais e que o pasado 14 de Febreiro disparou e matou a 17 persoas na súa antiga escola, a MarjoryStoneman Douglas High School de Parkland, en Florida. Esta é a caricatura que nos pintan de Nikolas Cruz. Pero a realidade completa é que Cruz é un mozo que levaba anos mostrando actitudes, costumes e respostas que debían ser tratadas ou atendidas baixo outra perspectiva, e ás que só se respondeu coa expulsión do seu centro de estudos, facendo borrón e conta nova.

Seguir lendo “O tratamento das enfermidades mentais na prensa: o caso Nikolas Cruz”

A discriminación e a saúde mental

Antón González

A enfermidade mental é a segunda causa de discapacidade en Galicia detrás da física. Porén, estas enfermidades seguen a ser, significativa e socialmente, pouco coñecidas. A imaxe que se acostuma a proxectar dos enfermos mentais baséase no descoñecemento histórico e na construción social dun estereotipo que chega a converterse en estigma.

Seguir lendo “A discriminación e a saúde mental”

A estigmatización dos enfermos mentais

López Iglesias

A pesar de que se estima que unha de cada catro persoas sufrirá algún tipo de trastorno mental no transcurso da súa vida, a xente que padece este tipo de doenzas adoita ser vítima da incomprensión, a desconfianza ou o rexeitamento de boa parte da sociedade. Nesta realidade xoga un papel determinante o descoñecemento xeral acerca da saúde mental e a conseguinte multitude de prexuízos e estereotipos que existen sobre os enfermos mentais. 

Seguir lendo “A estigmatización dos enfermos mentais”

Saúde Mental

Estévez Fernández

Non é de recibo que na sociedade actual na que vivimos sigan existindo individuos que teñen a opinión de que a xente con esquizofrenia ou autismo non pode ter os mesmos dereitos ca os demais. Por que alguén que sofre algún destes trastornos non pode optar a un traballo digno, que sexa acorde cos seus gustos propios e no que se garantan as mesmas condicións que ten un traballador calquera?

Seguir lendo “Saúde Mental”