Os traballadores esenciais reclaman ser prioritarios na vacinación

S2C

A vacinación vislúmbrase como a única forma de voltar a normalidade e deixar atrás a pandemia do coronavirus. Por iso, desde que se aprobaron as primeiras vacinas a comezos de ano, xurdiu a polémica de en que orde administralas. Cada país decidiu unha orde, mais a tónica común é priorizar por idade.

En España comezouse vacinando a persoas maiores residentes en centros de terceira idade, ós traballadores destes centros e ós sanitarios. Tamén ós traballadores esenciais, entre os que se encontran os bombeiros, policías, mestres, militares… Esta decisión sorprendeu e indignou a outros colectivos que si foron considerados esenciais durante o confinamento, pero que agora non están incluídos na categoría de prioritarios para a vacinación.

O Ministerio de Sanidade rexeita explicar por que certos sectores non están neste primeiro grupo de vacinación, que segundo a Estratexia de Vacinación está composto polos traballadores que exercen “unha función esencial para a sociedade”. Alegan que é unha decisión da Ponencia de Vacinas, “la que estudia y propone los grupos a vacunar y su prioridad, teniendo en cuenta principios de vulnerabilidad, necesidad, beneficio social…”. Rexeitan tamén que este organismo dea explicacións respecto ó orde de vacinación porque está completamente volcada no proceso de vacinación.

Caixeiras de supermercado, camioneiros e transportistas, agricultores e gandeiros, electricistas e fontaneiros… Estes e moitos outros traballadores víronse obrigados a saír a traballar cando o mundo se encerrou nas súas casas. Saíron a expoñerse para que non faltara de nada.

A quién vacunar primero? Un grupo multidisciplinar de personas expertas  propone una estrategia de vacunación contra la COVID-19 - Noticia - ISGLOBAL
O persoal esencial durante a pandemia atópase no sexto lugar no Plan de Vacinación español

María Buján, traballadora dun supermercado de Melide recorda o ambiente do local durante aqueles meses de encerro fai xa un ano: “A xente viña ó supermercado como se fora o mellor plan do mundo. Pode que si que o fora. Algunhas persoas viñan varias veces ó día, unha vez polo pan, logo por algo de froita… Para algunhas persoas non era máis ca unha escusa para saír a tomar un pouco o aire. Tamén para falar con alguén, sobre todo as persoas maiores que viven soas”. Recorda a sensación de importancia de aqueles meses e o esquecemento ó que se enfronta agora o sector. “Vía na televisión as imaxes e os agradecementos e sentía que facíamos algo importante. Algunha vez coincidiume de saír de traballar e de camiño a casa a xente saía ás fiestras ás 8 e aplaudíanme. Pero agora, outra vez volvemos a estar coma sempre. Seguimos igual de expostas coma no confinamento, ou incluso máis pero parece que xa non somos esenciais. Voltamos ser traballadores de segunda clase”

A esa mesma situación enfróntanse os transportistas. Eles percorreron as estradas cando ninguén máis podía saír, pero agora que voltamos as rúas esquecéronse os seus esforzos. “Nós tamén somos prioritarios. Se nos paramos, para o mundo” declara Antonio García, camioneiro dende hai máis de 30 anos. Séntense non só olvidados senón, incluso, maltratados polas malas condicións de traballo ás que tiveron que facer fronte durante todos estes meses e mesmo consideran a orde de vacinación unha mostra máis do menosprecio contra o seu traballo. “Os primeiros meses traballamos nunhas condicións durísimas, sen ver a ninguén en centos de quilómetros nin ter un sitio onde ducharnos ou comer quente. E despois do confinamento, cando comezaron as limitacións territoriais de mobilidade sometéusenos a colas e controis”.

“Nós non podemos quedar na casa porque ás vacas hai que atendelas e á horta hai que regala” explica Iván Goméz, pequeno gandeiro e agricultor do concello de Agolada. Para el o problema non está tanto na data da vacina senón na situación na que se atopan a causa da pandemia. “Os custos de produción non paran de medrar, isto unido á subida nos prezos do penso ou a cancelación de moitas feiras fan que cada vez sexa máis difícil seguir adiante para os que temos explotacións familiares e pequenas”.

Aclaran que durante o confinamento acudiron a traballar co risco que iso implicaba e agora seguen traballando, tamén con risco. Igual coma estes outros tantos sectores, que si traballaron durante o confinamento por seren esenciais, coma os taxistas, as mariscadoras ou os avogados de oficio, reclaman ser considerados prioritarios. Porque din, aínda seguen sendo esenciais.

Ligazóns:

El País narra a indignación de certos sectores ao quedar fóra do grupo prioritario de vacunación pese a ser esenciais. https://elpais.com/sociedad/2021-03-29/esenciales-para-trabajar-pero-no-para-la-vacuna.html

Antena 3 da voz aos sectores denominados esenciais durante a pandemia, que demandan ser vacinados o antes posible debido á súa exposición diaria. https://www.antena3.com/noticias/sociedad/los-trabajadores-esenciales-durante-la-pandemia-piden-inmunidad-contra-el-coronavirus_202103296061e72f49666c000155c0b7.html

Estratexia de vacinación fronte á COVID-19 en España (Ministerio de Sanidade) https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/vacunaciones/covid19/docs/COVID-19_EstrategiaVacunacion.pdf

Alba López Buján (contacto con fontes e documentación), Marta Penedo Custodio (revisión ortográfica e formal, fotos), Marta García Pérez e Andrea López Ramos (edición).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.