Fame Cero

Universidade de Santiago de Compostela

Facultade de Xornalismo 

Comunicación Interpersoal e Comunitaria 

ODS

O noso grupo de traballo está formado por: Raúl Villamarín (Edición), Daniel Pereira (Coordinación e difusión), Diego Real (Edición) e Carlos Ramírez (Actividades). 

O noso interese ao traballar co ODS Fame Cero, centrado nesta ocasión na área de Galicia, baséase en analizar as consecuencias que deixa o impacto do virus Covid-19, non só a nivel de saúde, senón de todo o fondo macrosocial que ocupa adaptarse a un novo modo de vida.

O desequilibrio económico foi o desencadeante de moitas dificultades, incluído o aumento do paro, a pobreza e, por suposto, a falta de alimentos e subministracións.

Tamén analizaremos como os servizos públicos responderon a tal avalancha de novos grupos familiares que agardan ser subvencionados dun xeito ou doutro.  Cáritas, comedores públicos, redes veciñais e ONG serán os nosos principais distribuidores de información para poder analizar os procesos e que a falta de información non sexa un problema.  Por outra banda, veremos como se xestionaron a nivel agroindustrial para poder abastecer a todas as pequenas e grandes empresas adicadas ao suministro de bens básicos e por que se desencadea un aumento de prezo nun momento de maior necesidade social.

GLOSARIO

Seguridade Alimentaria: a seguridade alimentaria implica a aplicación de estratexias para garantir que todos os alimentos son seguros para o consumo. É dicir, a seguridade alimentaria preocúpase de que os alimentos non supoñan un risco para a saúde das persoas e sexan saudables. – Educo [en liña]. ¿Qué es la seguridad alimentaria y por qué es importante? (2021). Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: 

https://www.educo.org/Blog/Que-es-la-seguridad-alimentaria-y-su-importancia#

Desnutrición: a desnutrición é un trastorno orgánico debido a unha deficiente alimentación. – RAG [en liña]. Diccionario online da Real Academia Galega (2021). Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: Dicionario – Real Academia Galega

Muac: o MUAC é unha cinta plástica con código de cores que mide a circunferencia do brazo esquerdo dos nenos de entre 6 meses e 5 anos de idade. É un dos indicadores que se empregan para detectar a desnutrición aguda e o risco do morte entre nenos. Utilízase tanto en nenos como en nenas. – ACNUR; MUAC (2019). Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: HojaAgosto.indd (eacnur.org)

Agricultura Sostible: para ser sostible, a agricultura debe satisfacer as necesidades das xeracións presentes e futuras, e ao mesmo tempo garantir a rentabilidade, a saúde ambiental, e a equidade social e económica. A alimentación e a agricultura sostibles contribúen aos catro piares da seguridade alimentaria e ás tres dimensión da sustentabilidade. – Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura [en liña]. Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: Alimentación y agricultura sostenibles | Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura (fao.org)

Fame: insatisfacción da necesidade de alimentarse, por causa da escaseza de alimentos, da falta de medios para conseguilos, etc,.. – Real Academia Galega 

https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/fame

Pandemia: enfermedad epidémica que se extiende a moitos países e que ataca a case todos os individuos dunha localidad ou rexion. https://www.who.int/csr/disease/swineflu/frequently_asked_questions/pandemic/es/

Desastre natural: fai referencia as enormes pérdidas materiais e vidas humanas ocasionadas por eventos e fenómenos naturais, coma terremotos, inundacións , tsunamis, deslizamentos de terra, entre outros . … Por outra parte, algúns  desastres son causados únicamente polas actividades humanas. https://www.google.com/amp/s/www.responsabilidadsocial.net/desastres-naturales-que-son-definicion-tipos-caracteristicas-y-prevencion/

Sobreproducción: exceso de producción ou producción dunha cousa por encima das necesidades de compra do mercado.. http://www.claseshistoria.com/glos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.